22 mar 2011

Introdución á apicultura

Este mércores 23 de Marzo ás 16:00 horas na sala de usos múltiples do instituto, haberá unha charla de introdución á apicultura "O mundo das abellas e a actividade apícola", contaremos coa presencia de Román Cid, experimentado abelleiro cunha longa traxectoria profesional , foi membro da comisión da redacción das normas do Consello Regulador de Mel de Galicia, becario durante 2 anos no Departamento de Apicultura do INORDE , participou como membro do xurado de Cata de mel na Feira Agrícola de D. Benito, Badaxoz , ten impartido cursos de iniciación á apicultura en varios concellos e numerosas charlas por toda a xeografia galega.
 
 Falaranos sobre:
- a historia da apicultura
- bioloxia dos habitantes da colmea
- tipos de colmeas, transición e coexistencia das colmeas tradicionais e  modernas 
- manexo das colmeas para a obtención de produtos apícolas: mel, pole, propóleos, xalea, cera
- principais enimigos das colmeas, técnicas de control
- Lexislacion actual para instalarse como abelleiro, formación dos/as novos/as abelleiros/as
 
Román dispón dun blogue  "o abesouro rosmón" que podedes consultar, nel atoparedes información interesante sobre o manexo dos enxamios, enimigos das colmeas, tratamentos de control biolóxico,..

20 mar 2011

21 DE MARZO, DÍA FORESTAL MUNIAL ou DÍA DA ÁRBORE, un día para reflexionar,..


No ano 1971, os estados membros da  FAO, adoptaron a data do 21 de Marzo para celebrar  o Día Forestal mundial, este día coincide co primeiro día da primavera no hemisferio Norte e primeiro día de Outono no hemisferio Sur.

 Este é un bo día para reflexionar sobre a necesidade de preservar os nosos bosques, xa que todos os tipos de bosques aportan á sociedade bens e servizos esenciais, sociais, económicos e ambientais, contribúen á seguridade alimentaria, a poder disfrutar de auga e aire limpos e protexen ó solo, o manexo suntentable dos bosque é un feito imprescindible para acadar un desenvolvemento sustentable.

Debemos ter presente e non esquecer que mais da metade dos bosques mundiais desapareceron., que as áreas con maior biodiversidade están en perigo  e ameazadas por unha explotación irracional na extración de madeira, a conversión a outros usos como agricultura e gandeiria,  a especulación, a mineria, os grandes embalses, as estradas e pistas forestais, o crecemento demográfico e o cambio climático.

Podemos contribuir a revertir esta situación????
Mentras buscamos as solucións ó noso alcance e no noso pequerrecho ámbito de actuación, non esquezas:

Planta árbores, planta bosques!!!!!


EQUINOCCIO DE PRIMAVERA


A primavera está chamando á porta, deixala pasar!!!!
Toca vestir o blogue para a ocasión. 
E porqué non, tamén lle imos poñer música: 




15 mar 2011

O XARDIN BOTÁNICO ATLANTICO DE XIXÓN CELEBRA O EQUINOCCIO DE PRIMAVERA CUNHAS INTERESANTES XORNADAS: 'Kew Gardens':El Botánico de Londres más cerca que nunca'.


O Xardín Botánico Atlántico celebra este sábado 19 de Marzo durante todo o dia a festa do Equinoccio de Primavera, neste ano as actividades programadas xiran en torno ó Real Xardín Botánico de Londres, 'Royal Botanic Gardens of Kew', a programación comprende diversas conferencias, onde algúns dos técnicos do Kew Gardens amosarán os traballos levados a cabo, no ámbito da conservación vexetal, a divulgación da ciencia botánica ou os proxectos de conservación ex situ de plantas útiles e especies en perigo de extinción a escala mundial.

Asi mesmo durante toda a xornada organízanse outras actividades de carácter mais lúdico.
E ademais podedes aproveitar a visita para coñecer este xardín botánico.

 Podes descargar a programación completa desta actividade pinchando aquí

9 mar 2011

ADIVIÑA DE QUE ESPECIE SE TRATA_4

Esta é a cuarta adiviña.  As pistas para guiar a vosa pesquisa son as seguintes
Coloración no Outono

1ª Pista:É un arbusto que acada entre 2-4 m e pode semellar unha árbore
2ª Pista: Orixinaria de Europa, norte e oeste de Asia
3ª Pista: En Galiza é frecuente ainda que non moi abondosa na parte oriental. Habita nas sebes, bosques caducifolios e marxes de ríos
4ª Pista: Follas caedizas, simples, opostas, enteiras, acuminadas no ápice, base mais ou menos arredondada, no Outono toman unha coloración avermellada.


