.
Detalle follas |
2ª Pista: Orixinaria de Europa
3ª Pista: En Galiza ten unha ampla distribución. Frecuente en sebes e fragas húmidas, gústanlle os terreos ácidos.
![]() |
Sementes e restos dos froitos |
A forma do seu foito é característico das especies que pertencen o mesmo xénero, os froitos maduran ao final do verán e teñen un sabor amargo.
5ª Pista: No viveiro do Instituto ainda quedan algúns exemplares desta arboriña.
6ª Pista: Emprégase para enxertar foiteiras de pebide
O prazo para dar a resposta certa é o venres 11 de Marzo de 2.011.Coma sempre a resposta deberá ser escrita no apartado de comentarios desta entrada, de xeito que quede rexistrada a persoa que a fai, a data e a hora. Por suposto, obterá a recompensa a primeira persoa que acerte.

Gabriel, moi ben, que rapidez!!!, está vez a recompensa é para ti, conseguiches pasarlle a dianteira a Azu, je, je. A especie en cuestión é Pyrus cordata, coñecida como "pereira brava", ás veces confundida con Pyrus piraster, ainda que os seus froitos son mais pequenos. Estades resultando moi bos pesquisadores, non me déchedes tempo a incluir novas fotos. Deixovos unha, na que o parecido dos froitos cos da pereira, de seguro ían orientarvos.
Boas! Son Gabi, penso que é o Pyrus cordata ou Pereira brava. A ver se desta vai... ^_^
ResponderEliminarok, desta vez pasácheslle a dianteira a Azu, no próximo exame terás a túa recompensa
ResponderEliminar