29 oct 2014

Prácticas nas Illas Cies en colaboración co Parque Nacional Illas Atlánticas


En días pasados, a finais de Outubro, participei  xunto con Marcos Velosos como profesora acompañante do grupo de 2º curso do Ciclo Superior de Xestión forestal e do medio natural do IES Cidade de Antioquía nunha estadía formativa nas Illas Cies (Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia)
Foron tres días intensos nun paraxe de singular beleza, un privilexio poder estar nas Cíes sin a aboraxine de xente que normalmente as visita na época estival e con bon tempo no Outono.

Realizamos tarefas de conservación do patrimonio natural asignadas e supervisadas polo persoal do Parque Nacional nas Illas Cíes, entre outros:
-Levantamento de planta forestal  (Quercus pyrenaica e Quercus suber) cultivada en terra
- Tallado da parte aérea e poda de raices
- Aviveirado en gabias para plantación posterior
- Acondicionamento de pequena parcela dedicada a viveiro de planta forestal
-Erradicación de flora invasora (Robinia pseudoacacia) con ferramentas manuais: tesouras poda, sachos, pulanskis,... e aplicación localizada de fitocidas
- Erradicación de especies invasoras (Acacia melanoxylon e Eucaliptus globulus) mediante abatemento con motoserra.
-Retirada e apilado dos restos da corta


Ademais deunos tempo para facer varios paseos pola illa, incluida visita nocturna ao faro, avistamento de aves e recoñecemento de especies vexetais, conversas cos traballadores do parque e os mais intrépidos desfrutaron longamente dos baños no mar.
Experiencia altamente recomendable.

25 oct 2014

A foita prohibida, o maravilloso mundo dos fungos

Extracto do documental feito por Moving Art by Louie Schwartzbergt, no que Paul Stamets, experto micólogo, fala do importante papel que xogan os cogomelos na saude e supervivencia da terra e da especie humana. Para saber mais sobre o filme podes clickar no seguinte enlace www.fantasticfungi.net.