Foto: Pacheco |
Xabier Loureiro |
As súas recomendacións foron: Traballade con cabeza e sede prudentes, pacientes e perseverantes no voso adestramento. As destrezas e habilidades adquirense e melloranse co tempo, case nunca veñen de fábrica.
A técnica de gabeo necesita dun procedemento riguroso: revisión do equipo, inspección e valoración pre-gabeo, instalación da corda de gabeo, ascenso, instalación de segundo ponto de ancoraxe, desprazamentos na copa e descenso.
O equipo básico empregado, foi:
-Hondiña ou saco de lanzar
-Xisga: Cordino fino para lanzar hondiña
-Salvaponlas ou salvacambium
-Corda de trepa trenzada de 13 mm
-Corda multiuso de 10,5 mm, para nós de fricción (Blake) e eslinga de seguranza
-Descensor en oito con orellas
-Arnés
-Maillón ventral, conector con peche roscado nos dous extremos
-Mosquetóns (autoblocantes, de gran abertura tipo HMS de bloqueo manual con rosca, de gran abertura de bloqueo automático e desbloqueo rápido, asimétrico con peche de bola e bloqueo automático,..)
-Capacete de seguranza
-Luvas de coiro
-Botas de media cana con bo agarre
-Eslinga seguridade ou posicionamento na árbore
- Outros elementos empregados: bloqueador ventral (croll), cinta de arnés para bloqueador ventral, descensor ID, puño e pedal, aneis cosidos, cinta expres, poleas, freo, eslinga de seguranza con núcleo de aceiro, eslinga porta motoserra, serrotes, motoserra, pantalón anticorte,...)
As técnicas de trepa: Presa de pé (pisando cun pé a volta da corda contra o empeine do outro pé, ascensión con impulso corporal (movemento de cadeira), con bloqueo de nó Blake
Nó Blake |
Nó Blake, autoblocante, que costa afloxar unha vez sometido a tensión, empregado para a ascensión pola corda e para o descenso
Nó As de guia simple e As de guia con doble volta de cabo, oito dobre, nó de pescador, para anclar os conectores ou outros elementos; no de tecedor para o ascenso dunha segunda corda, ballestrinque, descenso de toradas, ballestrinque en gaza con varias voltas para a instalzción da corda de gabeo, nó para atar a xisga.
Para os que gostarades dos traballos de poda en altura e queirades profundizar un pouco mais, recoméndovos que visitedes os seguintes enlaces, a páxina da Asociación Española de Arboricultura y a empresa Poda Vega, especialista en traballos e materiais de trepa. Podadoresenacción, Asociación grimpacat, asociación trepanet
Aquí vos deixo unha pequena mostra do que fixemos durante estes días:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
anotaciones