18 feb. 2015

Equipos e técnicas de gabeo para traballos en altura nas árbores

Foto: Pacheco
Alumnos/as de 1º e 2º do Ciclo Medio de Aproveitamentos e conservación do medio natural dedicamoslle en varias xornadas intensivas unhas cantas horas a realizar prácticas para iniciarse no coñecemento e adestramento dalgunhas das técnicas de gabeo que se empregan para a poda en altura,  recollida de froitos e sementes e apeos controlados por toradas.

Xabier Loureiro

Contamos para guiar esta actividade con Xabier Loureiro Vasques, compañeiro docente de FP, especialista en tecnicas de traballo en altura nas árbores, cunha ampla bagaxe na impartición de actividades formativas neste tema. Xabier, deunos varios consellos, que son extensibles a calquera outra aprendizaxe, pero neste caso particular e necesario interiorizalos e aplicalos sistematicamente debido a que é unha actividade que entraña grandes riscos e require de certas cualidades físicas e habilidades que ainda non temos adquiridas.
 As súas recomendacións foron: Traballade con cabeza e sede prudentes, pacientes e perseverantes no voso adestramento. As destrezas e habilidades adquirense e melloranse co tempo, case nunca veñen de fábrica.

A técnica de gabeo necesita dun procedemento riguroso: revisión do equipo, inspección e valoración pre-gabeo, instalación da corda de gabeo, ascenso, instalación de segundo ponto de ancoraxe, desprazamentos na copa e descenso.

O equipo básico empregado, foi:
-Hondiña ou saco de lanzar
-Xisga: Cordino fino para lanzar hondiña
-Salvaponlas ou salvacambium
-Corda de trepa trenzada de 13 mm
-Corda multiuso de 10,5 mm, para nós de fricción  (Blake) e eslinga de seguranza
-Descensor en oito con orellas
-Arnés
-Maillón ventral, conector con peche roscado nos dous extremos
-Mosquetóns (autoblocantes, de gran abertura tipo HMS de bloqueo manual con rosca, de gran abertura de bloqueo automático e desbloqueo rápido, asimétrico con peche de bola e bloqueo automático,..)
-Capacete de seguranza
-Luvas de coiro
-Botas de media cana con bo agarre
-Eslinga seguridade ou posicionamento na árbore
- Outros elementos empregados: bloqueador ventral (croll), cinta de arnés para bloqueador ventral, descensor ID, puño e pedal, aneis cosidos, cinta expres, poleas, freo, eslinga de seguranza con núcleo de aceiro, eslinga porta motoserra, serrotes, motoserra, pantalón anticorte,...)


As técnicas de trepa: Presa de pé (pisando cun pé a volta da corda contra o empeine do outro pé, ascensión con impulso corporal (movemento de cadeira), con bloqueo de nó Blake







Nó Blake
 Os nós aprendidos:
Nó Blake, autoblocante, que costa afloxar unha vez sometido a tensión, empregado para a ascensión pola corda e para o descenso
As de guia simple e As de guia con doble volta de cabo, oito dobre, nó de pescador,  para anclar os conectores ou outros elementos; no de tecedor para o ascenso dunha segunda corda, ballestrinque, descenso de toradas, ballestrinque en gaza con varias voltas para a instalzción da corda de gabeo, nó para atar a xisga.


Para os que gostarades dos traballos de poda en altura e queirades profundizar un pouco mais, recoméndovos que visitedes os seguintes enlaces, a páxina da Asociación Española de Arboricultura y a empresa Poda Vega, especialista en traballos e materiais de trepa. Podadoresenacción, Asociación grimpacat, asociación trepanet

 Aquí vos deixo unha pequena mostra do que  fixemos durante estes días:

9 feb. 2015

EN TODAS AS MANS: Proxecto audiovisual sobre os montes veciñais en mancomún

 " En todas as mans" é un documental galego que pon valor a figura dos montes comunais e as comuneiras e comuneiros de Galiza. É o primeiro proxecto audiovisual que ten como obxectivo principal trasladar ao público xeral a importancia da existencia desta figura singular de propiedade que só existen en Galiza e  Portugal, e que se adquire só spola veciñanza no rural. "

Os montes veciñais en mancomún son formas de titularidade de orixe xurídica xermánica. Fronte a propiedade pública ou privada, que teñen orixe xurídica romana, este xeito de xestionar o territorio non supón ser propietario, senón usufructuario, dereito de uso e xestión. O monte veciñal non se pode vender, nen parcelar.
Na actualidade, a forma do veciñal existe no territorio galego e no norte de Portugal. Galiza conta con aproximadamente 3000 comunidades de montes en mancomún, que xestionan perto de 700.000 ha de territorio galego, o que representa case 0 25 % da superficie do país.
Esta forma de titularidade comunitaria asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio, e fai parte do patrimonio cultural galego.

A produtora Trespés Cooperativa está a realizar un documental que pretende mostrar o mundo do monte veciñal, unha realidade próxima, escasamente coñecida e pouco valorada pola sociedade galega. Queren sinalar as potencialidades que ten como ferramenta válida para a xestión e custodia do territorio próximo, sinalar a titularidade comunitaria como un elemento que fai parte do patrimonio cultural galego,  como recoñecemento para as persoas que conforman as comunidades de montes, os comuneiros e comuneiras.
Deixovos o Teaser do documental, decirvos que esta iniciativa estase financiando en parte a traves de Crowdfunding, animaste a colaborar??? Próxima estrea en abril


En todas as mans from trespes on Vimeo.

27 ene. 2015

Nós os homes da cortiza


Hoxe foi un día enguedellado, as veces suceden días así, tal vez porqué o mundo está cheo de persoas obscuras, sumidoiros de carraxe e desgastadoras de enerxias alleas,... mais non vou facer ningún esforzo que me atrape no desacougo, prefiro optar por centrar as miñas enerxias nas cousas que me inspiran e me emocionan, porque gosto das persoas humildes, bondadosas, creativas, soñadoras e sensibles, aquelas que coas súas pequenas accións se tornan grandes .

Deixovos un documental que un día me emocionou ao ser consciente de que detrás do corcho dunha garrafa de bon viño agóchase unha longa historia de fusión entre a natureza e as persoas que co seu saber e o seu eforzo espiron ás sobreiras para ofrecernos este produto. Un video feito desde a sensibilidade

A Reserva Intercontinental dla Biosfera Andalucía- Marrocos contén enormes masas de sobreiras. Son o produto da interacción desde o saber e o suor de colectivos que modelaron estes sociosistemass. Este documental pon en valor un dos recursos etnográficos emblemáticos no PN Los Alcornocales e no SIBE Jbel Bouhachem: a  saca da cortiza, os procesos técnicos produtivos asociados, as formas de organización do traballo, os saberes, a transmisión de coñecementos.... As distincións, similitudes eespecificidades que se dan a un e outro lado do Estreito de Gibraltar falannos do valor indiscutible de uns bens que forman parte da riqueza patrimonial destes territorios

Podedes atopar toda a info en nosotrosloshombresdelcorcho


Nosotros Los Hombres del Corcho "VOS Andaluz" from Nosotros los hombres del corcho on Vimeo.