5 abr. 2011

Despedida do CM Forestais 2009-2011



Deixovos algúns dos momentos do voso paso pola escola, espero que gardedes algunhas boas lembranzas destes dous anos compartidos nos  módulos de produción de plantas e de instalacións agrarias. Durante este tempiño xuntos houbo bons e malos momentos, risas, cabreos, malos entendidos, bos entendementos,... pero finalmente entre todos/as fixemos un bo grupo, onde o compañeirismo e a amizade desbancou ós malos rollos e o traballo foise facendo, darvos as grazas, especialmente a aquelas persoas que coa súa creatividade, iniciativa, autonomia e boa disposición contribuiron coas súas ideas e aportacións a solucionar moitos dos imprevistos xurdidos durante as prácticas, permitíndonos a todos/as  aprender conxuntamente.

O curso rematou e... ata aquí chegamos!!!. Xa non teredes que escoitar mais a miña frase mítica "mans fora dos petos" durante a realización das tarefas.

Agora comenzades unha nova xeira complementando a vosa formación nos Centros de traballo, agardo que as oportunidades que teñades as aproveitedes ao máximo. Os meus mellores desexos para que a sorte vos acompañe na vida persoal e profisional. Xa sabedes onde estou se algunha vez precisades de min.

Grazas especiais a Maryan por permitirme piratear as súas fotos. Unha aperta grande para todos/as.

2 comentarios:

  1. o mellor grupo que me puido tocar e a mellor profesora...grazas a todos e a carmen por soportarme estes dous anos.unha preta para todos.angel.

    ResponderEliminar
  2. grazas Angel polo teu comentario, coma sempre tan cumplidor. xa sabes que agardo a convocatoria de Monçâo unha vez que estaexades instalados e centrados nas prácticas, ahh e tamén as fotos do Courel. Unha grande aperta

    ResponderEliminar

anotaciones