23 oct. 2016

Participación no programa educativo: O uso sostenible dos recursos naturais do CENEAM

Pinares de Valsaín. Foto: Saul Bedia
Outra da débedas do curso pasado, para que lembredes o ben que se pasa nas viaxes e o moito que se pode aprender fora das aulas!!!!
 Viaxe conxunta do Ciclo Superior e Ciclo Medio de Forestais ao Centro Nacional de Educación Ambiental CENEAM para participar nun programa de Educación Ambiental, pasando pola Reserva Natural de Las Lagunas de Villafáfila en Zamora, Museo da resina en Navas de Oro, Valsaín, Xardíns da Granja de San Ildefonso, Segovia e Centro de visitantes do Parque Nacional Sierra de Guadarrama do val de Valsaín_Boca del Asno. Foi unha moi boa viaxe!!!


22 oct. 2016

Técnicas de gabeo para traballos de arboricultura 2016

O prometido é débeda, quérolle dedicar o seguinte vídeo aos meus tutorandos deste ano, 2º Curso do Ciclo Medio de Aproveitamento e conservación do medio natural, pola súa motivación, entusiasmo e autonomia cando facemos traballos en campo e porqué ademais tiña pendente pasarlle as fotos das prácticas de gabeo.

Durante o curso pasado, cando ainda estaban en primeiro e ao abeiro do módulo de Repoboacións e tratamentos silvícolas, que impartia eu, fixemos durante varios días prácticas intensivas  para adestrarse nas técnicas de gabeo para realizar traballos en altura de arboricultura.
Contamos co monitoreo de Xabier Loureiro e Vanesa, ambos especialistas en Poda de altura e gabeo ás arbores.

En breves, subirei algunhas fotiños mais que resumen o voso paso polo Instituto.



10 feb. 2016

Lexislación apícola, palestra iniciación a apicultura

Como calquera outra actividade agrogandeira, a apicultura non está exenta de regulamentación, podedes consultar nos seguintes enlaces a lexislación sectorial vixente aplicable ás explotacións apícolas, así como ás axudas específicas á apicultura na Comunidade autónoma galega.

Lexislación Europea:

REGLAMENTO CE 797/2004 do Consello do 26 de Abril de 2004 relativo ás medidas destinadas a mellorar as condicións de produción e comercialización  dos produtos apícolas
REGLAMENTO CE 917/2004 da Comisión do 29 de abril de 2004 polo que se establecen as disposicións de aplicación do Reglamento CE 797/2004 do Consello relativo ás medidas no sector da apicultura
REGLAMENTO (CE)  811/2007 da Comisión do 11 de Xullo de 2007 que modifica o Reglamento (CE) no 917/2004.



 Lexislación estatal:

-Lei 8/2003 de sanidade animal

- Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.
Establécense, entre outros as seguintes definicións:
 
Enxamio: colonia de abellas produtoras de mel (Apis mellifera)
Colmea: enxamio + recipiente + elementos necesarios.
Tipos de Colmeas:
– Fixista: panais fixos e inseparables do recipiente
– Movilista: panais móviles (Cadros).
Asentamento: lugar onde se instala un colmear para aproveitamento da flora ou para pasar a invernaxe
Colmear: conxunto de colmeas, pertencentes a un ou varios titulares e que se encontren nun mesmo asentamento.
Colmear abandonado: >50 % das colmeas mortas.
Colmea morta: evidencia  de falta de actividade biolóxica dos seus elementos vivos

(modificado por RD 448/2005 ):
Explotación: calquera instalación, construción ou lugar nos que se teñan, críen, manexen ou se expoñan ópúblico abellas productoras de mel cuias colmeas atópense repartidas nun ou varios colmeares.
Tipos de Explotación (segundo manexo):
Estantes: permanecen todo o ano nun mesmo asentamento.
Trashumantes: desprázanse a outros asentamentos.
Tipos de Explotación (segundo o tamaño):
Profesional: >150 colmeas.
No profesional: <150 colmeas.
Autoconsumo: destino exclusivo consumo familiar (<15 colmeas)
Titular de explotación : persoa física ou xurídica que exerce a actividade apícola e asume a responsabilidade e riscoss inherentes á xestión da mesma
Debe rexistrarse desde a primeira colmea.

