10 oct. 2013

Recursos na web para identificación de árbores e características silvícolas

Foto: J.Ramón Garcia
Esta fin de semana, mentras preparaba materiais de aula, en concreto as Fichas de identificación botánica de especies forestais presentes na provincia de Ourense, atopeime cunha páxina web que sirve de apoio gráfico e documental para adestrarse na identificación de especies arbóreas, podedes consultala no seguinte enlace:
Árboles Ibéricos nesta páxina recóllense agrupadas por xéneros a decsripción das características botánicas de árbores autóctonas e de cultivo frecuente no medio natural en España, Portugal e Andorra, acompañadas de fotos, nalgún caso espectaculares. En breve terán dispoñible unha aplicación para descargar no móbil.
Ademais, contan cunha aplicación  que permite acceder á descripción de xéneros, especies e fotos de orquideas silvestres e autóctonas da Peninsula ibérica, podedes acceder para descargala pinchando no seguinte enlace:Orquideas Ibéricas


Para o alumnado de segundo que está elaborando a táboa de características silvícolas de diversas especies forestais, ademais das Fichas de Serrada Hierro (que podedes descargar na páxina web de apuntes), podedes consultar as páxinas:
Wikisilva, espazo desarrollado pola Aula de silvicultura da Escola de Enxeñeria Forestal de Pontevedra (Universidade de Vigo)
Agrobyte- centro de recursos telemáticos, no apartado de publicacións atoparedes manuais de silvicultura de diversas especies forestais, este espazo foi desenvolto pola Universidade de Santiago de Compostela

No hay comentarios:

Publicar un comentario

anotaciones