Rematou o curso .... e logo comenza outro. Proposta para o final do verán: Serra do Courel.
Durante o curso, algúns tivestes a oportunidade de coñecer a serra do Courel, eu, nas vacacións de Semana Santa tamén andiven por estas fermosas terras, para os/as que non fostes á excursión vou aportar algunha información, agardo que así vos pique a curiosidade de percorrer in situ O Courel como proposta para o final do verán (para aqueles/as aos que non vos toque traballar), pois, estou certa que superará con creces as vosas expectativas se queredes gozar de natureza vizosa.
Pincheira Vieiros |
A Serra do Courel está situada no Suroeste da provincia de Lugo. No Courel a vexetación responde a unhas condicións climatolóxicas nas que conflúen os ambientes atlántico e mediterráneo.
Nas ladeiras abruptas dos cordais montañosos, habitualmente orientadas ao Norte, xurden as "devesas", a de mais sona é "A devesa da Rogueira" situada na ladeira norte do pico Formigueiros.
A ubicación en ladeiras moi encostada conleva á estratificación de especies vexetais acordes á altitude, existindo unha gradación que vai desde os soutos de castiñeiros e diversas especies herbáceas nos lameiros da aldea de Moreda ate diferentes especies arboreas e arbustivas como: Aciñeiras, Faias, Carballos, Rebolos, Pradairos, Bidos, Avelairas, Freixos, Teixos, Acivros, Capudres, Érvedos, Arandos,.... A humidade proveniente de numerosos regatos que atravesan a devesa é unha constante, este espazo da acobillo e alimento a variada fauna.
No alto a "Fonte do cervo", dunha mesma rocha dous manantiais próximos entre si verten augas con características e propiedades diferentes: un deles auga calcárea e o outro auga ferruxinosa, as propiedades curativas destas augas gozan de boa fama nas xentes das aldeas próximas.
Cinco ríos discorren polo Courel: Lor, Pequeno, Ferreiros, Selmo e Soldón.
A diversidade de fauna que podemos atopar no Courel está vencellada á diversidade de vexetación, paisaxes e ecosistemas agro-florestais, existindo mais de 160 especies de vertebrados: xabarín, corzo, lobo, a marta, garduña, lagarto ocelado, miñato, aguia culebreira, bufo real, bubelas, papamoscas, alondras,.... No seguinte enlace "Paxaradas.blogspot" podedes visualizar imaxes das diferentes especies da fauna que habita no Courel
Alcouves de Xan do Vilar |
Museo etnográfico na ladea do Vilar: Serra de aire |
No seguinte enlace , un vídeo demostrativo do uso da serra de aire , foi grabado durante a festa da serra de aire no pobo de Ferreirós de abaixo

Mostra dalgunhas desfeitas no Courel no seguinte vídeo, correpóndese co programa do "Escarabajo verde": O Courel sale a la pizarra. PARTE 1