Sementando diversidade. O blogue de Aproveitamento do medio natural, Silvicultura e Educación ambiental do IES Cidade de Antioquía. Xinzo da Limia. Ourense
20 dic 2011
Bon Nadal
Chega o inverno e alá foi o primeiro trimestre!!!! , agardo que pasedes unhas boas ferias de Nadal, que voltedes con ánimos renovados e que teñades como firme propósito para o ano 2012 superar con éxito o Ciclo, está nas vosas mans.
23 nov 2011
Identificación de cogumelos
Neste ano de escasas chuvas no Outono, os expertos coinciden en que é un mal ano para os cogumelos, houbo moito retraso na súa aparición, e de certo, algunhas especies non chegaremos a atopalas, por iso, máis que nunca, aproveitamos a cesión de exemplares da Asociación micolóxica "Os cogordos" de Ourense para afianzarnos na identificación de cogomelos.
Deixovos unha mostra de fotografias da xornada práctica desta semana, cos coñecementos adquiridos e coa utilización das guias fomos quen de identificar mais de 30 especies, parabéns!!, agora toca facelo en campo.
Deixovos unha mostra de fotografias da xornada práctica desta semana, cos coñecementos adquiridos e coa utilización das guias fomos quen de identificar mais de 30 especies, parabéns!!, agora toca facelo en campo.
23-N Dia dos bosques autóctonos
![]() |
| Fotografia: Secundino Lorenzo |
Dentro da Península Ibérica, existen distintos tipos de bosques autóctonos distribuidos no territorio en función das condicións ambientais (climatolóxicas, edafolóxicas, topográficas, bióticas,..), de maneira que, desde o noroeste o sureste imos pasando dun clima máis suave en temperatura e máis húmido en precipitacións a outros máis duros en temperaturas e máis secos. No norte da Península predominan os bosques de faias, carballos, rebolos,bidos, acivros, teixos,.. e a medida que nos desplazamos ó sur os bosques predominantes son os de aciñeiras, sobreiras, sabinares, xenebreiros.
Sen esquecer a vexetación de ribeira que aproveita as condicións de humidade do solo para crear formacións boscosas denominadas de 'galería', freixos, amieiros, salgueiros, lamagueiros, son algunhas das especies que conforman a vexetación ripícola.Os diferentes bosques autóctonos conforman un valioso patrimonio natural, somos responsables da súa conservación.
| Fotografia: Bosquihermanos |
Esta actividade esta organizada conxuntamente co Departamento de bioloxia do IES Lagoa de Antela e o Módulo de conservación e defensa das masas forestais do IES Cidade de Antioquía, intégrase dentro do Proxecto “Recuperación de contornas naturais ", proxecto proposto e promovido polo CDR “O Viso”
| Foto: Bosquihermanos |
Deixovos unha pequena mostra do que fixemos durante dúas xornadas no monte de Candás.
Marcadores:
ANO INTERNACIONAL DAS FLORESTAS,
REPOBOACIONS
14 nov 2011
Arbores e formacións senlleiras de Galicia
![]() |
| Fotografia: Gigantes da floresta |
![]() |
| Castiñeiro de pumbariños Fotografia:Alberto Conde |
| Carballo grande Reboreda. Foto:José Ramón González |
Editouse o libro"Arbores e formacións senlleiras de Galicia" no que o traballo de campo foi realizado polo grupo de investigación do departamento de Produción Vexetal da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, nesta primeira publicación recollíanse 106 exemplares pertenecentes a 58 especies diferentes e 21 formacións arbóreas (soutos, devesas, carballeiras,..)
| Fotografia:Adela Leiro Faial de Fonteformosa |
O catálogo inclúe árbores de calquera especie, merecedores de medidas específicas de protección atendendo as suas características excepcionais. Entre as últimas incorporacións figuran o Teixo de Cereixido, no concello de Quiroga, os carballos de Luxís (Castro de Rei-Lugo) e de Portacal (Sobrado dos Monxes-A Coruña) e as tileiras prateadas do adro da igrexa de Santo Domingo (Ribadavia-Ourense).