(mod. por RD 448/2005 e 608/2006 )
CLASIFICACIÓN ZOOTÉCNICA:
Produción (PD): dedicadas á produción de mel e outros produtos apícolas
Seleción e cría (SC): dedicadas á cría e selección de abellas
Polinización (PZ): actividade principal polinización de cultivos agrícolas
Mixtas (MX) : alternan con similar importancia algunhas das clasificacións anteriores
– Outras (OT)
• Identificación: Cada colmea, en sitio visible e de forma lexible, cunha marca indeleble, na que constará o código único para cada explotación
• Ademais cada explotación terá un código REGA
• As colmeas que se incorporen por substitución ou ampliación identificaranse.

- Real decreto 448/2005 modifica o RD 2009/2002

- Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de Explotacións gandeiras. (REGA)

- Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel (anexo II foi modificado pola Orde APA/735/2008).

- Orden ARM/2605/2011 pola que se definen as explotacións, animais e producións asegurables, as condicións técnicas mínimas de explotación e manexo,...

Lexislación autonómica:

É obxecto deste decreto:

a) A creación do Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (RGEAP)
b) A determinación dos requisitos do libro de explotación apícola. Toda persoa titular de explotación apícola deberá ter un libro CEAT (Caderno de explotación apícola e trashumancia), facilitado polo servizo veterinario oficial

Tamén é obxecto deste decreto regular:
a) A codificación do sistema de identificación das colmeas.
b) Os asentamentos apícolas nas explotacións de autoconsumo.
c) O establecemento de requisitos adicionais para a realización da transhumancia na comunidade autónoma.
d) A determinación das actuacións sanitarias na loita contra a varroa.

Este decreto será de aplicación a todas as explotacións apícolas de Galicia, así como aos asentamentos de explotacións que realizan a transhumancia nesta comunidade.

Para os efectos do establecido neste decreto, serán de aplicación as definicións establecidas no artigo 2 do Real decreto 209/2002,coas modificacións introducidas polo Real decreto 448/2005. Citadas anteriormente

Ademais, establécense as seguintes definicións unicamente para os efectos do disposto neste decreto:

Vivenda rural habitada: aquela vivenda que estea permanente ou periodicamente habitada e situada nunha área rural.
Camiño veciñal: as vías de comunicación de dominio e uso público, destinadas basicamente ao servizo de vivendas e explotacións e instalacións agropecuarias, e que, por non reunir as características técnicas e requisitos para o tráfico xeral de vehículos automóbiles, non se poidan clasificar como estradas.
Pista forestal: aquela que dá acceso a terreos forestais no treito que discorre por solo rústico de uso forestal.
Núcleo de poboación: conxunto de 5 ou máis vivendas xeograficamente conxuntas conformando rúas, prazas ou vías urbanas.

Integrado no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) , créase o Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (Rgeap), no cal figurarán inscritas a totalidade das explotacións apícolas da Comunidade Autónoma de Galicia.

 Trámites para inscribirse no Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (RGEAP):

• Formulario de solicitude, declaración de Asentamentos, pago de tasa correspondente
• Solicitude na OAC (Oficina agraria comarcal)  do domicio fiscal do/a abelleiro/a
• Resolución do Departamento Territorial nun prazo máximo de 3 meses. Asignación do código.
• Obriga de comunicar cambios (< 1 m) excepto:
– Variación censais
– Coordenadas xeográficas
• Obriga de censado anual. Antes do 1 de Marzo de cada ano, declaración de colmeas a 31 de decembro do ano anterior.
Axudas á apicultura para o ano 2016:


Poderán ser beneficiarios aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención destas axudas estar inscrito no Rexistro oficial apícola da comunidade autónoma, polo menos con anterioridade ó primeiro de xaneiro do ano 2015.

