Como calquera outra actividade agrogandeira, a apicultura non está exenta de regulamentación, podedes consultar nos seguintes enlaces a lexislación sectorial vixente aplicable ás explotacións apícolas, así como ás axudas específicas á apicultura na Comunidade autónoma galega.
Lexislación Europea:
REGLAMENTO CE 797/2004 do Consello do 26 de Abril de 2004 relativo ás medidas destinadas a mellorar as condicións de produción e comercialización dos produtos apícolas
REGLAMENTO CE 917/2004 da Comisión do 29 de abril de 2004 polo que se establecen as disposicións de aplicación do Reglamento CE 797/2004 do Consello relativo ás medidas no sector da apicultura
REGLAMENTO (CE) 811/2007 da Comisión do 11 de Xullo de 2007 que modifica o Reglamento (CE) no 917/2004.
Lexislación estatal:
-
Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.
Establécense, entre outros as seguintes definicións:
Enxamio: colonia de abellas produtoras de mel (Apis mellifera)
• Colmea: enxamio + recipiente + elementos necesarios.
• Tipos de Colmeas:
– Fixista: panais fixos e inseparables do recipiente
– Movilista: panais móviles (Cadros).
• Asentamento: lugar onde se instala un colmear para aproveitamento da flora ou para pasar a invernaxe
• Colmear: conxunto de colmeas, pertencentes a un ou varios titulares e que se encontren nun mesmo asentamento.
• Colmear abandonado: >50 % das colmeas mortas.
• Colmea morta: evidencia de falta de actividade biolóxica dos seus elementos vivos
(modificado por RD 448/2005 ):
Explotación: calquera instalación, construción ou lugar nos que se teñan, críen, manexen ou se expoñan ópúblico abellas productoras de mel cuias colmeas atópense repartidas nun ou varios colmeares.
• Tipos de Explotación (segundo manexo):
– Estantes: permanecen todo o ano nun mesmo asentamento.
– Trashumantes: desprázanse a outros asentamentos.
• Tipos de Explotación (segundo o tamaño):
– Profesional: >150 colmeas.
– No profesional: <150 colmeas.
– Autoconsumo: destino exclusivo consumo familiar (<15 colmeas)
• Titular de explotación : persoa física ou xurídica que exerce a actividade apícola e asume a responsabilidade e riscoss inherentes á xestión da mesma
• Debe rexistrarse desde a primeira colmea.
(mod. por RD 448/2005 e 608/2006 )
CLASIFICACIÓN ZOOTÉCNICA:
– Produción (PD): dedicadas á produción de mel e outros produtos apícolas
– Seleción e cría (SC): dedicadas á cría e selección de abellas
– Polinización (PZ): actividade principal polinización de cultivos agrícolas
– Mixtas (MX) : alternan con similar importancia algunhas das clasificacións anteriores
– Outras (OT)
• Identificación: Cada colmea, en sitio visible e de forma lexible, cunha marca indeleble, na que constará o código único para cada explotación
• Ademais cada explotación terá un código REGA
• As colmeas que se incorporen por substitución ou ampliación identificaranse.
-
Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o
Rexistro xeral de Explotacións gandeiras.
(REGA)
-
Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel (anexo II foi modificado pola
Orde APA/735/2008).
-
Orden ARM/2605/2011 pola que se definen as explotacións, animais e producións asegurables, as condicións técnicas mínimas de explotación e manexo,...
Lexislación autonómica:
É obxecto deste decreto:
a) A creación do Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (RGEAP)
b) A determinación dos requisitos do libro de explotación apícola. Toda persoa titular de explotación apícola deberá ter un libro CEAT (Caderno de explotación apícola e trashumancia), facilitado polo servizo veterinario oficial
Tamén é obxecto deste decreto regular:
a) A codificación do sistema de identificación das colmeas.
b) Os asentamentos apícolas nas explotacións de autoconsumo.
c) O establecemento de requisitos adicionais para a realización da transhumancia na comunidade autónoma.
d) A determinación das actuacións sanitarias na loita contra a varroa.
