4 dic 2013

Memoria verde


Como nosotros, los árboles recuerdan.
Pero ellos no olvidan: van formando anillos en el tronco, y de anillo en anillo van guardando su memoria.
Los anillos cuentan la historia de cada árbol y delatan su edad, que en algunos casos llega a los dos mil años; cuentan qué climas conoció, que inundaciones y sequias sufrió, y conservan las cicarices de los incendios, las plagas y los temblores de tierra que lo han atacado.
 Un día como hoy, un estudioso del tema, José Armando Boninsegna, recibió de los niños de una escuela argentina la mejor explicación posible:

-Los arbolitos van a la escuela y aprenden a escribir. ¿Donde escriben? En su panza ¿Y como escriben? Con anillos. Y eso se puede leer.

Fragmento de "Los Hijos de los días". Diciembre 4
Eduardo Galeano

29 nov 2013

Mais barato plantar unha árbore que combater a erosión

 No seguinte enlace Ecocosas-experimento, podedes apreciar de forma moi ilustrativa nun experimento caseiro  a importancia da vexetación e as árbores para a saúde da terra, mostra como a vexetación contribúe a fixar o solo para previr a erosión e a perda de nutrintes.

28 nov 2013

Visita virtual e interactivamente os Parques Nacionais

No seguinte enlace Parques Nacionais, poderedes visitar interactivamente e de forma gratuita 11 Parques nacionais.  Atoparedes: Fichas de flora, fauna, visita virtual ó Centro de acollida, visor cartográfico, vídeos,..
Iso si, con paciencia, nalgún momento vai a ralentí.

27 nov 2013

Outro mundo é posível !!!???


Na seguinte película-documental "La voz del viento"  vídeo Jean Luc Danneyrolles, agricultor da provenza Francesa e Carlos Pons, documentalista Español, organizan unha viaxe hacia Granada ó encontro dos movementos sociais alternativos, entre agroecología e cambio de paradigma.
Jean-Luc é productor de sementes naturais e ecolóxicas de máis de 250 variedades, tradicionais, antigas e raras. Chama ao seu xardín: "Le potager d´un curieux": "A horta dun curioso".
Datos da viaxe:
Realizan esta viaxe no mes de Febrero de 2012  levan como moeda de cambio un montón de sementes (Grande patrimonio da natureza e da humanidade)
21 dias
35 Proxectos visitados, proxectos inspiradores tanto persoais como colectivos
Máis de 200 pesoas encontradas
9 parques naturais
Recomendo que o vexades un día con calma, dura mais de unha hora e hai que darlle unha marxe de tempo para interiorizar tanta información, seguro que moit@s non chegaredes até o final, .., pero @s que cheguedes, probablemente reunades moitos dos valores, cualidades e inquedanzas necesarios para transformar o mundo que nos rodea: CONSTANCIA, INTENCION, COHERENCIA, AUTOGESTION, DESOBEDIENCIA, COLECTIVIZACION, COMUNIDAD, RENOVACION, CONCIENCIA,  CONFIANZA, VISION, FLUIR, AGROECOLOGIA, EMPODERAMIENTO, INTUICION, LIBERTAD, ALEGRIA, RESPONSABILIDAD, COMPARTIR, SIMPLICIDAD, RESPETO, TRANSICION, AUTOSUFICIENCIA, SOBERANIA ALIMENTARIA.
Desde logo é un video que fai reflexionar e non deixa indeferente.
Agardo vos guste!!! Se vos apetece, podedes facer algún comentario


La voz del Viento - Semillas de transición from Mosaic Project on Vimeo.