Os requisitos a cumprir serán:
a) Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.
b) Ser titulares dunha explotación con máis de 50 colmeas, se solicitan axuda para realizar a transhumancia.
c) Ter realizada a declaración censual anual referida ao ano 2015.
d) Realizar polo menos un tratamento ó ano fronte á varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.

O prazo de presentación da solicitude remata o 4 de xaneiro de 2016.
Poden solicitar estas axudas os/as abelleiros/as e as asociacións, os/as abelleiros/as poden solicitar a liña de trashumancia e as asociacións a liña de control da varroa e tamén de formación e publicación.

O plan apícola desde o ano 2011esixe dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.


Palestra iniciación á actividade apícola: 

O  pasado venres 29 de Xaneiro houbo unha charla de introdución á apicultura "O mundo das abellas e a actividade apícola", contamos coa presencia de Román Cid Álvarez, experimentado abelleiro cunha longa traxectoria profesional , foi membro da comisión da redacción das normas do Consello Regulador de Mel de Galicia, becario durante 2 anos no Departamento de Apicultura do INORDE , participou como membro do xurado de Cata de mel na Feira Agrícola de D. Benito, Badaxoz , na actualidade é o presidente da Asociación apícola Abellas nais, ten impartido cursos de iniciación á apicultura para novos/as apicultores profesioanis en varios concellos e numerosas charlas por toda a xeografia galega, Zamora e algunhas localidades portuguesas..
 

 Falounos sobre:
-A bioloxia dos habitantes da colmea
-Condicións para ubicar o colmear
-Calendario de manexo das colmeas para a obtención de produtos apícolas: mel, pole, propóleos, xalea, cera
- Principais enimigos das colmeas, técnicas de control, mención especial da Avespa asiática Vespa velutina.

18 feb. 2015

Equipos e técnicas de gabeo para traballos en altura nas árbores

Foto: Pacheco
Alumnos/as de 1º e 2º do Ciclo Medio de Aproveitamentos e conservación do medio natural dedicamoslle en varias xornadas intensivas unhas cantas horas a realizar prácticas para iniciarse no coñecemento e adestramento dalgunhas das técnicas de gabeo que se empregan para a poda en altura,  recollida de froitos e sementes e apeos controlados por toradas.

Xabier Loureiro

Contamos para guiar esta actividade con Xabier Loureiro Vasques, compañeiro docente de FP, especialista en tecnicas de traballo en altura nas árbores, cunha ampla bagaxe na impartición de actividades formativas neste tema. Xabier, deunos varios consellos, que son extensibles a calquera outra aprendizaxe, pero neste caso particular e necesario interiorizalos e aplicalos sistematicamente debido a que é unha actividade que entraña grandes riscos e require de certas cualidades físicas e habilidades que ainda non temos adquiridas.
 As súas recomendacións foron: Traballade con cabeza e sede prudentes, pacientes e perseverantes no voso adestramento. As destrezas e habilidades adquirense e melloranse co tempo, case nunca veñen de fábrica.

A técnica de gabeo necesita dun procedemento riguroso: revisión do equipo, inspección e valoración pre-gabeo, instalación da corda de gabeo, ascenso, instalación de segundo ponto de ancoraxe, desprazamentos na copa e descenso.

O equipo básico empregado, foi:
-Hondiña ou saco de lanzar
-Xisga: Cordino fino para lanzar hondiña
-Salvaponlas ou salvacambium
-Corda de trepa trenzada de 13 mm
-Corda multiuso de 10,5 mm, para nós de fricción  (Blake) e eslinga de seguranza
-Descensor en oito con orellas
-Arnés
-Maillón ventral, conector con peche roscado nos dous extremos
-Mosquetóns (autoblocantes, de gran abertura tipo HMS de bloqueo manual con rosca, de gran abertura de bloqueo automático e desbloqueo rápido, asimétrico con peche de bola e bloqueo automático,..)
-Capacete de seguranza
-Luvas de coiro
-Botas de media cana con bo agarre
-Eslinga seguridade ou posicionamento na árbore
- Outros elementos empregados: bloqueador ventral (croll), cinta de arnés para bloqueador ventral, descensor ID, puño e pedal, aneis cosidos, cinta expres, poleas, freo, eslinga de seguranza con núcleo de aceiro, eslinga porta motoserra, serrotes, motoserra, pantalón anticorte,...)


