27 mar 2012

Despedida 2º CM Traballos forestais


Ainss!!! O curso rematou,..., e como cada vez que isto acontece, éntrame certa vena nostálxica como a unha "mamá galiña" a quen lle costa aceptar que as/os seus poliños/as anden ao seu aire.

Foron moitas horas compartidas, e durante este tempo  houbo bons e malos momentos, , cabreos, broncas malos entendidos pero tamén bos entendementos, risas, amizades,... e o que é mais importante o traballo ben feito.

Os fins de curso, sempre son algo atropelados, pois o "sprint final" sempre conleva certo agobio, tensión, nervios a flor de pel, prisas de húltima hora, centos de exames por superar, traballos pendentes,...e neste en particular certo sabor agridoce, que non esperaba, pero como a mente é selectiva, e con pensamento positivo, gústame quedarme co bo.

Apesares de tanto tempo xuntos, non sempre e fácil apreciar todas as cualidades que tedes e que vos fan grandes como personas, e unha sempre queda con certa sensación de non ter aproveitado ao máximo todo o voso potencial, porque xuntos seriamos quen de facer moitas mais e mellores cousas das que fixemos. Gústame especialmente traballar con vos fora da aula-"xaula"  porque un entorno mais distendido permíte o achegamento e  váleme para coñecervos un pouco mais a fondo.

 Darvos as grazas en conxunto a  todos/as, especialmente a aquelas persoas que coa súa creatividade, iniciativa, autonomia e boa disposición contribuiron coas súas ideas e aportacións a que esta andaina fora mais levadeira permitíndonos a todos/as  aprender e medrar conxuntamente.

Agardo sinceramente que as oportunidades que teñades as aproveitedes ao máximo. Os meus mellores desexos para que a vida vos trate ben tanto no plano persoal como no profisional.

 Deixovos algúns dos momentos do voso paso pola escola, espero que gardedes algunhas boas lembranzas destes dous anos compartidos nos  módulos de aproveitamentos forestais e conservación e defensa de masas.

19 mar 2012

Visita: Centro transformación de biomasa

Detalle produto final: "estelas"
A empresa Astigal está especializada no subministro de biomasa para o seu aproveitamento enerxético en produción de calor producen estelas de diferentes tamaños para ser empregadas en grandes caldeiras.


Apeas de madeira queimada
As estelas son madeira triturada, sendo apta todo tipo de madeira sen tratar (restos de serradoiros e carpinterías, gallas, cortizas, tocóns, cahopas, restos de poda de xardinería,..)
Restos de tocóns pre-triturados

O material deixase secar  a temperatura ambiente até baixar o seu contido de himidade a un 20%, logo tritúrase até acadar un tamaño homoxéneo, conseguindo un almacenamento óptimo e unha boa combustión cunha mínima xeneración de cinzas e baixas emisións.

Astilladora fixa
Cinta de alimentación á tolva

 A eliminación de residuos (gallas, cortizas, raberóns,..) despois dunha corta é unha operación complementaria que non sempre se fai, pero que supón entre outras as seguintes vantaxes: facilita o acceso ao monte, reduce a presencia de enfermedades e pragas e disminue o perigo de incendios.
Sistema condución produto final


No CTB de Trasmiras realízase a recollida e almacenamento de materia prima forestal (restos procedentes de tratamentos silvícolas, destoconados, madeira queimada,..)  e o seu tratamento para a produción de estelas de varios tamaños.


Boxer almacenamento estelas
Conta cunha nave onde se realiza un cribado de limpeza, estelado mediante unha esteladora fixa que conta cun sistema de re-estelado, cribado clasificación do produto final e boxers de almacenamento.
Detalle cribado para separación de terras
Pre-trituradora de tocóns










Conta ademais cunha pre-trituradora para tocóns cun sistema de cribado para eliminación de terras

Trituradora de restos Doopstadt AK 435

No seginte enlace podedes ver un vídeo da a trituradora Doppstadt AK435 funcionando, esta máquina tamén esta presente no CTB de Trasmiras.



Podes ampliar a información sobre a CTB de Trasmiras no seguinte artigo da revista Bioenergy International Español, num 13 - 4º trimestre 201, páxinas 10 e 11.

8 mar 2012

8 de Marzo: Día internacional das mulleres



Gostei desta cita, pareceume acaida para agasallarvos nesta data reivindicativa dos nosos dereitos,  a todas as mulleres que compartides tantas horas no meu día a día, en especial ás miñas alumnas (mulleres valientes e valiosas)  que se están formando en traballos forestais  para acceder a postos de traballo tradicionalmente ocupados de xeito maioritario por homes, nos que apenas un 5% son mulleres, nos que se traballa a turnos e resulta difícil compatibilizar a vida laboral e familiar. Aquí vola deixo:

"Para todas a mulleres que algunha vez cambiaron o aceite, e non me refiro só ó da fritidora. Para as que saben que atoparse con Gauss no campo, non é ter un cita en territorios da campiña inglesa. Para as que fixeron unha rosca métrica ou Whitworth e non precisaron de forno. Para as que non preguntan en Tiffany por un anel Seiger .Para as que nunca buscarán a Madame Curie na sección de astroloxía dun xornal. Para as saben que un cegoñal non é un sitio inzado de cegoñas, nin un cabalo de vapor unha figura poética. Para aquelas que non lle entra a vena republicana cando escoitan falar da coroa do diferencial….Neste día coma hoxe, para todas elas, os meus millores desexos. Para @s demáis, tamen." Anna P.