28 feb 2011

7ª XORNADAS DE XARDINERIA DE GALICIA


O sábado pasado (19 de Febreiro) achegueime polas Xornadas de Xardinería de Galcicia en Ourense, tiven a sorte de poder escoitar unha ponencia de Carlos Magdalena sobre o seu traballo como propagador e conservador de especies tropicais no Kew Gardens de Londres, para quen non  saiba, imos por partes:
Esta foto deu a volta ao mundo

1º-  Carlos Magdalena é un xixonés que leva vivindo e traballando en Londres desde hai case unha década, mozo de mente activa, que soubo aproveitar a oportunidade de aprender e desenvolverse profesionalmente no mundillo da xardineria e horticultura nunha institución de recoñecido prestixio internacional como o Real xardín botánico de Londres.

A súa capacidade de observación, a súa tenacidade e dedicación levouno a acadar logros recoñecidos pola comunidade científica internacional, como foi o feito de conseguir propagar o "nenufar pigmeo de Ruanda " Nymphaea thermarun, unha especie singular, diminuto nenúfar de apenas 1 cm, extinto recentemente no seu hábitat natural, para afondar neste periplo pincha no seguinte enlace Nymphaea thermarum

  Outro dos seus logros foi conseguir propagar a Ramosmania rodriguesii "Café marrón", especie endémica da Illa Rodrigues (no océano Índico), da cal so quedaba un exemplar e por tanto ameazada e ao borde da desaparición, coa obtención desta planta conseguiuse reintroducir no seu hábitat natural centos de plantas de café marrón.
 
A súa charla nas xornadas de xardinería non deixou indiferentes aos que estabamos escoitando, quen é capaz de falar tan apaisonadamente e con tanto entusiasmo sobre o que fai, significa que desfruta inmensamente co traballo que realiza. Persoalmente, deume unha envexa terrible, creo que eu tamén disfrutaria nese traballo e non me importaria nada irme durante varios meses a facer prácticas de propagación vexetal ao Kew Gardens xunto con Carlos.

Un prazer telo escoitado, agardo que a súa valia profesional como conservador de especies en perigo de extinción teña o recoñecemento que merece,  tendo en conta que segundo algúns estudos afírmase que moitas especies vexetais do mundo están ameazadas de desaparición, sendo a actividade humana nun elevado porcentaxe a causa principal da súa desaparición.

Para saber mais sobre a traxectoria profesional de Carlos Magdalena, pincha aquí


2º.- O Kew Gardens, Real Xardín botánico de Londres, dun xardín exótico histórico pasou a ser un potente centro botánico de investigación onde centos de expertos dedícanse ao estudo da flora mais exótica, conta cun arboreto inmenso, alberga unha gran colección de especies, mais de 30.000 -plantas comúns, raras e exóticas- en 5 invernadoiros,  conta cun banco de xermoplasma o Millenium seed bank que atesoura a temperaturas baixo cero unha colección de sementes de especies procedentes de todo o mundo, un herbario, biblioteca, diferentes salas de exposición,... organiza ao longo do ano numerosas actividades, polo que sempre hai un motivo para visitalo

Actualmente o Kew Gardens está catalogado como patrimonio da humanidade pola UNESCO.




Para mais información sobre o xardín botánico de Londres,podes visitar o site oficial no seguinte enlace Kew Gardens,

 
Un consello, se algunha vez ides a Londres, non deixedes de visitar o Kew Gardens, seguro que non vos decepcionará.

20 feb 2011

ADIVIÑA DE QUE ESPECIE SE TRATA

Esta é a segunda adiviña. Deixovos a continuación varias pistas para que iniciedes a pesquisa, en breve, se ninguén acerta porei pistas novas, estade atentos/as.


O prazo para dar a resposta certa é o venres 4 de Marzo de 2.011.A resposta deberá ser escrita no apartado de comentarios desta entrada, de xeito que quede rexistrada a persoa que a fai, a data e a hora. Por suposto, e como na vez anterior,obterá a recompensa a primeira persoa que acerte.