As técnicas de trepa: Presa de pé (pisando cun pé a volta da corda contra o empeine do outro pé, ascensión con impulso corporal (movemento de cadeira), con bloqueo de nó Blake







Nó Blake
 Os nós aprendidos:
Nó Blake, autoblocante, que costa afloxar unha vez sometido a tensión, empregado para a ascensión pola corda e para o descenso
As de guia simple e As de guia con doble volta de cabo, oito dobre, nó de pescador,  para anclar os conectores ou outros elementos; no de tecedor para o ascenso dunha segunda corda, ballestrinque, descenso de toradas, ballestrinque en gaza con varias voltas para a instalzción da corda de gabeo, nó para atar a xisga.


Para os que gostarades dos traballos de poda en altura e queirades profundizar un pouco mais, recoméndovos que visitedes os seguintes enlaces, a páxina da Asociación Española de Arboricultura y a empresa Poda Vega, especialista en traballos e materiais de trepa. Podadoresenacción, Asociación grimpacat, asociación trepanet

 Aquí vos deixo unha pequena mostra do que  fixemos durante estes días:

9 feb. 2015

EN TODAS AS MANS: Proxecto audiovisual sobre os montes veciñais en mancomún

 " En todas as mans" é un documental galego que pon valor a figura dos montes comunais e as comuneiras e comuneiros de Galiza. É o primeiro proxecto audiovisual que ten como obxectivo principal trasladar ao público xeral a importancia da existencia desta figura singular de propiedade que só existen en Galiza e  Portugal, e que se adquire só spola veciñanza no rural. "

Os montes veciñais en mancomún son formas de titularidade de orixe xurídica xermánica. Fronte a propiedade pública ou privada, que teñen orixe xurídica romana, este xeito de xestionar o territorio non supón ser propietario, senón usufructuario, dereito de uso e xestión. O monte veciñal non se pode vender, nen parcelar.
Na actualidade, a forma do veciñal existe no territorio galego e no norte de Portugal. Galiza conta con aproximadamente 3000 comunidades de montes en mancomún, que xestionan perto de 700.000 ha de territorio galego, o que representa case 0 25 % da superficie do país.
Esta forma de titularidade comunitaria asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio, e fai parte do patrimonio cultural galego.

A produtora Trespés Cooperativa está a realizar un documental que pretende mostrar o mundo do monte veciñal, unha realidade próxima, escasamente coñecida e pouco valorada pola sociedade galega. Queren sinalar as potencialidades que ten como ferramenta válida para a xestión e custodia do territorio próximo, sinalar a titularidade comunitaria como un elemento que fai parte do patrimonio cultural galego,  como recoñecemento para as persoas que conforman as comunidades de montes, os comuneiros e comuneiras.
Deixovos o Teaser do documental, decirvos que esta iniciativa estase financiando en parte a traves de Crowdfunding, animaste a colaborar??? Próxima estrea en abril


En todas as mans from trespes on Vimeo.

27 ene. 2015

Nós os homes da cortiza


Hoxe foi un día enguedellado, as veces suceden días así, tal vez porqué o mundo está cheo de persoas obscuras, sumidoiros de carraxe e desgastadoras de enerxias alleas,... mais non vou facer ningún esforzo que me atrape no desacougo, prefiro optar por centrar as miñas enerxias nas cousas que me inspiran e me emocionan, porque gosto das persoas humildes, bondadosas, creativas, soñadoras e sensibles, aquelas que coas súas pequenas accións se tornan grandes .

