26 abr 2011

Lagarto das silveiras ou lagarto verdinegro

Macho e femia de lagarto verdinegro.

 Días antes das vacacións de Semana Santa, mentras retirábamos a malla antiherbas do invernadoiro pequeno, topámonos cunha femia de lagarto verdinegro, alí estaba, agochada entre as herbas e ainda medio aletargada.


O lagarto verdinegro ou lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi),  é unha especie endémica da Península Ibérica cunha distribución marcadamente noroccidental. Ten unha  ampla presencia na metade norte de Portugal, Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Sistema Central e nalgunhas serras do cadrante suroccidental da Península. Esta distribución está relacionada coa precipitación, seleccionando zonas húmidas que reciben mais de 600 mm anuais, esta especie está ameazada en España, sobre todo no Sur. Algúns dos hábitats onde aparece son os bosques húmidos caducifolios e de piñeiro silvestre, e os lameiros de montaña asociados a ríos.

 É un lagarto robusto, de tamaño medio e cunha lonxitude máxima de 130 milímetros, ós que se suman os da cola, que pode ser o doble de longa que o corpo. Aliméntanse dunha grande variedade de invertebrados.
Existe unha marcada diferencia de coloración entre machos e femias, as femias,  son de cor verde con nódoas negras, os machos teñen unha coloración mais amarela cun moteado negro, na fotografia superior apréciase a cor azulada na gorxa, típica na época de celo. A súa coloración permítelle camuflarse con facilidade entre a vexetación para protexerse dos seus depredadores.

A reproducción desta especie  prodúcese na primavera; a eclosión dos ovos, no verán, tras unha incubación de dous meses. Durante o período de apareamento manteñen unha intensa actividade, é frecuente observar parellas xuntas ó sol.

5 abr 2011

Despedida do CM Forestais 2009-2011



Deixovos algúns dos momentos do voso paso pola escola, espero que gardedes algunhas boas lembranzas destes dous anos compartidos nos  módulos de produción de plantas e de instalacións agrarias. Durante este tempiño xuntos houbo bons e malos momentos, risas, cabreos, malos entendidos, bos entendementos,... pero finalmente entre todos/as fixemos un bo grupo, onde o compañeirismo e a amizade desbancou ós malos rollos e o traballo foise facendo, darvos as grazas, especialmente a aquelas persoas que coa súa creatividade, iniciativa, autonomia e boa disposición contribuiron coas súas ideas e aportacións a solucionar moitos dos imprevistos xurdidos durante as prácticas, permitíndonos a todos/as  aprender conxuntamente.

O curso rematou e... ata aquí chegamos!!!. Xa non teredes que escoitar mais a miña frase mítica "mans fora dos petos" durante a realización das tarefas.

Agora comenzades unha nova xeira complementando a vosa formación nos Centros de traballo, agardo que as oportunidades que teñades as aproveitedes ao máximo. Os meus mellores desexos para que a sorte vos acompañe na vida persoal e profisional. Xa sabedes onde estou se algunha vez precisades de min.

Grazas especiais a Maryan por permitirme piratear as súas fotos. Unha aperta grande para todos/as.