1ª Pista:É un arbusto de 2-3m
2ª Pista: Orixinaria da Rexión Mediterránea coma a primeira especie do concurso
3ª Pista: En Galiza a súa distribución e escasa, practicamente restrinxida ao val do río Sil
4ª Pista: O seu froito é unha pequena drupa,ovoide ou globosa cando nova, tornándose apiculada na madurez, de cor negro-azulada. Ten 1 ou 2 sementes por froito
5ª Pista: As sementes desta especie, coas que traballamos no Instituto, foron recollidas por un ex-alumno na localidade de Oimbra
A especie en cuestión é a Phillirea angustifolia, aderno ou oliveiriña son o seu nome común. Como curiosidade contarvos, que cando trouxeron varias polas ao instituto cos seus froitos, chegamos a pensar que atoparamos unha nova variedade (xurdida de forma espontánea na localidade de As Chas- concello de Oimbra), posto que o normal e que os seus froitos sexan de cor negro azulada, algúns dos que trouxeron eran así, pero outras ramiñas tiñan os froitos glaucos (brancos). Os nosos coñecementos botánicos foron insuficientes para determinar a posibilidade do achádego, pero quen sabe? a natureza e caprichosa e a maioria das variedades xurden de forma espontánea e local.

Novamente Azu foi a pesquisadora mais intrépida e inxeniosa e por tanto a recompensa volta a ser para ela, ainda que Gabriel vaille pisando os talóns,  atentos á nova adiviña, en breve estará "colgada" no blogue.

ADIVIÑA DE QUE ESPECIE SE TRATA

A finalidade deste apartado é que a través dun concurso, profundicedes no coñecemento de especies vexetais presentes nos nosos montes, que de forma específica ou conxuntamente con outras constitúen ecosistemas de grande valor natural e ecolóxico.

A idea de propoñervos este reto, recollina do blogue para o alumnado de forestais do IES de Tomiño

A persoa que adiviñe de que especie se trata terá recompensa, xa concretaremos en clase cal é o premio.

O prazo para dar a resposta certa é o 23 de Febreiro de 2.011.A resposta deberá ser escrita no apartado de comentarios desta entrada, de xeito que quede rexistrada a persoa que a fai, a data e a hora. Por suposto, obterá a recompensa a primeira persoa que acerte.

Esta é a primeira adiviña. Deixovos a continuación varias pistas para que vaiades pesquisando, en breve, se ninguén acerta porei pistas novas, estade atentos/as.

1ª Pista:É un arbusto de 3 a 5m
2ª Pista: Orixinaria da Rexión Mediterránea
3ª Pista: Habita en solos preferentemente calcáreos
4ª Pista: O seu froito é unha pequena drupa, primeiro vermello e despois apardazado ou verde-azulado
5ª Pista: As sementes desta especie, coas que traballamos no Instituto en anos anteriores, foron recollidas por un ex-alumno nas proximidades do río Bibei

Como de momento ninguén se arriscou, vou dar novas pistas e a incluir outra fotografia (onde podedes apreciar as follas deste arbusto

6ª Pista: As follas son compostas, caedizas, alternas, con foliolos de cor verde que no Outono viran a carmín
7ª Pista: O nome desta especie fai alusión á presencia de trementina.

Azu, noraboa, acertaches, é o Pistachia terebinthus, nome común "Cornicabra" ou ·"terebinto", o nome de cornicabra fai referencia as agallas que o arbusto desenvolve ante a picadura dalgúns insectos, e terebinto á presencia de resina. Non é unha especie moi común no noso territorio, presente en determinados hábitats, a súa distribución en Galiza limítase o Val de Quiroga, Bibei chegando ate Montefurado.


