9 mar 2011

ADIVIÑA DE QUE ESPECIE SE TRATA_4

Esta é a cuarta adiviña.  As pistas para guiar a vosa pesquisa son as seguintes
Coloración no Outono

1ª Pista:É un arbusto que acada entre 2-4 m e pode semellar unha árbore
2ª Pista: Orixinaria de Europa, norte e oeste de Asia
3ª Pista: En Galiza é frecuente ainda que non moi abondosa na parte oriental. Habita nas sebes, bosques caducifolios e marxes de ríos
4ª Pista: Follas caedizas, simples, opostas, enteiras, acuminadas no ápice, base mais ou menos arredondada, no Outono toman unha coloración avermellada.


5ª Pista: Flores hermafroditas, pequenas, caliz con sépalos soldados, corola con catro pétalos brancos, 4 estames, ovario ínfero. As flores aparecen agrupadas en inflorescencias que saen do extremo das polas.
6ª Pista: No viveiro do Instituto ainda queda algún exemplar deste arbusto.
7ª Pista: Emprégase para a fabricación de mangos de ferramentas e como ornamental, as polas tamén son empregadas en cestería
O prazo para dar a resposta certa é o mércores 16 de Marzo de 2.011.Coma sempre a resposta deberá ser escrita no apartado de comentarios desta entrada, de xeito que quede rexistrada a persoa que a fai, a data e a hora. Por suposto, obterá a recompensa a primeira persoa que acerte.

4 comentarios:

  1. Sambucus nigra Sabugheiro (Saúco)
    Alejandro herrera garcía

    ResponderEliminar
  2. Pois non, sigue intentando!!!! o sabugueiro é unha especie superfrecuente e esta non tanto

    ResponderEliminar
  3. Penso que é o Sangomiño ou Cornus sanguinea; todo encaixa.
    Gabi.

    ResponderEliminar
  4. Correcto!!! é o Cornus sanguinea, como chegaches a concluir que era esta especie?????

    ResponderEliminar

anotaciones