Podes acceder e descargar o Catalogo dixital das Arbores e formacións senlleiras a través do site do Sistema de información ambiental de Galicia. (SIAM) O catálogo aporta fichas cos datos das árbores e formacións arbóreas catalogadas, acompañadas de cuidadas fotografías, ademáis de información asobre os lugares onde se localizan.
Tamén podedes acceder a unha fermosa galeria de fotos de árbores e formacións senlleiras na web de Adela Leiro (Bióloga e profesora), recomendovos visitar a súa páxina se queredes profundizar no coñecemento dos espazos naturais galegos, amósanos unha ampla información de lugares próximos que merece a pena coñecer.
![]() |
| Carballa da Rocha. Rairiz da Veig |
Esta curta foi galardoada co premio “Eugenio Tutor” ó mellor traballo científico documental no 15 Festival de cine de Zaragoza 2010.
Corpos arbóreos (castellano) from Andres Victorero on Vimeo.
A árbore
Viaxeiro, escoita:
| Hospital. O Incio Fotografia:Adela Leiro |
a superficie da túa mesa, a porta da túa casa.
Eu son o mango da túa ferramenta,
o bastón da túa vellez.
Eu son o froito que te regala e te nutre,
a sombra benfeitora que te acobilla
contra os ardores do verán,
o refuxio amable dos paxaros
que aledaron cos seus cantos as túas horas
e limpan de insectos os teus campos.
Eu son a fermosura da paisaxe,
o encanto da horta,
o sinal da montaña,
o lindeiro do camiño...
| Castiñeiro de Cernado. Manzaneda Fotografia Adela Leiro |
nos días de inverno,
o perfume que te regala
e embalsama o aire a todas horas,
a saúde do teu corpo
e a ledicia da túa alma.
Por último, son a madeira do teu cadaleito.
Por todo isto, viaxeiro que me contemplas,
ti que me plantastes coa túa man
e podes chamarme fillo,
ou que me contemplaches tantas veces,
mírame ben, pero...
non me fagas dano.
Rabindranath Tagore.
Marcadores:
ANO INTERNACIONAL DAS FLORESTAS
1 nov 2011
4 oct 2011
Repoboacións protectoras
![]() |
| Sierra de Espuña, Murcia |
n
Marcadores:
ANO INTERNACIONAL DAS FLORESTAS,
REPOBOACIONS
26 sept 2011
Faleceu Wangari Maathai, a Nobel que plantaba árbores
Hai uns días, e por casualidade colguei na marxe esquerda deste blogue o conto "árbores da paz" unha historia verdadeira, basado na traxectoria vital da activista ambiental e premio Nobel da Paz Wangari Maathai.
Onte, faleceu Wangari Maathai, bióloga Keniana , primeira muller africana en recibir un premio nobel pola súa contribución ao desenvolvemento sustentável, a democracia e a paz.
Tras de si quedan máis de 47 millóns de árbores plantados en Kenia e outros paises africanos grazas a súa contaxiosa iniciativa para restaurar ecosistemas devastados pola deforestación , como herdanza deixanos múltiples leccións que aprender, dedicou unha grande parte da súa vida a sementar árbores e a promover movimentos para sensibilizar sobre a necesidade de cuidar o planeta, defensora doa deritos humanos en aprticular das mulleres.
Agardo que o seu legado trascenda e non fique no olvido!!!!
«Podemos trabajar juntos con los hombres y mujeres de buena voluntad,
esos que irradian la bondad intrínseca de la humanidad.
(...) El mundo necesita una ética global con valores que den sentido a la experiencia de vivir»
esos que irradian la bondad intrínseca de la humanidad.