16 feb 2011

A RESINA I

Nestes dias temos falado na clase sobre a resina e o seu aproveitamento, comezamos por cuestionarnos se o oficio de resineiro é un oficio a extinguir, xa que na actualidade son moi escasos os pinares sometidos a aproveitamento resineiro (Segovia, Soria, Ávila, Valladolid), en Galicia é mínimo, noutras comunidades como Castela León manténse por razóns sociais e porque supón ter man de obra no monte no verán o que  reduce a posibilidade de incendios. 


As nosas conclusións sobre o declive do sector da resina a pesar do déficit de substancias resinosas na  Unión Europea e da potencialidade produtora nalgunhas zonas da peninsula, foron as seguintes: a irregularidade dos prezos no mercado mundial, o encarecemento dos custes laborais nun proceso artesanal, aproveitamento de resinas  doutras especies en países con custes laborais mais baixos, a obtención de derivados resinosos "tall oil" e "augarrás ao sulfato" como subproduto da fabricación de papel a partir de especies resinosas e a utilización de derivados do petróleo como substitutivos do augarrás son as causas principais para modificar a tendencia  regresiva do sector da resina.
Deixovos o enlace a un documento bastante esclarecedor e que reflexiona sobre a necesidade de intervención no sector resineiro, tamén nos aporta información sobre as aplicacións da resina, as técnicas de extracción, silvicultura nos montes produtores, análise sobre a situación do sector, experiencias actuais,.., este documento está editado polo Cesefor (Centro de servizos e promoción forestal e da súa industria de Castela e León) "La resina, una herramienta para la conservación de nuestros pinares"

A seguir, enlace a unha cantiga que o cantor portugués Zeca Afonso dedicou aos resineiros, titualada Resineiro engraçado

15 feb 2011

A RESINA II: RESINACIÓN POR MEDIOS MECÁNICOS

Cesefor deseñou unha novedosa ferramenta de extracción de resina. O sistema basease en incorporar un cabezal especial nunha máquina de poda que permita aos resineiros obter a misma cantidade de resina coa mesma calidade realizando o traballo de xeito mais cómodo

A RESINACION III

No seguinte vídeo podedes ver a realización dunha variante do método de resinación de "Pica e cortiza", denominado "Método Rayón"

A NOVA ALDEA

A NOVA ALDEA é un documental feito a base de micro-historias relativas aos protagonistas e ás súas experiencias vivenciais de intervención no medio rural, desde as primeiras inquedanzas ate que os seus proxectos se afianzan, xente nova que marchou estudar e retornou con proxectos emprendedores vinculados ao sector agrario, respetuosos co medio. Proxectos que permiten replantexar na actualidade un novo hábitat rural, no que é posible vivir cunha dignidade social e económica real, contemplando o rural, coma un espazo onde é posible vivir unha vida moderna e de futuro.

Varias destas historias acontecen na nosa comarca, Eloi (no primeiro vídeo) é familiar dun dos vosos compañeiros de clase. Agardo que gostedes!!!

No documental A NOVA ALDEA contan a súa historia:

* Pilar, Eloi e Estrela (Pilar e Eloi Agricultores Biolóxicos)
* Marta, Carmela, Chusa e Xaquín (Granxa Maruxa e Milhulloa)
* Antonio e Rosa (Conservas Portomuiños)
* Xosé Luis e Nico (BioCoop)
* María, Manuel e familia (Labregos Daiquí)


TRABALLANDO CON MAPAS TOPOGRÁFICOS



Para complementar a información e os materiais cos que traballamos en clase este tema, atoparedes información sintética, clara  e facilmente comprensible sobre a interpretación de mapas topográficos consultando no seguinte enlace da páxina do Club excursionista acivro
http://acivro.blogspot.com/2009/05/cartografia-1-introduccion-un-mapa-es.html

13 feb 2011

ASTURFORESTA. FEIRA INTERNACIONAL FORESTAL


A Feria Internacional Forestal, Asturforesta, celebrase os días 16, 17 e 18 de Xuño de 2011, no Monte Armayán, Tineo, Asturies.
Asturforesta 2011, é a VIII Edición da Feira Forestal, a prensa califica este evento como “El Lugar de Encuentro del Sector Forestal en España y Portugal. Un líder consolidado”.