5ª Pista: Flores hermafroditas, pequenas, caliz con sépalos soldados, corola con catro pétalos brancos, 4 estames, ovario ínfero. As flores aparecen agrupadas en inflorescencias que saen do extremo das polas.
6ª Pista: No viveiro do Instituto ainda queda algún exemplar deste arbusto.
7ª Pista: Emprégase para a fabricación de mangos de ferramentas e como ornamental, as polas tamén son empregadas en cestería
O prazo para dar a resposta certa é o mércores 16 de Marzo de 2.011.Coma sempre a resposta deberá ser escrita no apartado de comentarios desta entrada, de xeito que quede rexistrada a persoa que a fai, a data e a hora. Por suposto, obterá a recompensa a primeira persoa que acerte.

6 mar 2011

EMBÓSCATE !!

Souto de castñeiros no Courel

 20 ENE 2011 Fonte : Blog TIERRA por Joaquín Araujo

Como estamos en el año internacional de los bosques acaso no resulte del todo inoportuno estas formas de recordar que, entre otras muchas cosas…

Somos como somos porque una vez fuimos bosque.

Los bosques del mundo ocupan en estos momentos aproximadamente el 30% de la superficie del planeta.

Unos 40 millones de kilómetros cuadrados, es decir, unas 80 veces la superficie de España. Hace mil años eran dos veces más grandes. Hace cien años todavía suponían la mitad de los continentes.

Los árboles siempre nos están esperando con los brazos abiertos.

El mejor ejemplo de cooperación, de simbiosis para desde la diferencia obtener beneficios mutuos se da en las raíces de los árboles cuando se asocian a los hongos.

Nada levanta tanto como las hojas cayendo.

La vida es posible por los árboles. Por infinitos motivos pero recordemos que un ejemplar maduro puede “sudar”, es decir transpirar 400 litros en un día caluroso. Refrigeran, por tanto la atmósfera.

Lúcido el árbol, / casa y huésped al mismo /Tiempo: ¡ganado!

No menos del 60% de las especies de los cinco reinos viven permanentemente emboscadas.

El bosque sopla / dentro de tus pulmones / su alma verde.

Un gran árbol de hoja ancha puede generar todos los años el oxígeno que precisan diez personas: unos tres millones de litros.

Plantar árboles es, seguramente, el acto más coherente que puede realizarse.

Los bosques del mundo mantienen controladas una 300 gigatoneladas de carbono. Son, por tanto, el mejor antídoto frente al calentamiento global. Aún así todos los años perdemos 13 millones de ha de bosque, el equivalente a todos los árboles de España.

GRACIAS Y QUE LA VIDA OS ATALANTE y EMBÓSCATE.

5 mar 2011

ENTROIDO 2011

Como non podia ser doutra maneira na terra na que estamos, que pasedes un bo entroido, trouleedes o necesario e descansedes un chisco.
Vémonos á volta, espero que con enerxias renovadas.

1 mar 2011

ADIVIÑA DE QUE ESPECIE SE TRATA_3

Esta é a terceira adiviña. Esta especie é moito mais frecuente que as dúas anteriores. As pistas para guiar a vosa pesquisa son as seguintes

.
Detalle follas
1ª Pista:É un arbusto ou pequena arboriña espiñenta de até 8 metros.
2ª Pista: Orixinaria de Europa
3ª Pista: En Galiza ten unha ampla distribución. Frecuente en sebes e fragas húmidas, gústanlle os terreos ácidos.
Sementes e restos dos froitos
4ª Pista: Follas acorazonadas, caedizas, simples, alternas, dentadas, longamente pecioladas, seguro que a súa forma recórdavos ás dunha froiteira.
A forma do seu foito é característico das especies que pertencen o mesmo xénero, os froitos maduran ao final do verán e teñen un sabor amargo.
5ª Pista: No viveiro do Instituto ainda quedan algúns exemplares desta arboriña.
6ª Pista: Emprégase para enxertar foiteiras de pebide

O prazo para dar a resposta certa é o venres 11 de Marzo de 2.011.Coma sempre a resposta deberá ser escrita no apartado de comentarios desta entrada, de xeito que quede rexistrada a persoa que a fai, a data e a hora. Por suposto, obterá a recompensa a primeira persoa que acerte.
 
Gabriel, moi ben, que rapidez!!!, está vez a recompensa é para ti, conseguiches pasarlle a dianteira a Azu, je, je. A especie en cuestión é Pyrus cordata, coñecida como "pereira brava", ás veces confundida con Pyrus piraster, ainda que os seus froitos son mais pequenos. Estades resultando moi bos pesquisadores, non me déchedes tempo a incluir novas fotos. Deixovos unha, na que o parecido dos froitos cos da pereira, de seguro ían orientarvos.

