30 sept 2013

Bolsa emprego


Para aqueles/as que estades buscando emprego, infórmovos: que a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, recén hoxe luns 30 de Setembro actualizou: Apertura de prazo para actualización de méritos e/ou novas incorporacións ás listas para diferentes postos de traballo vinculados ó sector forestal: Capataz, Xefe de Brigada. Estas ocupacións requiren cando menos a titulación de Ciclo medio de traballos forestais e de conservación do medio natural.
Para os que querades mais información, podedes pinchar no seguinte enlace SEAGA-Ofertas de emprego

27 sept 2013

Visita á base de avionetas de carga en terra "ANTELA"




Esta mañán pasada por auga, o alumnado de 2º de Ciclo medio e 2º de Ciclo superior aproveitamos para visitar a base de medios aéreos de carga en terra "Antela" situada nas proximidades do Instituto.
A técnica da base e un dos pilotos explicaronos o funcionamento da base, o protocolo de actuación durante unha alerta de incendio forestal, a coordinación dos medios aéreos durante as tarefas de extinción, o proceso de carga e descarga, o uso de retardantes e algunha que outra curiosidade sobre o funcionamento destas avionetas de carga en terra modelo Air-Tractor 802

Festival de Xardíns de Allariz


O Festival Internacional de xardíns de Allariz estará aberto até os  últimos días de Outubro, se non fostes visitalo, ainda estades en tempo!!!  Na presente edición incorporanse, unindo arte e natureza, unha mostra de esculturas que permite aos artistas a utilización do espazo como cenario para mostrar as súas obras.


Xa está pronto o concurso para a edición 2014, terá como tema “XARDÍNS DA ABUNDANCIA”. Ata o 15 de novembro de 2013 poderán presentarse as propostas que evoquen a abundancia de sensacións que os xardíns suxiren como lugares de repouso, benestar, lugares propicios para a relaxación do corpo e a alma, para a contemplación, a imaxinación... tamén como antídoto para a crise socioeconómica que padecemos e queremos combater cunha crítica á austeridade contra o estado de benestar.