2 feb 2012

2 de Febreiro, Día dos humedais

O día 2 de febreiro comemórase o Día mundial dos humedais, nesta data no ano 1971 asinouse á beira do Mar Caspio, na cidade iraní de Ramsar o convenio sobre os humedais.
O tratado dos humidais ou convención Ramsar, é un acordo intergubernamental que serve para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos.

 O estado español adheriuse ao Convenio en 1982, e ate a actualidade incorporou á Lista de Humedales de Importancia Internacional 68 zonas húmidas cunha superficie de 285.185 hectáreas
A maioria de zonas húmidas de importancia internacional, protexidas polo Convenio Ramsar, contan ademáis con otras figuras de protección (parque nacional, parque natural ou ZEPA).

Os ecosistemas húmidos forman parte da nosa riqueza natural contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os nosos acuíferos. Estes ecosistemas estabilizan costas e protexen ás cidades e vilas contra as treboadas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son uns grandes reservorios de biodiversidade. Existen valores culturais ligados a estes ecosistemas, así como valores naturais que fomentan a recreación e o turismo.

Segundo a opinión de diferentes grupos ecoloxistas, apesares das figuras de protección, os humedais sufren graves problemas de conservación, favorecendo a degradación destas zonas húmidas coa consecuente ameza para as especies que nelas habitan.
Para masi info, pincha nos seguintes enlaces: Ecologistas en acción, ADEGA


20 dic 2011

Bon Nadal


Chega o inverno e alá foi o primeiro trimestre!!!! , agardo que pasedes unhas boas ferias de Nadal, que voltedes con ánimos renovados e que teñades como firme propósito para o ano 2012 superar con éxito o Ciclo, está nas vosas mans.

23 nov 2011

Identificación de cogumelos

Neste ano de escasas chuvas no Outono, os expertos coinciden en que é un mal ano para os cogumelos, houbo moito retraso na súa aparición, e de certo, algunhas especies non chegaremos a atopalas, por iso, máis que nunca, aproveitamos a cesión de exemplares da Asociación micolóxica "Os cogordos" de Ourense para afianzarnos na identificación de cogomelos.
Deixovos unha mostra de fotografias da xornada práctica desta semana, cos coñecementos adquiridos e coa utilización das guias fomos quen de identificar mais de 30 especies, parabéns!!, agora toca facelo en campo.

23-N Dia dos bosques autóctonos

Fotografia: Secundino Lorenzo
  O día dos Bosques Autóctonos nasce como unha iniciativa de diversas ONGs, vense celebrando desde hai máis de 10 anos. Esta iniciativa persigue, entre outros  obxetivos, concienciar á opinión pública sobre todo aquelo relacionado cos bosques autóctonos da Península Ibérica,  importancia das especies autóctonas no monte, necesidade de recuperar espazos degradados,  incrementar a educación medioambiental,  problemática da propagación de especies alóctonas,  potenciar a recuperación dos nosos  bosques e evitar a súa desaparición, este último feito favorecido entre outros factores polas plantaciones forestais con especies non autóctonas, realizadas desde os anos 50 do século pasado, lumes,... en perxuizo da vexetación natural existente.

Dentro da Península Ibérica, existen distintos tipos de bosques autóctonos distribuidos no territorio en función das condicións ambientais (climatolóxicas, edafolóxicas, topográficas, bióticas,..), de maneira que, desde o noroeste o sureste imos pasando dun clima máis suave en temperatura e máis húmido en precipitacións a outros máis duros en temperaturas e máis secos. No norte da Península predominan os bosques de faias, carballos, rebolos,bidos, acivros, teixos,.. e a medida que nos desplazamos ó sur os bosques predominantes son os de aciñeiras, sobreiras, sabinares, xenebreiros.

Sen esquecer a vexetación de ribeira que aproveita as condicións de humidade do solo para crear formacións boscosas denominadas de 'galería', freixos, amieiros, salgueiros, lamagueiros, son algunhas das especies que conforman a vexetación ripícola.


Os diferentes bosques autóctonos conforman un valioso patrimonio natural, somos responsables da súa conservación.

Fotografia: Bosquihermanos
Para conmemorar o día mundial dos bosques autóctonos, organizamos  para o vindeiro xoves 1 de Decembro unha plantación de especies autótonas  no monte de Candás ubicado no concello de Rairiz de Veiga, para  continuar coa restauración dunha zona asolada polo lume no ano 2006.


Esta actividade esta organizada conxuntamente co Departamento de bioloxia do IES Lagoa de Antela e o Módulo de conservación e defensa das masas forestais do IES Cidade de Antioquía, intégrase dentro do Proxecto “Recuperación de contornas naturais ", proxecto proposto e promovido polo CDR “O Viso”

Foto: Bosquihermanos
Pretendemos: promover a concienciación sobre a problemática ocasionada polos incendios forestais, a destrucción do medio natural, o cambio climático e a necesidade de conservación da nosa contorna e preservación da biodiversidade.


