A causa do "rebote ou contragolpe" da motoserra é debido ó rozamento ou tropezo da zona superior da punta da espada con obxectos duros como troncos, polas, etc
Cando isto pasa, prodúcese un movemento moi violento e rápido, facendo retroceder a motoserra cara atrás e cara arriba; podendo alcanzar algunha parte do corpo do/a motoserrista (cabeza, ombreiro, brazo ou man esquerda, ...) chegando a provocar lesións "mais que graves"
Medidas de prevención: ante todo moita PRECAUCIÓN durante a xornada de traballo con motoserra!!!!!
-En todo momento agarrar firmemente a motoserra coas dúas mans
- A motoserra debe serrar en
plena aceleración.
-Vixiaremos a parte superior
da punta da espada, procurando mentras cortamos, non rozar con ela troncos, gallas,etc.- Si é necesario traballar coa parte superior da espada, evitaremos facelo co cuarto superior da punta
- Extremaremos as precaucións ó introducir a espada nun corte xa empezado
-Utilizaremos cadeas de seguridade con limitadores de profundidade, e coidando o correcto afiado da mesma.
- En último caso disporemos da protección do freo automático da cadea
Nos seguintes vídeos podedes apreciar o descontrol da motoserra que se produce cando hai un rebote (Kickback é a palabra en inglés para chamar a un contragolpe ou rebote) e imaxinar as posibles consecuencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
anotaciones