Sementando diversidade. O blogue de Aproveitamento do medio natural, Silvicultura e Educación ambiental do IES Cidade de Antioquía. Xinzo da Limia. Ourense
27 dic 2013
4 dic 2013
Memoria verde
Como nosotros, los árboles recuerdan.
Pero ellos no olvidan: van formando anillos en el tronco, y de anillo en anillo van guardando su memoria.
Los anillos cuentan la historia de cada árbol y delatan su edad, que en algunos casos llega a los dos mil años; cuentan qué climas conoció, que inundaciones y sequias sufrió, y conservan las cicarices de los incendios, las plagas y los temblores de tierra que lo han atacado.
Un día como hoy, un estudioso del tema, José Armando Boninsegna, recibió de los niños de una escuela argentina la mejor explicación posible:
-Los arbolitos van a la escuela y aprenden a escribir. ¿Donde escriben? En su panza ¿Y como escriben? Con anillos. Y eso se puede leer.
Fragmento de "Los Hijos de los días". Diciembre 4
Eduardo Galeano
29 nov 2013
Mais barato plantar unha árbore que combater a erosión
No seguinte enlace Ecocosas-experimento, podedes apreciar de forma moi ilustrativa nun experimento caseiro a importancia da vexetación e as árbores para a saúde da terra, mostra como a vexetación contribúe a fixar o solo para previr a erosión e a perda de nutrintes.
28 nov 2013
Visita virtual e interactivamente os Parques Nacionais
No seguinte enlace Parques Nacionais, poderedes visitar interactivamente e de forma gratuita 11 Parques nacionais. Atoparedes: Fichas de flora, fauna, visita virtual ó Centro de acollida, visor cartográfico, vídeos,..
Iso si, con paciencia, nalgún momento vai a ralentí.
Iso si, con paciencia, nalgún momento vai a ralentí.
27 nov 2013
Outro mundo é posível !!!???
Jean-Luc é productor de sementes naturais e ecolóxicas de máis de 250 variedades, tradicionais, antigas e raras. Chama ao seu xardín: "Le potager d´un curieux": "A horta dun curioso".
Datos da viaxe:
Realizan esta viaxe no mes de Febrero de 2012 levan como moeda de cambio un montón de sementes (Grande patrimonio da natureza e da humanidade)
21 dias
35 Proxectos visitados, proxectos inspiradores tanto persoais como colectivos
Máis de 200 pesoas encontradas
9 parques naturais
Recomendo que o vexades un día con calma, dura mais de unha hora e hai que darlle unha marxe de tempo para interiorizar tanta información, seguro que moit@s non chegaredes até o final, .., pero @s que cheguedes, probablemente reunades moitos dos valores, cualidades e inquedanzas necesarios para transformar o mundo que nos rodea: CONSTANCIA, INTENCION, COHERENCIA, AUTOGESTION, DESOBEDIENCIA, COLECTIVIZACION, COMUNIDAD, RENOVACION, CONCIENCIA, CONFIANZA, VISION, FLUIR, AGROECOLOGIA, EMPODERAMIENTO, INTUICION, LIBERTAD, ALEGRIA, RESPONSABILIDAD, COMPARTIR, SIMPLICIDAD, RESPETO, TRANSICION, AUTOSUFICIENCIA, SOBERANIA ALIMENTARIA.
Desde logo é un video que fai reflexionar e non deixa indeferente.
Agardo vos guste!!! Se vos apetece, podedes facer algún comentario
La voz del Viento - Semillas de transición from Mosaic Project on Vimeo.
22 nov 2013
O segredo das árbores
O seguinte video danos unha idea da valiosa información que aportan as árbores para os estudos das series climáticas, testemuñas inmóbiles do paso do tempo, capaces de contarnos grandes historias
21 oct 2013
Saída micolóxica pola Limia o domingo 27 de Outubro
![]() |
| Amanita caesarea. Foto: Carme Míguez |
Para participar nesta xornada é necesarió inscribirse na propia taberna ou ben enviando un sms ao seu Facebook "A Corte dos bois", se queredes quedar a xantar haberá que pagar 8 €, o xantar inclúe: cogomelos, churrasco, tortilla + bebida. A saída guiada é gratuita.
