
"A cestería é a arte de trenzar fibras vexetais co obxecto de confeccionar recipientes para o transporte, almacenamento ou conservación ", na actualidade tamén con outros usos: decorativos, integrada como solución natural, sostenible e funcional en propostas urbanísticas, paisaxísticas, arquitectónicas e de interiorismo,...
O Sábado pola tarde realizamos unha "Visita guiada de botánica e arqueoloxía", a parte da visita botánica
foi guiada polos cesteiros Idoia Cuesta e Toño de Lobeira, con eles pudemos ver a plantación de vimbios cultivados de diferentes especies de salgueiros empregados como materia prima na cesteria de varas: Salix viminalis, Salis trianda, Salix salvifolia, Salix alba,... explicaronos as características e cualidades de cada unha das especies, a continuación realizamos un percorrido na calurosa tarde baixo a sombra amable de soutos e carballeiras polo monte da contorna para coñecer in situ os recursos botánicos cesteables presentes: avelairas, cerdeiras, silveiras, sangriños, carballos, castiñeiros,...
Idoia Cuesta é autora do libro " Guía de las plantas cesteables de Galicia" editado polo Centro de Artesania e Deseño-INLUDES e Deputación provincial de Lugo.
No fin do traxecto David Pérez falounos da reexcavación arqueolóxica no castro de Armea e Adolfo Fernández (Laboratorio de arqueoloxía da Universidade de Vigo) das excavacións realizadas no conxunto rupestre do monte señoriño nas proximidades do castro.
No Domingo, a xornada dedicouse aos "Novos cesteiros/as" formados na súa maioria na Escola de cesteria municipal ubicada na aldea de Santa Mariña, durante todo o día, desde as primeiras horas da mañá poidemos ver unha demostración de cesteria en vivo, na que se elaboraron: sebes vivas e árbores de vimbio, un cabaceiro de varas, unha grade de corres e diferentes cestos empregando técnicas variadas da cesteria: de madeira fendida, de varas, mixtos, de colmo,...
Así mesmo, diferentes artesáns amosaron as súas creacións, participaron:
Mª Isabel Torres,elaboración de sombreiros de palla, polainas e corozas de xunco, Mazaricos, A Coruña
Carliños Gonzalez, Cesteria de vimbios, O Courel, Lugo.
Mª Jesus Labrador, cestría creativa, Ourense
Francisco Valle, Cesteria de xesta e palla, Vilardevós, Ourense
Toño González, Mestre da escola de cesteria de Allariz
Alumnos/as da escola de cestería, demostracións de: cesteria viva, creativa, de madeira fendida, de vimbio, de colmo, mixta,
Durante toda a xornada, os máis pequenos puderon iniciarse no mundo da cestería no obradoiro infantil de cestería dirixido por Mª Jesus Labrador.
Nas seguintes fotografias podedes apreciar algúns dos máxicos momentos da xornada:
A Escola de cestería de Santa Mariña, conta con 3 anos de andaina na recuperación da tradición artesanal da zona e na formación de novos artesáns, nela, exíbese de forma permanente unha mostra da cestería de Galicia e Norte de Portugal cunha ampla representación de pezas, ademais impártense cursos de formación nos niveis de iniciación e perfeccionamento de cesteria de vimbio, cesteria de madeira fendida, de colmo, mixta,.., obradoiros infantiles de iniciación á cesteria.
Non deixedes de visitala!!!
" O Monte é algo mais cun conxunto de árbores, e polo tanto temos que descubrilo desde outras olladas,...., A multifuncionalidade pasa a ser a ferramenta básica para poder acadar un manexo sostible do monte e unir pasado, presente e futuro" (Xabier Bruña Garcia) .
Falar de multifuncionalidade do monte conleva recoñecer a multitude de produtos e servizos que o monte pode fornecer, entre eles o patrimonio arqueolóxico, cultural e histórico que compre valorizar para que estes elementos non pasen desapercibidos á sociedade, xa que son anacos da nosa cultura
•
Parabéns ao Concello de Allariz por recoñecer o patrimonio cultural e arqueolóxico do monte como posibilitador de dinamización socioeconómica do territorio, porque é un bon camiño para unha xestión integral dos nosos montes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
anotaciones