22 nov 2013

O segredo das árbores

O seguinte video danos unha idea da valiosa información que aportan as árbores para os estudos das series climáticas, testemuñas inmóbiles do paso do tempo, capaces de contarnos grandes historias

21 oct 2013

Saída micolóxica pola Limia o domingo 27 de Outubro


Amanita caesarea. Foto: Carme Míguez
Como cada vez dentro do alumnado hai mais afeccionad@s a recollida de cogomelos tanto para consumo propio como para comercializar, e cada vez son mais as consultas, recomendovos unha xornada práctica de recoñecemento que terá lugar o vindeiro Domingo 27 de Outubro na Limia. A saida micolóxica estará guiada por varios socios da "Xuntanza micolóxica Os Cogordos de Ourense",  será a partir das 10:00 da mañán, con saída desde a Tenda-Taberna "A Corte do bois" en Santa Ana (concello de Sandiás).
Para participar nesta xornada é necesarió inscribirse na propia taberna ou ben enviando un sms ao seu Facebook "A Corte dos bois", se queredes quedar a xantar haberá que pagar 8 €, o xantar inclúe: cogomelos, churrasco, tortilla + bebida. A saída guiada é gratuita.
Se estades interesados/as non esquezades apuntarvos, para ben, antes do Xoves.

Foto: Carme Míguez

10 oct 2013

Recursos na web para identificación de árbores e características silvícolas

Foto: J.Ramón Garcia
Esta fin de semana, mentras preparaba materiais de aula, en concreto as Fichas de identificación botánica de especies forestais presentes na provincia de Ourense, atopeime cunha páxina web que sirve de apoio gráfico e documental para adestrarse na identificación de especies arbóreas, podedes consultala no seguinte enlace:
Árboles Ibéricos nesta páxina recóllense agrupadas por xéneros a decsripción das características botánicas de árbores autóctonas e de cultivo frecuente no medio natural en España, Portugal e Andorra, acompañadas de fotos, nalgún caso espectaculares. En breve terán dispoñible unha aplicación para descargar no móbil.
Ademais, contan cunha aplicación  que permite acceder á descripción de xéneros, especies e fotos de orquideas silvestres e autóctonas da Peninsula ibérica, podedes acceder para descargala pinchando no seguinte enlace:Orquideas Ibéricas


Para o alumnado de segundo que está elaborando a táboa de características silvícolas de diversas especies forestais, ademais das Fichas de Serrada Hierro (que podedes descargar na páxina web de apuntes), podedes consultar as páxinas:
Wikisilva, espazo desarrollado pola Aula de silvicultura da Escola de Enxeñeria Forestal de Pontevedra (Universidade de Vigo)
Agrobyte- centro de recursos telemáticos, no apartado de publicacións atoparedes manuais de silvicultura de diversas especies forestais, este espazo foi desenvolto pola Universidade de Santiago de Compostela

1 oct 2013

Avance do documental: queimar o monte

O Mércores 2 de outubro ás 23:55 emitirase na TVG2 un interesante documental no que se analizan as causas dos incendios forestais en Galicia, este documental foi realizado no ano 2012, pero tristemente continua a ser un tema de actualidade!!!!
Deixovos un avance do que se emitirá mañán


Queimar o monte - Avance do documental from Walkie Talkie Films on Vimeo.

30 sept 2013

Bolsa emprego


Para aqueles/as que estades buscando emprego, infórmovos: que a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, recén hoxe luns 30 de Setembro actualizou: Apertura de prazo para actualización de méritos e/ou novas incorporacións ás listas para diferentes postos de traballo vinculados ó sector forestal: Capataz, Xefe de Brigada. Estas ocupacións requiren cando menos a titulación de Ciclo medio de traballos forestais e de conservación do medio natural.
Para os que querades mais información, podedes pinchar no seguinte enlace SEAGA-Ofertas de emprego

27 sept 2013

Visita á base de avionetas de carga en terra "ANTELA"




Esta mañán pasada por auga, o alumnado de 2º de Ciclo medio e 2º de Ciclo superior aproveitamos para visitar a base de medios aéreos de carga en terra "Antela" situada nas proximidades do Instituto.
A técnica da base e un dos pilotos explicaronos o funcionamento da base, o protocolo de actuación durante unha alerta de incendio forestal, a coordinación dos medios aéreos durante as tarefas de extinción, o proceso de carga e descarga, o uso de retardantes e algunha que outra curiosidade sobre o funcionamento destas avionetas de carga en terra modelo Air-Tractor 802

Festival de Xardíns de Allariz


O Festival Internacional de xardíns de Allariz estará aberto até os  últimos días de Outubro, se non fostes visitalo, ainda estades en tempo!!!  Na presente edición incorporanse, unindo arte e natureza, unha mostra de esculturas que permite aos artistas a utilización do espazo como cenario para mostrar as súas obras.