Se estades interesados/as non esquezades apuntarvos, para ben, antes do Xoves.
| Foto: Carme Míguez |
10 oct 2013
Recursos na web para identificación de árbores e características silvícolas
![]() |
| Foto: J.Ramón Garcia |
Árboles Ibéricos nesta páxina recóllense agrupadas por xéneros a decsripción das características botánicas de árbores autóctonas e de cultivo frecuente no medio natural en España, Portugal e Andorra, acompañadas de fotos, nalgún caso espectaculares. En breve terán dispoñible unha aplicación para descargar no móbil.
Ademais, contan cunha aplicación que permite acceder á descripción de xéneros, especies e fotos de orquideas silvestres e autóctonas da Peninsula ibérica, podedes acceder para descargala pinchando no seguinte enlace:Orquideas Ibéricas
Para o alumnado de segundo que está elaborando a táboa de características silvícolas de diversas especies forestais, ademais das Fichas de Serrada Hierro (que podedes descargar na páxina web de apuntes), podedes consultar as páxinas:
Wikisilva, espazo desarrollado pola Aula de silvicultura da Escola de Enxeñeria Forestal de Pontevedra (Universidade de Vigo)
Agrobyte- centro de recursos telemáticos, no apartado de publicacións atoparedes manuais de silvicultura de diversas especies forestais, este espazo foi desenvolto pola Universidade de Santiago de Compostela
1 oct 2013
Avance do documental: queimar o monte
O Mércores 2 de outubro ás 23:55 emitirase na TVG2 un interesante documental no que se analizan as causas dos incendios forestais en Galicia, este documental foi realizado no ano 2012, pero tristemente continua a ser un tema de actualidade!!!!
Deixovos un avance do que se emitirá mañán
Queimar o monte - Avance do documental from Walkie Talkie Films on Vimeo.
Deixovos un avance do que se emitirá mañán
Queimar o monte - Avance do documental from Walkie Talkie Films on Vimeo.
30 sept 2013
Bolsa emprego
Para aqueles/as que estades buscando emprego, infórmovos: que a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, recén hoxe luns 30 de Setembro actualizou: Apertura de prazo para actualización de méritos e/ou novas incorporacións ás listas para diferentes postos de traballo vinculados ó sector forestal: Capataz, Xefe de Brigada. Estas ocupacións requiren cando menos a titulación de Ciclo medio de traballos forestais e de conservación do medio natural.
Para os que querades mais información, podedes pinchar no seguinte enlace SEAGA-Ofertas de emprego
27 sept 2013
Visita á base de avionetas de carga en terra "ANTELA"
Esta mañán pasada por auga, o alumnado de 2º de Ciclo medio e 2º de Ciclo superior aproveitamos para visitar a base de medios aéreos de carga en terra "Antela" situada nas proximidades do Instituto.
A técnica da base e un dos pilotos explicaronos o funcionamento da base, o protocolo de actuación durante unha alerta de incendio forestal, a coordinación dos medios aéreos durante as tarefas de extinción, o proceso de carga e descarga, o uso de retardantes e algunha que outra curiosidade sobre o funcionamento destas avionetas de carga en terra modelo Air-Tractor 802
Festival de Xardíns de Allariz
O Festival Internacional de xardíns de
Allariz estará aberto até os últimos días de Outubro, se non fostes visitalo, ainda estades en tempo!!! Na presente edición incorporanse, unindo arte e natureza, unha mostra de esculturas que
permite aos artistas a utilización do espazo como cenario para mostrar as súas obras.
Xa está pronto o concurso para a edición 2014, terá como tema “XARDÍNS DA ABUNDANCIA”. Ata o 15 de novembro de 2013 poderán presentarse as propostas que evoquen a abundancia de sensacións que os xardíns suxiren como lugares de repouso, benestar, lugares propicios para a relaxación do corpo e a alma, para a contemplación, a imaxinación... tamén como antídoto para a crise socioeconómica que padecemos e queremos combater cunha crítica á austeridade contra o estado de benestar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