28 feb 2011

7ª XORNADAS DE XARDINERIA DE GALICIA


O sábado pasado (19 de Febreiro) achegueime polas Xornadas de Xardinería de Galcicia en Ourense, tiven a sorte de poder escoitar unha ponencia de Carlos Magdalena sobre o seu traballo como propagador e conservador de especies tropicais no Kew Gardens de Londres, para quen non  saiba, imos por partes:
Esta foto deu a volta ao mundo

1º-  Carlos Magdalena é un xixonés que leva vivindo e traballando en Londres desde hai case unha década, mozo de mente activa, que soubo aproveitar a oportunidade de aprender e desenvolverse profesionalmente no mundillo da xardineria e horticultura nunha institución de recoñecido prestixio internacional como o Real xardín botánico de Londres.

A súa capacidade de observación, a súa tenacidade e dedicación levouno a acadar logros recoñecidos pola comunidade científica internacional, como foi o feito de conseguir propagar o "nenufar pigmeo de Ruanda " Nymphaea thermarun, unha especie singular, diminuto nenúfar de apenas 1 cm, extinto recentemente no seu hábitat natural, para afondar neste periplo pincha no seguinte enlace Nymphaea thermarum

  Outro dos seus logros foi conseguir propagar a Ramosmania rodriguesii "Café marrón", especie endémica da Illa Rodrigues (no océano Índico), da cal so quedaba un exemplar e por tanto ameazada e ao borde da desaparición, coa obtención desta planta conseguiuse reintroducir no seu hábitat natural centos de plantas de café marrón.
 
A súa charla nas xornadas de xardinería non deixou indiferentes aos que estabamos escoitando, quen é capaz de falar tan apaisonadamente e con tanto entusiasmo sobre o que fai, significa que desfruta inmensamente co traballo que realiza. Persoalmente, deume unha envexa terrible, creo que eu tamén disfrutaria nese traballo e non me importaria nada irme durante varios meses a facer prácticas de propagación vexetal ao Kew Gardens xunto con Carlos.

Un prazer telo escoitado, agardo que a súa valia profesional como conservador de especies en perigo de extinción teña o recoñecemento que merece,  tendo en conta que segundo algúns estudos afírmase que moitas especies vexetais do mundo están ameazadas de desaparición, sendo a actividade humana nun elevado porcentaxe a causa principal da súa desaparición.

Para saber mais sobre a traxectoria profesional de Carlos Magdalena, pincha aquí


2º.- O Kew Gardens, Real Xardín botánico de Londres, dun xardín exótico histórico pasou a ser un potente centro botánico de investigación onde centos de expertos dedícanse ao estudo da flora mais exótica, conta cun arboreto inmenso, alberga unha gran colección de especies, mais de 30.000 -plantas comúns, raras e exóticas- en 5 invernadoiros,  conta cun banco de xermoplasma o Millenium seed bank que atesoura a temperaturas baixo cero unha colección de sementes de especies procedentes de todo o mundo, un herbario, biblioteca, diferentes salas de exposición,... organiza ao longo do ano numerosas actividades, polo que sempre hai un motivo para visitalo

Actualmente o Kew Gardens está catalogado como patrimonio da humanidade pola UNESCO.




Para mais información sobre o xardín botánico de Londres,podes visitar o site oficial no seguinte enlace Kew Gardens,

 
Un consello, se algunha vez ides a Londres, non deixedes de visitar o Kew Gardens, seguro que non vos decepcionará.

20 feb 2011

ADIVIÑA DE QUE ESPECIE SE TRATA

Esta é a segunda adiviña. Deixovos a continuación varias pistas para que iniciedes a pesquisa, en breve, se ninguén acerta porei pistas novas, estade atentos/as.


O prazo para dar a resposta certa é o venres 4 de Marzo de 2.011.A resposta deberá ser escrita no apartado de comentarios desta entrada, de xeito que quede rexistrada a persoa que a fai, a data e a hora. Por suposto, e como na vez anterior,obterá a recompensa a primeira persoa que acerte.

1ª Pista:É un arbusto de 2-3m
2ª Pista: Orixinaria da Rexión Mediterránea coma a primeira especie do concurso
3ª Pista: En Galiza a súa distribución e escasa, practicamente restrinxida ao val do río Sil
4ª Pista: O seu froito é unha pequena drupa,ovoide ou globosa cando nova, tornándose apiculada na madurez, de cor negro-azulada. Ten 1 ou 2 sementes por froito
5ª Pista: As sementes desta especie, coas que traballamos no Instituto, foron recollidas por un ex-alumno na localidade de Oimbra
A especie en cuestión é a Phillirea angustifolia, aderno ou oliveiriña son o seu nome común. Como curiosidade contarvos, que cando trouxeron varias polas ao instituto cos seus froitos, chegamos a pensar que atoparamos unha nova variedade (xurdida de forma espontánea na localidade de As Chas- concello de Oimbra), posto que o normal e que os seus froitos sexan de cor negro azulada, algúns dos que trouxeron eran así, pero outras ramiñas tiñan os froitos glaucos (brancos). Os nosos coñecementos botánicos foron insuficientes para determinar a posibilidade do achádego, pero quen sabe? a natureza e caprichosa e a maioria das variedades xurden de forma espontánea e local.