(...) El mundo necesita una ética global con valores que den sentido a la experiencia de vivir»
Marcadores:
ANO INTERNACIONAL DAS FLORESTAS
23 sept 2011
Comenza o Outono e o curso
Hoxe deu comenzo o Outono, e para min tambén as aulas, novamente no IES Cidade de Antioquía na Vila de Xinzo da Limia. Quero darvos a benvida a todo o novo alumnado deste curso, especialmente aos de 2º do CM e 1º do CS que ides ser os/as meus alumnos/as.
Recordarvos que en breve estará dispoñible o site de apoio aos módulos de Xestión e Organización dos Aproveitamentos Forestais e Conservación e Defensa das Masas Forestais.
Recordarvos que en breve estará dispoñible o site de apoio aos módulos de Xestión e Organización dos Aproveitamentos Forestais e Conservación e Defensa das Masas Forestais.
12 sept 2011
Florestas e homens
Florestas e Homens é o novo filme de Yann Arthus-Bertrand (fotografo francés) e é tamén o filme oficial do Ano Internacional das Florestas, realizouse con motivo da cerimonia de apertura da Novena Sesión do Foro das Naciones Unidas sobre as Florestas no mes de febreiro en Nova Iorque. Un relato sobre a influencia antrópica nas florestas. Da muito para pensar sobre a importancia das florestas para a supervivencia das sociedades humanas e a necesidade real dunha xestión sustentavel das florestas.!!
Florestas e Homens from GoodPlanet on Vimeo.
Marcadores:
ANO INTERNACIONAL DAS FLORESTAS
10 sept 2011
Presentación do Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia
A Sociedade Galega de Historia Natural, presenta en Ferrol o vindeiro Venres 16 de Setembro ás 20:30 h, no seu novo local "Casa do Coronel" na Praza de Canido, o recén ditado "ATLAS DOS ANFIBIOS E RÉPTILES DE GALICIA"
O Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia, ven a ser unha actualización do primeiro Atlas de Vertebrados de Galicia referido aos nosos herpetos. A obra está composta por un limiar do presidente da S.G.H.N. Serafín González Prieto, unha introdución de Xosé Lois Rey Muñiz e Moisés Asensi Cabirta na que se especifica a metodoloxía do Atlas e unhas primeiras conclusións, un texto de Santi Bas López, e finalmente os textos das catorce especies de anfibios e vinteseis de réptiles da nosa xeografía, realizados por Manuel Arzúa Piñeiro, Moisés Asensi Cabirta, César Ayres Fernández, Martiño Cabana Otero, Xabier Prieto Espiñeira e Xosé Lois Rey Muñiz.
Os textos das especies están estruturados en seis apartados: Distribución mundial; distribución en Galicia; comparativa co anterior Atlas; hábitat; poboación, ameazas e conservación; catalogación.
A representación está feita de tal forma que nun só mapa aparecen os datos do presente Atlas, os datos do Atlas anterior e os datos bibliográficos. (Fonte SGHN)
[+ info na web do SHNG na sección de Herpetoloxía]
9 sept 2011
Situación de los bosques e sector forestal. Informe 2010
O Informe de Situación de los Bosques y del Sector Forestal en España pretende contribuir a subsanar a deficiencia de información sobre o sector forestal, mediante o deseño e elaboración dun documento estructurado, contrastado e aberto ól debate, apresentado como referente da información técnica relativa ós bosques e ó sector forestal . Este informe está elaborado pola Sociedad Española de Ciencias Forestales, aporta abondosa información cuantitativa sobre o sector forestal peninsular.
Accede ó informe pinchando aquí
27 ago 2011
Serra do Courel : Paisaxes para non esquecer, lugares para voltar
Rematou o curso .... e logo comenza outro. Proposta para o final do verán: Serra do Courel.
