10 sept 2011

Presentación do Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia


A Sociedade Galega de Historia Natural, presenta en Ferrol o vindeiro Venres 16 de Setembro ás 20:30 h, no seu novo local "Casa do Coronel" na Praza de Canido, o recén ditado "ATLAS DOS ANFIBIOS E RÉPTILES DE GALICIA"

O Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia,  ven a ser unha actualización do primeiro Atlas de Vertebrados de Galicia referido aos nosos herpetos. A obra está composta por un limiar do presidente da S.G.H.N. Serafín González Prieto, unha introdución de Xosé Lois Rey Muñiz e Moisés Asensi Cabirta na que se especifica a metodoloxía do Atlas e unhas primeiras conclusións, un texto de Santi Bas López,  e finalmente os textos das catorce especies de anfibios e vinteseis de réptiles da nosa xeografía, realizados por Manuel Arzúa Piñeiro, Moisés Asensi Cabirta, César Ayres Fernández, Martiño Cabana Otero, Xabier Prieto Espiñeira e Xosé Lois Rey Muñiz.


Os textos das especies están estruturados en seis apartados: Distribución mundial; distribución en Galicia; comparativa co anterior Atlas; hábitat; poboación, ameazas e conservación; catalogación.
A representación está feita de tal forma que nun só mapa aparecen os datos do presente Atlas, os datos do Atlas anterior e os datos bibliográficos. (Fonte SGHN)

[+ info na web do SHNG na sección de Herpetoloxía]

No hay comentarios:

Publicar un comentario

anotaciones