Deixovos unha pequena mostra do que fixemos durante dúas xornadas no monte de Candás.

14 nov 2011

Arbores e formacións senlleiras de Galicia

Fotografia: Gigantes da floresta

Castiñeiro de pumbariños
Fotografia:Alberto Conde
Nuns poucos minutos, mediante a solicitude de catalogación de árbores e formacións senlleiras do noso entorno próximo (Decreto 67/2007, do 22 de Marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de árbores senlleiras) podemos contribuir á conservación do noso patrimonio natural, de salvagardar aos xigantes da floresta, testemuñas da nosa historia no decorrer do tempo, estas árbores representan un valioso legado e valor natural , atesouran unha beleza fascinante, fannos sentir efímeros cando repousamos ao seu lado, e son indicadores da potencia da natureza, alén de todo isto tamén nos fan reflectir sobre as agresións ás que esta sometido o medio ambiente, a fraxilidade dos ecosistemas e como por veces certas accións que de xeito impune cometemos poden resultar devastadoras.


Carballo grande Reboreda.
Foto:José Ramón González
 A Consellería de Medio Rural, elaborou en 2008 o Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, no que se recollían árbores e formacións arbóreas consideradas senlleiras ao longo da xeografia galega.





Editouse o libro"Arbores e formacións senlleiras de Galicia"   no que o traballo de campo foi realizado polo grupo de investigación do departamento de Produción Vexetal da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, nesta primeira publicación recollíanse 106 exemplares pertenecentes a 58 especies diferentes e 21 formacións arbóreas (soutos, devesas, carballeiras,..)

Fotografia:Adela Leiro
Faial de Fonteformosa




O catálogo inclúe árbores de calquera especie, merecedores de medidas específicas de protección atendendo as suas características excepcionais. Entre as últimas incorporacións figuran o Teixo de Cereixido, no concello de Quiroga, os carballos de Luxís (Castro de Rei-Lugo) e de Portacal (Sobrado dos Monxes-A Coruña)  e as tileiras prateadas do adro da igrexa de Santo Domingo (Ribadavia-Ourense).




Podes acceder e descargar o Catalogo dixital das Arbores e formacións senlleiras a través do site do Sistema de información ambiental de Galicia.  (SIAM) O catálogo aporta fichas cos datos das árbores e formacións arbóreas catalogadas, acompañadas de cuidadas fotografías, ademáis de información asobre os lugares onde se localizan.

Tamén podedes acceder a unha fermosa galeria de fotos de árbores e formacións senlleiras na web de Adela Leiro (Bióloga e profesora), recomendovos visitar a súa páxina se queredes profundizar no coñecemento dos espazos naturais galegos, amósanos unha ampla información de lugares próximos que merece a pena coñecer.


Carballa da Rocha.
Rairiz da Veig
A seguinte curtametraxe de  Andres Victorero Corpos arbóreosrelátanos por xente das comarcas onde se ubican as árbores  e especialistas en historia botánica 9 historias sobre árbores senlleiras de Galiza. Amósanos a importancia das masas arboradas que hai no pais e a súa influencia na nosa historia, costumes e tradicións.

Esta curta foi galardoada co premio “Eugenio Tutor” ó mellor traballo científico documental no 15 Festival de cine de Zaragoza 2010.



Corpos arbóreos (castellano) from Andres Victorero on Vimeo.

A árbore

Viaxeiro, escoita:
Hospital. O Incio
Fotografia:Adela Leiro
eu son a táboa do teu berce, a madeira do teu barco
a superficie da túa mesa, a porta da túa casa.
Eu son o mango da túa ferramenta,
o bastón da túa vellez.
Eu son o froito que te regala e te nutre,
a sombra benfeitora que te acobilla
contra os ardores do verán,
o refuxio amable dos paxaros
que aledaron cos seus cantos as túas horas
e limpan de insectos os teus campos.
Eu son a fermosura da paisaxe,
o encanto da horta,
o sinal da montaña,
o lindeiro do camiño...
Castiñeiro de Cernado. Manzaneda
Fotografia Adela Leiro

Eu son a leña que te quenta
nos días de inverno,
o perfume que te regala
e embalsama o aire a todas horas,
a saúde do teu corpo
e a ledicia da túa alma.
Por último, son a madeira do teu cadaleito.
Por todo isto, viaxeiro que me contemplas,
ti que me plantastes coa túa man
e podes chamarme fillo,
ou que me contemplaches tantas veces,
mírame ben, pero...
non me fagas dano.

Rabindranath Tagore.