Deixovos un documental que un día me emocionou ao ser consciente de que detrás do corcho dunha garrafa de bon viño agóchase unha longa historia de fusión entre a natureza e as persoas que co seu saber e o seu eforzo espiron ás sobreiras para ofrecernos este produto. Un video feito desde a sensibilidade

A Reserva Intercontinental dla Biosfera Andalucía- Marrocos contén enormes masas de sobreiras. Son o produto da interacción desde o saber e o suor de colectivos que modelaron estes sociosistemass. Este documental pon en valor un dos recursos etnográficos emblemáticos no PN Los Alcornocales e no SIBE Jbel Bouhachem: a  saca da cortiza, os procesos técnicos produtivos asociados, as formas de organización do traballo, os saberes, a transmisión de coñecementos.... As distincións, similitudes eespecificidades que se dan a un e outro lado do Estreito de Gibraltar falannos do valor indiscutible de uns bens que forman parte da riqueza patrimonial destes territorios

Podedes atopar toda a info en nosotrosloshombresdelcorcho


Nosotros Los Hombres del Corcho "VOS Andaluz" from Nosotros los hombres del corcho on Vimeo.

11 nov. 2014

Bosques para comelos

Foto: Carme Míguez

Como cada Outono, e iste ano mais debido ás boas condicións climatolóxicas, reaparecen os cogumelos de cores, formas e tamaños variados mesturados entre a follaxe que cae das árbores, sinais inequívocos desta estación na que se acurtan os días, un novo ciclo de vida para adentrarnos no apaisoante, misterioso e diverso mundo dos fungos. A cada volta que damos facémonos conscientes da grande diversidade e riqueza micolóxica que hai nos nosos montes, non queremos sabelo todo, pero tentaremos ir incorporando algunhas especies ao noso elenco e o mais importante, adestraremos a capacidade de observación para mellorar na precisión das nosas pesquisas para identificar os cogomelos que atopemos. Esta tarde tivemos a sorte de facer unha saida micolóxica acompañados por Alberto, un ávido coñecedor de cogumelos, que nos deixou impresionados, pola cantidade de especies que coñece e pola rapidez e precisión para identificalas.
E así aos poucos, nas prácticas fomos vendo as seguintes especies:
 1.- Otidea cochleata, sin. Otidea umbrina, "Orella de porco"
2.- Helvella crispa "orella de gato branca"
3.- Clavulina coraloides, sin Clavulina cristata
4.- Hydnum repandum "Lingua de vaca"
5.- Pellodon niger "Hidno negro"
6.- Cantarellus cibarius "Cantarela"
7.- Canterellus tubaeformis "Trompeta con pregamentos, angula de monte"
8.- Ganoderma lucidum "Pipa, reishi"
9.- Fistulina hepática "figado de boi"
10.- Amanita vaginata "Amanita estriada, cinsenta"
11.- Amanita gemmata
12.- Amanita citrina "Francesiña"
13.- Amanita muscaria "Brincabois"
14.- Amanita pantherina
15.-Amanita rubescens "Amanita do viño"
16.-Clitocybe gibba
17.- Clytocibe nebularis "Pardilla"
18.- Rhodocollybia butyracea, sin Collybia butyracea
19.- Laccaria ametistina
20.- Marasmius oreades "Sendeiriña"
21.-Tricholoma sulphureum "Tricoloma azufrado"
22.- Tricholoma columbetta "tortullo branco"
23.- Tricolomopsis rutilans "Tricoloma rutilante"
24.- Hypholoma fasciculare
25.- Hypholoma capnoides
26.- Russula cyanoxantha "carboneira"
27.- Lactarius vellereus " Pementeiro"
28.- Lactarius controversus "Perrazo rosado"
29.- Lactarius deliciosus "Fungo dos piñeiros, nízcaro, níscalo"
30.- Paxillus involutus
31.- Boletus reticulatus, sin Boletus aestivalis "Andoa de verán"
32.- Boletus aereus "Madeirudo"
33.- Boletus pinophilus , sin Boletus pinícola, "Boleto roxizo, Boleto dos piñeiros"
34.-Boletus erythropus "Andoa de pé bermello"
35.- Boletus edulis "Andoa"
36.- Boletus luridus
37.- Xerocomus badius "Andoa escura"
38.- Suillus bovinus "Andoa miuda"
39.- Suillus luteus "Andoa amarela, andoa anelada"
40.-Leccinum scabrum
41.- Leccinum auratiacum
42.- Scleroderma citrinum
43.- Lycoperdum perlatum "Peido de lobo"
44.- Cortinarius anserinus
45.- Macrolepiota procera "Cogordo, Choupín, Patamela, Chouparro, Zarrota"
46.- Agaricus campestris "Champiñón"
47.- Volvariella gloiocephala
48.- Calvatia utriformis
49.- Lactarius camphoratus
50.- Lactarius rufus
51.- Russula fragilis
52.- Amanitaexcelsa var. excelsa
53.- Mycena rosea
54.- Piptoporus betulinus "Yesquero do bidueiro"
55.- Lactarius turpis, sin Lactarius necator "Níscalo negro"
56.- Russula rosea, sin Russula lepida
57.- Cortinarius obtusus
58.- Paneolus sphinctrinus

