Sementando diversidade. O blogue de Aproveitamento do medio natural, Silvicultura e Educación ambiental do IES Cidade de Antioquía. Xinzo da Limia. Ourense
27 ene 2015
Nós os homes da cortiza
Hoxe foi un día enguedellado, as veces suceden días así, tal vez porqué o mundo está cheo de persoas obscuras, sumidoiros de carraxe e desgastadoras de enerxias alleas,... mais non vou facer ningún esforzo que me atrape no desacougo, prefiro optar por centrar as miñas enerxias nas cousas que me inspiran e me emocionan, porque gosto das persoas humildes, bondadosas, creativas, soñadoras e sensibles, aquelas que coas súas pequenas accións se tornan grandes .
Deixovos un documental que un día me emocionou ao ser consciente de que detrás do corcho dunha garrafa de bon viño agóchase unha longa historia de fusión entre a natureza e as persoas que co seu saber e o seu eforzo espiron ás sobreiras para ofrecernos este produto. Un video feito desde a sensibilidade
A Reserva Intercontinental dla Biosfera Andalucía- Marrocos contén enormes masas de sobreiras. Son o produto da interacción desde o saber e o suor de colectivos que modelaron estes sociosistemass. Este documental pon en valor un dos recursos etnográficos emblemáticos no PN Los Alcornocales e no SIBE Jbel Bouhachem: a saca da cortiza, os procesos técnicos produtivos asociados, as formas de organización do traballo, os saberes, a transmisión de coñecementos.... As distincións, similitudes eespecificidades que se dan a un e outro lado do Estreito de Gibraltar falannos do valor indiscutible de uns bens que forman parte da riqueza patrimonial destes territorios
Podedes atopar toda a info en nosotrosloshombresdelcorcho
Nosotros Los Hombres del Corcho "VOS Andaluz" from Nosotros los hombres del corcho on Vimeo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
anotaciones