Durante o curso, algúns tivestes a oportunidade de coñecer a serra do Courel, eu, nas vacacións de Semana Santa tamén andiven por estas fermosas terras, para os/as que non fostes á excursión vou aportar algunha información, agardo que así vos pique a curiosidade de percorrer in situ O Courel como proposta para o final do verán (para aqueles/as aos que non vos toque traballar), pois, estou certa que superará con creces as vosas expectativas se queredes gozar de natureza vizosa.
| Pincheira Vieiros |
A Serra do Courel está situada no Suroeste da provincia de Lugo. No Courel a vexetación responde a unhas condicións climatolóxicas nas que conflúen os ambientes atlántico e mediterráneo.
Nas ladeiras abruptas dos cordais montañosos, habitualmente orientadas ao Norte, xurden as "devesas", a de mais sona é "A devesa da Rogueira" situada na ladeira norte do pico Formigueiros.
A ubicación en ladeiras moi encostada conleva á estratificación de especies vexetais acordes á altitude, existindo unha gradación que vai desde os soutos de castiñeiros e diversas especies herbáceas nos lameiros da aldea de Moreda ate diferentes especies arboreas e arbustivas como: Aciñeiras, Faias, Carballos, Rebolos, Pradairos, Bidos, Avelairas, Freixos, Teixos, Acivros, Capudres, Érvedos, Arandos,.... A humidade proveniente de numerosos regatos que atravesan a devesa é unha constante, este espazo da acobillo e alimento a variada fauna.
No alto a "Fonte do cervo", dunha mesma rocha dous manantiais próximos entre si verten augas con características e propiedades diferentes: un deles auga calcárea e o outro auga ferruxinosa, as propiedades curativas destas augas gozan de boa fama nas xentes das aldeas próximas.
Cinco ríos discorren polo Courel: Lor, Pequeno, Ferreiros, Selmo e Soldón.
A diversidade de fauna que podemos atopar no Courel está vencellada á diversidade de vexetación, paisaxes e ecosistemas agro-florestais, existindo mais de 160 especies de vertebrados: xabarín, corzo, lobo, a marta, garduña, lagarto ocelado, miñato, aguia culebreira, bufo real, bubelas, papamoscas, alondras,.... No seguinte enlace "Paxaradas.blogspot" podedes visualizar imaxes das diferentes especies da fauna que habita no Courel
| Alcouves de Xan do Vilar |
| Museo etnográfico na ladea do Vilar: Serra de aire |
No seguinte enlace , un vídeo demostrativo do uso da serra de aire , foi grabado durante a festa da serra de aire no pobo de Ferreirós de abaixo
Existen numerosos trillos de sendeirismo ben sinalizados para percorrer estas terras, no seguinte enlace " Roteiros pola natureza" podedes atopar información dalgúns dos roteiros posibles para adentrarse no Courel, unha delicia aoparse con algúns dos seus habitantes case sempre dispostos a dar conversa e contar parte da súa historia no Courel.Mostra dalgunhas desfeitas no Courel no seguinte vídeo, correpóndese co programa do "Escarabajo verde": O Courel sale a la pizarra. PARTE 1
Nas seguintes páxinas (ademais dos enlaces que aparecen ao longo do texto) poderas atopar información de interese sobre O Courel:
-Asoc. Fonte do milagro
- Serra do Courel
- "Dez Outonos no Courel", Colección fotográfica de Xoán Piñón, fermosísimas fotos do Courel
Deixovos co anaco dun poema do gran poeta do Courel Uxio Novoneyra
Augas brancas da Rogueira!
Bouzas pechas d'uces e xestas!
Abrairas teixos faias xardois e reboleiras!
Bouzas pechas d'uces e xestas!
Abrairas teixos faias xardois e reboleiras!
Outo bosco calado!
Fontiñas do corzo!
Carrozos picafondo!
Non hai outro templo máis vasto
nin outro credo
que este silencio
Fontiñas do corzo!
Carrozos picafondo!
Non hai outro templo máis vasto
nin outro credo
que este silencio
Uxío Novoneyra
Marcadores:
ANO INTERNACIONAL DAS FLORESTAS,
OUTROS APROVEITAMENTOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













