12 feb. 2012

Parque transfronteirizo Xurés-Gerês



Durante case 3 días alumnos/as de 2ª do Ciclo Medio e Ciclo Superior de Forestais percorremos os trilhos do Parque trnasfronteirizo Xurés-Gerês, contamos cun guia excepcional, coñecedor a fondo deste espazo, o compañeiro Marcos.

Desvelounos moitos dos segredos que agochan estas terras, a súa historia, as súas lendas e contos, os costumes dos seus moradores, os seus hábitats, a súa xeomorfoloxia, a súa diversidade vexetal e animal, as súas paisaxes,..., en fin, un longo percorrido polo noso pasado próximo e remoto, a nosa herdanza cultural, facendonos imaxinar o sentido da existencia destes espazos e a adaptación dos moradores no proceso de coevolución co medio no que habitan.

Deixovos unha secuencia de fotografias dos percursos realizados ao noso paso por estas serras escarpadas nuns días xélidos do inverno de 2012.
Chivana
Desculpas, por se algunha quedou descolocada, pero foi un traballo inxente o ter que visionar e refundir mais de 300 fotos,  máis, na miña opinión o resultado foi óptimo, grazas aos intrepidos/as reporteiros/as por tan bon traballo.


 Esta reportaxe serviranos para rememorar as imaxes pegadas nas nosas retinas durante a nosa intensa estancia pelo Parque transfronteirizo Xurés-Gerês e darnos conta novamente da grandeza e beleza dos trilhos percorridos.
As fotografias foron cedidas polos/as seguintes reporteiros gráfico/as: Gabriel, Azucena, Rumbao, Amadeo e mais eu.

1 comentario:

  1. Por suposto, tamén nos valeu para coñecer os espazos de uso público, as infraestruturas de acollemento, os medios expositivos, diferentes modos de xestión dos espazos protexidos, avaliar as diferencias dun e outro lado da raia,...!!!

    ResponderEliminar

anotaciones