29 oct. 2014

Prácticas nas Illas Cies en colaboración co Parque Nacional Illas Atlánticas


En días pasados, a finais de Outubro, participei  xunto con Marcos Velosos como profesora acompañante do grupo de 2º curso do Ciclo Superior de Xestión forestal e do medio natural do IES Cidade de Antioquía nunha estadía formativa nas Illas Cies (Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia)
Foron tres días intensos nun paraxe de singular beleza, un privilexio poder estar nas Cíes sin a aboraxine de xente que normalmente as visita na época estival e con bon tempo no Outono.

Realizamos tarefas de conservación do patrimonio natural asignadas e supervisadas polo persoal do Parque Nacional nas Illas Cíes, entre outros:
-Levantamento de planta forestal  (Quercus pyrenaica e Quercus suber) cultivada en terra
- Tallado da parte aérea e poda de raices
- Aviveirado en gabias para plantación posterior
- Acondicionamento de pequena parcela dedicada a viveiro de planta forestal
-Erradicación de flora invasora (Robinia pseudoacacia) con ferramentas manuais: tesouras poda, sachos, pulanskis,... e aplicación localizada de fitocidas
- Erradicación de especies invasoras (Acacia melanoxylon e Eucaliptus globulus) mediante abatemento con motoserra.
-Retirada e apilado dos restos da corta


Ademais deunos tempo para facer varios paseos pola illa, incluida visita nocturna ao faro, avistamento de aves e recoñecemento de especies vexetais, conversas cos traballadores do parque e os mais intrépidos desfrutaron longamente dos baños no mar.
Experiencia altamente recomendable.

25 oct. 2014

A foita prohibida, o maravilloso mundo dos fungos

Extracto do documental feito por Moving Art by Louie Schwartzbergt, no que Paul Stamets, experto micólogo, fala do importante papel que xogan os cogomelos na saude e supervivencia da terra e da especie humana. Para saber mais sobre o filme podes clickar no seguinte enlace www.fantasticfungi.net.

4 dic. 2013

Memoria verde


Como nosotros, los árboles recuerdan.
Pero ellos no olvidan: van formando anillos en el tronco, y de anillo en anillo van guardando su memoria.
Los anillos cuentan la historia de cada árbol y delatan su edad, que en algunos casos llega a los dos mil años; cuentan qué climas conoció, que inundaciones y sequias sufrió, y conservan las cicarices de los incendios, las plagas y los temblores de tierra que lo han atacado.
 Un día como hoy, un estudioso del tema, José Armando Boninsegna, recibió de los niños de una escuela argentina la mejor explicación posible:

-Los arbolitos van a la escuela y aprenden a escribir. ¿Donde escriben? En su panza ¿Y como escriben? Con anillos. Y eso se puede leer.

Fragmento de "Los Hijos de los días". Diciembre 4
Eduardo Galeano

29 nov. 2013

Mais barato plantar unha árbore que combater a erosión

 No seguinte enlace Ecocosas-experimento, podedes apreciar de forma moi ilustrativa nun experimento caseiro  a importancia da vexetación e as árbores para a saúde da terra, mostra como a vexetación contribúe a fixar o solo para previr a erosión e a perda de nutrintes.