1 nov 2011

4 oct 2011

Repoboacións protectoras

Sierra de Espuña, Murcia
 As repoboacións protectoras ou con obxectivo protector son aquelas nas que se pretende conseguir  de forma preferente beneficios indirectos derivados da existencia da masa forestal como son a protección do solo reducindo os riscos de erosión hídrica ou eólica,  mellorar as condicións de desenvolvemento da vida silvestre, incrementar a biodiversidade,... (Serrada Hierro)

O seguinte vídeo "Sierra de Espuña, en el límite del desierto"  (é un capítulo da serie documental El bosque protector coproducida pola Universidade politécnica de Madrid e televisión Española), representa un bo exemplo dun proxecto de repoboación protectora levada a cabo nunha zona semiárida, onde se realizaron en tempos pasados intervencións de recuperación seguindo técnicas de restauración da vexetación novedosas para a época, as antigas ladeiras desprovistas de vexetación convertíronse en extensos bosques representativos do bosque mediterráneo, na actualidade a zona goza da calificación de Parque Regional de Sierra Espuña
n

26 sept 2011

Faleceu Wangari Maathai, a Nobel que plantaba árbores


Hai uns días, e por casualidade colguei na marxe esquerda deste blogue o conto "árbores da paz"  unha historia verdadeira, basado na traxectoria vital da activista ambiental e premio Nobel da Paz  Wangari Maathai.

Onte, faleceu Wangari Maathai, bióloga Keniana , primeira muller africana en recibir un premio nobel pola súa contribución ao desenvolvemento sustentável, a democracia e a paz.
Tras de si quedan máis de 47 millóns de árbores plantados en Kenia e outros paises africanos grazas a súa contaxiosa iniciativa  para restaurar ecosistemas devastados pola deforestación , como herdanza deixanos múltiples leccións que aprender, dedicou unha grande parte da súa vida a sementar árbores e a promover movimentos para sensibilizar sobre a necesidade de cuidar o planeta, defensora doa deritos humanos en aprticular das mulleres.

 Agardo que o seu legado trascenda e non fique no olvido!!!!


«Podemos trabajar juntos con los hombres y mujeres de buena voluntad,
esos que irradian la bondad intrínseca de la humanidad.
(...) El mundo necesita una ética global con valores que den sentido a la experiencia de vivir»

23 sept 2011

Comenza o Outono e o curso

 Hoxe deu comenzo o Outono, e para min tambén as aulas, novamente no IES Cidade de Antioquía na Vila de Xinzo da Limia. Quero darvos a benvida a todo o novo alumnado deste curso, especialmente aos de 2º do CM  e 1º do CS que ides ser os/as meus alumnos/as.

Recordarvos que en breve estará dispoñible o site de apoio aos módulos de Xestión e Organización dos Aproveitamentos Forestais e Conservación e Defensa das Masas Forestais.

12 sept 2011

Florestas e homens

Florestas e Homens é o novo filme de Yann Arthus-Bertrand (fotografo francés) e é tamén o filme oficial do Ano Internacional das Florestas, realizouse con motivo da cerimonia de apertura da Novena Sesión do Foro das Naciones Unidas sobre as Florestas no mes de febreiro en Nova Iorque. Un  relato sobre a influencia antrópica nas florestas. Da muito para pensar sobre a importancia das florestas para a supervivencia das sociedades humanas e a necesidade real dunha xestión sustentavel das florestas.!!


Florestas e Homens from GoodPlanet on Vimeo.

10 sept 2011

Presentación do Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia


A Sociedade Galega de Historia Natural, presenta en Ferrol o vindeiro Venres 16 de Setembro ás 20:30 h, no seu novo local "Casa do Coronel" na Praza de Canido, o recén ditado "ATLAS DOS ANFIBIOS E RÉPTILES DE GALICIA"

O Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia,  ven a ser unha actualización do primeiro Atlas de Vertebrados de Galicia referido aos nosos herpetos. A obra está composta por un limiar do presidente da S.G.H.N. Serafín González Prieto, unha introdución de Xosé Lois Rey Muñiz e Moisés Asensi Cabirta na que se especifica a metodoloxía do Atlas e unhas primeiras conclusións, un texto de Santi Bas López,  e finalmente os textos das catorce especies de anfibios e vinteseis de réptiles da nosa xeografía, realizados por Manuel Arzúa Piñeiro, Moisés Asensi Cabirta, César Ayres Fernández, Martiño Cabana Otero, Xabier Prieto Espiñeira e Xosé Lois Rey Muñiz.


Os textos das especies están estruturados en seis apartados: Distribución mundial; distribución en Galicia; comparativa co anterior Atlas; hábitat; poboación, ameazas e conservación; catalogación.
A representación está feita de tal forma que nun só mapa aparecen os datos do presente Atlas, os datos do Atlas anterior e os datos bibliográficos. (Fonte SGHN)

[+ info na web do SHNG na sección de Herpetoloxía]

9 sept 2011

Situación de los bosques e sector forestal. Informe 2010


O Informe de Situación de los Bosques y del Sector Forestal en España  pretende contribuir a subsanar a deficiencia de información sobre o sector forestal, mediante o deseño e elaboración dun documento estructurado, contrastado e aberto ól debate, apresentado como referente da información técnica relativa ós bosques e ó sector forestal . 

Este informe está elaborado pola Sociedad Española de Ciencias Forestales, aporta abondosa información cuantitativa sobre o sector forestal peninsular.

Accede ó informe pinchando aquí