Este decreto será de aplicación a todas as explotacións apícolas de Galicia, así como aos asentamentos de explotacións que realizan a transhumancia nesta comunidade.
Para os efectos do establecido neste decreto, serán de aplicación as definicións establecidas no artigo 2 do Real decreto 209/2002,coas modificacións introducidas polo Real decreto 448/2005. Citadas anteriormente
Ademais, establécense as seguintes definicións unicamente para os efectos do disposto neste decreto:
Vivenda rural habitada: aquela vivenda que estea permanente ou periodicamente habitada e situada nunha área rural.
Camiño veciñal: as vías de comunicación de dominio e uso público, destinadas basicamente ao servizo de vivendas e explotacións e instalacións agropecuarias, e que, por non reunir as características técnicas e requisitos para o tráfico xeral de vehículos automóbiles, non se poidan clasificar como estradas.
Pista forestal: aquela que dá acceso a terreos forestais no treito que discorre por solo rústico de uso forestal.
Núcleo de poboación: conxunto de 5 ou máis vivendas xeograficamente conxuntas conformando rúas, prazas ou vías urbanas.
Integrado no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) , créase o Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (Rgeap), no cal figurarán inscritas a totalidade das explotacións apícolas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Trámites para inscribirse no Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (RGEAP):
• Formulario de solicitude, declaración de Asentamentos, pago de tasa correspondente
• Solicitude na OAC (Oficina agraria comarcal) do domicio fiscal do/a abelleiro/a
• Resolución do Departamento Territorial nun prazo máximo de 3 meses. Asignación do código.
• Obriga de comunicar cambios (< 1 m) excepto:
– Variación censais
– Coordenadas xeográficas
• Obriga de censado anual. Antes do 1 de Marzo de cada ano, declaración de colmeas a 31 de decembro do ano anterior.
Axudas á apicultura para o ano 2016:
Poderán ser beneficiarios aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares
de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención destas axudas
estar inscrito no Rexistro oficial apícola da comunidade autónoma, polo
menos con anterioridade ó primeiro de xaneiro do ano 2015.
Os requisitos a cumprir serán:
a) Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.
b) Ser titulares dunha explotación con máis de 50 colmeas, se solicitan axuda para realizar a transhumancia.
c) Ter realizada a declaración censual anual referida ao ano 2015.
d) Realizar polo menos un tratamento ó ano fronte á varroase, de acordo
co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se
establece e regula un programa nacional de loita e control das
enfermidades das abellas do mel.
O prazo de presentación da solicitude remata o 4 de xaneiro de 2016.
Poden solicitar estas axudas os/as abelleiros/as e as asociacións, os/as abelleiros/as poden solicitar a liña de trashumancia e as asociacións a liña de control da varroa e tamén de formación e publicación.
O
plan apícola desde o ano 2011,
esixe dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.
Palestra iniciación á actividade apícola:
O pasado venres 29 de Xaneiro houbo unha charla de introdución á apicultura "O mundo das abellas e a actividade apícola", contamos coa presencia de Román Cid Álvarez, experimentado abelleiro cunha longa traxectoria profesional , foi membro
da comisión da redacción das normas do Consello Regulador de Mel de
Galicia, becario durante 2 anos no Departamento de Apicultura do INORDE ,
participou como membro do xurado de Cata de mel na Feira Agrícola de D. Benito, Badaxoz , na actualidade é o presidente da Asociación apícola Abellas nais, ten impartido cursos de iniciación á apicultura para novos/as apicultores profesioanis en varios concellos e numerosas charlas por toda a xeografia galega, Zamora e algunhas localidades portuguesas..
Falounos sobre:
-A bioloxia dos habitantes da colmea
-Condicións para ubicar o colmear
-Calendario de manexo das colmeas para a obtención de produtos apícolas: mel, pole, propóleos, xalea, cera
- Principais enimigos das colmeas, técnicas de control, mención especial da Avespa asiática Vespa velutina.