Asturforesta, punto de encontro do sector forestal, onde estará representada toda a cadea de produción forestal, ademais da madeira tamén teñen cabida nesta Feira os outros aproveitamentos, as novas tecnoloxías, a biomasa,...

Asturforesta en cifras

* 447 has de bosque de Pinus radiata e pinaster.
* Mais de 190 expositores e 15.000 visitantes profesionais.
* 45 has de exposición e demostración en condicións reais de traballo.

Imos aló???

Podedes atopar mais datos sobre este acontecemento, pinchando aquí

12 feb 2011

Plantando árbores

Este ano @s alumn@s do 1º e 2º Curso do Ciclo Medio de Traballos forestais e conservación do medio natural do IES Cidade de Antioquía colaboramos nunha actividade co departamento de bioloxia do IES Lagoa de Antela , integrada dentro do Proxecto “Recuperación de contornas naturais e reciclaxe de residuos rurais”, proxecto proposto e promovido polo CDR “O Viso”

Esta actividade pretende promover a concienciación sobre a problemática ocasionada polos incendios forestais, a destrucción do medio natural, o cambio climático e a necesidade de conservación da nosa contorna e preservación da biodiversidade.

O Obxectivo da saída e realizar un seguimento da plantación de especies autóctonas realizada en anos anteriores nunha zona queimada no ano 2006 no monte próximo a aldea de Candás, concello de Rairiz de Veiga, marqueo de árbores existentes, desbroce selectivo e unha pequena ampliación da zona repoboada: preparación de furados de plantación, plantación de árbores autóctonas obtidas no viveiro do centro no curso anterior, sementeira empregando bolas de arxila,...

Deixovos unhas cantas fotos desta actividade, queda pendente voltar algunha outra vez para continuar coas tarefas de desbroce

Achegándonos á micoloxía

No Outono, coincidindo co comenzo do curso, adentrámonos no mundo da micoloxía, tentando entender a súa complexidade e aprender a recoñecer algúns exemplares presentes nos nosos montes. Vímos os cogomelos en diapos, despois,usando guias, tentamos identificalos no laboratorio, e por último e cando xa dominabamos algunhas especies, saimos pola contorna do Instituto para recoñecelos en campo.

ANO INTERNACIONAL DAS FLORESTAS

A Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas, adoptou a Resolución A/RES/61/93 o 20 de Decembro, declarando o ano de 2011 como o Ano Internacional das Florestas.

O Ano Internacional das Florestas ten como principal obxectivo mobilizar a comunidade mundial para asegurar que as florestas son xestionadas de modo sustentável para as xeracións actuais e futuras.

Deixovos un vídeo onde a maxestuosidade das imaxes evocan a necesidade de respeito e protección das florestas, para que o que hoxe disfrutamos nós o poidan desfrutar as vindeiras xeracións.


Growing is Forever from Jesse Rosten on Vimeo.


O vídeo seguinte, é a outra cara da moeda, o expolio irracional das florestas, feito que acontece a diario ao longo do planeta.

Instalacións do sequeiro de Carballo

As imaxes que ides ver, correpóndense cunha visita didáctica realizada o curso pasado ás instalacións do sequeiro de Carballo (Xestionado pla Consellería de Medio Rural), podemos ver a secuenciación de operacións de limpeza, extracción e almacenaxe das sementes para a súa posterior utilización, así como as ferramentas e máquinas empregadas durante o proceso.
Algunhas destas sementes de especies autóctonas (érvedos, veriños, carballos, sobreiras, capudres, freixos, bidos,...) trouxémolas para o Instituto, e deron lugar as arboriñas que neste Outono plantamos no monte de Candás.