Novamente Azu foi a pesquisadora mais intrépida e inxeniosa e por tanto a recompensa volta a ser para ela, ainda que Gabriel vaille pisando os talóns,  atentos á nova adiviña, en breve estará "colgada" no blogue.

ADIVIÑA DE QUE ESPECIE SE TRATA

A finalidade deste apartado é que a través dun concurso, profundicedes no coñecemento de especies vexetais presentes nos nosos montes, que de forma específica ou conxuntamente con outras constitúen ecosistemas de grande valor natural e ecolóxico.

A idea de propoñervos este reto, recollina do blogue para o alumnado de forestais do IES de Tomiño

A persoa que adiviñe de que especie se trata terá recompensa, xa concretaremos en clase cal é o premio.

O prazo para dar a resposta certa é o 23 de Febreiro de 2.011.A resposta deberá ser escrita no apartado de comentarios desta entrada, de xeito que quede rexistrada a persoa que a fai, a data e a hora. Por suposto, obterá a recompensa a primeira persoa que acerte.

Esta é a primeira adiviña. Deixovos a continuación varias pistas para que vaiades pesquisando, en breve, se ninguén acerta porei pistas novas, estade atentos/as.

1ª Pista:É un arbusto de 3 a 5m
2ª Pista: Orixinaria da Rexión Mediterránea
3ª Pista: Habita en solos preferentemente calcáreos
4ª Pista: O seu froito é unha pequena drupa, primeiro vermello e despois apardazado ou verde-azulado
5ª Pista: As sementes desta especie, coas que traballamos no Instituto en anos anteriores, foron recollidas por un ex-alumno nas proximidades do río Bibei

Como de momento ninguén se arriscou, vou dar novas pistas e a incluir outra fotografia (onde podedes apreciar as follas deste arbusto

6ª Pista: As follas son compostas, caedizas, alternas, con foliolos de cor verde que no Outono viran a carmín
7ª Pista: O nome desta especie fai alusión á presencia de trementina.

Azu, noraboa, acertaches, é o Pistachia terebinthus, nome común "Cornicabra" ou ·"terebinto", o nome de cornicabra fai referencia as agallas que o arbusto desenvolve ante a picadura dalgúns insectos, e terebinto á presencia de resina. Non é unha especie moi común no noso territorio, presente en determinados hábitats, a súa distribución en Galiza limítase o Val de Quiroga, Bibei chegando ate Montefurado.


16 feb 2011

A RESINA I

Nestes dias temos falado na clase sobre a resina e o seu aproveitamento, comezamos por cuestionarnos se o oficio de resineiro é un oficio a extinguir, xa que na actualidade son moi escasos os pinares sometidos a aproveitamento resineiro (Segovia, Soria, Ávila, Valladolid), en Galicia é mínimo, noutras comunidades como Castela León manténse por razóns sociais e porque supón ter man de obra no monte no verán o que  reduce a posibilidade de incendios. 


As nosas conclusións sobre o declive do sector da resina a pesar do déficit de substancias resinosas na  Unión Europea e da potencialidade produtora nalgunhas zonas da peninsula, foron as seguintes: a irregularidade dos prezos no mercado mundial, o encarecemento dos custes laborais nun proceso artesanal, aproveitamento de resinas  doutras especies en países con custes laborais mais baixos, a obtención de derivados resinosos "tall oil" e "augarrás ao sulfato" como subproduto da fabricación de papel a partir de especies resinosas e a utilización de derivados do petróleo como substitutivos do augarrás son as causas principais para modificar a tendencia  regresiva do sector da resina.
Deixovos o enlace a un documento bastante esclarecedor e que reflexiona sobre a necesidade de intervención no sector resineiro, tamén nos aporta información sobre as aplicacións da resina, as técnicas de extracción, silvicultura nos montes produtores, análise sobre a situación do sector, experiencias actuais,.., este documento está editado polo Cesefor (Centro de servizos e promoción forestal e da súa industria de Castela e León) "La resina, una herramienta para la conservación de nuestros pinares"

A seguir, enlace a unha cantiga que o cantor portugués Zeca Afonso dedicou aos resineiros, titualada Resineiro engraçado