Xa está pronto o concurso para a edición 2014, terá como tema “XARDÍNS DA ABUNDANCIA”. Ata o 15 de novembro de 2013 poderán presentarse as propostas que evoquen a abundancia de sensacións que os xardíns suxiren como lugares de repouso, benestar, lugares propicios para a relaxación do corpo e a alma, para a contemplación, a imaxinación... tamén como antídoto para a crise socioeconómica que padecemos e queremos combater cunha crítica á austeridade contra o estado de benestar.

12 jun 2013

Rebote: unha das situacións de risco grave no uso da motoserra


A causa do "rebote ou contragolpe" da motoserra é debido ó rozamento ou tropezo da zona superior da punta da espada con obxectos duros como troncos, polas, etc

Cando isto pasa, prodúcese un movemento moi violento e rápido, facendo retroceder a motoserra cara atrás e cara  arriba; podendo alcanzar algunha parte do corpo do/a motoserrista (cabeza, ombreiro, brazo ou man esquerda, ...) chegando a provocar lesións "mais que graves"


 

Medidas de prevención: ante todo moita PRECAUCIÓN durante a xornada de traballo con motoserra!!!!!

-En todo momento agarrar firmemente a motoserra coas dúas mans 
A motoserra debe serrar en plena aceleración.
-Vixiaremos a parte superior da punta da espada, procurando mentras cortamos, non rozar con ela troncos, gallas,etc.
- Si é necesario traballar coa parte superior da espada, evitaremos facelo co cuarto superior da punta
- Extremaremos as precaucións ó introducir a espada nun corte xa empezado
-Utilizaremos cadeas de seguridade con limitadores de profundidade, e coidando o correcto afiado da mesma. 
- En último caso disporemos da protección do freo automático da cadea

Nos seguintes vídeos podedes apreciar o descontrol da motoserra que se produce cando hai un rebote (Kickback é a palabra en inglés para chamar a un contragolpe ou rebote) e imaxinar as posibles consecuencias.






9 jun 2013

Traballando seguros/as coa motoserra

Para conseguir a máxima seguridade durante o traballo coa motoserra, debemos empregar o equipo de protección persoal adecuado as tarefas que se van realizar, no seguinte vídeo podedes apreciar de que nos protexe cada un dos elementos que forman parte dos EPI´s do motoserrista, de ahí a importancia de non descartar o uso de ningún deles.


21 mar 2013

Chega a primavera!!!!

 Este Xoves 20 de marzo, o alumnado de 2º do Cm de Traballos Forestais e conservación do medio natural, como actividade final de curso, conmemoraremos o "Día da árbore" colaborando na plantación de especies autóctonas na serra de Gumariz, Cuquexos, concello dos Blancos.

Unha vez mais daremos sentido ao nome deste blogue, converténdonos en plantadores/as de árbores, contribuindo a restaurar unha zona degradada polo lume.
Con esta actividade tentamos promover a concienciación sobre a problemática ocasionada polos incendios forestais, a destrucción do medio natural e a necesidade de participar activamente na conservación da nosa contorna.

O alumnado de 2º, que desta volta , despídese do instituto, (pois como cada ano, unha nova fornada remata o ciclo) monitorearán a actividade, dando apoio e asesoramento a un numeroso grupo de escolares dos centros de primaria da vila de Xinzo da limia.

Esta iniciativa foi promovida pola Ludoteca municipal de Xinzo, darlle a noraboa pola organización e as grazas por contar con nós.

Cando teña as fotos subireinas ao blogue, pois nelas está a nosa única foto de grupo.

12 feb 2013