12 jun. 2013

Rebote: unha das situacións de risco grave no uso da motoserra


A causa do "rebote ou contragolpe" da motoserra é debido ó rozamento ou tropezo da zona superior da punta da espada con obxectos duros como troncos, polas, etc

Cando isto pasa, prodúcese un movemento moi violento e rápido, facendo retroceder a motoserra cara atrás e cara  arriba; podendo alcanzar algunha parte do corpo do/a motoserrista (cabeza, ombreiro, brazo ou man esquerda, ...) chegando a provocar lesións "mais que graves"


 

Medidas de prevención: ante todo moita PRECAUCIÓN durante a xornada de traballo con motoserra!!!!!

-En todo momento agarrar firmemente a motoserra coas dúas mans 
A motoserra debe serrar en plena aceleración.
-Vixiaremos a parte superior da punta da espada, procurando mentras cortamos, non rozar con ela troncos, gallas,etc.
- Si é necesario traballar coa parte superior da espada, evitaremos facelo co cuarto superior da punta
- Extremaremos as precaucións ó introducir a espada nun corte xa empezado
-Utilizaremos cadeas de seguridade con limitadores de profundidade, e coidando o correcto afiado da mesma. 
- En último caso disporemos da protección do freo automático da cadea

Nos seguintes vídeos podedes apreciar o descontrol da motoserra que se produce cando hai un rebote (Kickback é a palabra en inglés para chamar a un contragolpe ou rebote) e imaxinar as posibles consecuencias.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

anotaciones