15 nov. 2012

Outono de cogomelos

Este Outono está sendo farturento para os/as afeccionados aos cogomelos, nos Montes do Invernadeiro poidemos ver moitas das especies que xa coñeciamos e algunha mais das que non tiñamos visto en campo.

Para os que queirades profundizar no apaixonante mundo dos cogomelos, adiantovos dúas novidades que poden ser de interese:

- Para iniciarse na idetificación de cogomelos no campo e se ainda non tedes unha guia de cogomelos, está dispoñible unha aplicación gratuita para  teléfonos móbiles con sistema operativo Android consistente nunha Clave dicotómica para identificar cogomelos chamada MicoKey, comprende as 255 especies máis comúns de Galicia, incluindo fichas con imaxe e datos de aproximadamente cen especies, podedes atopar mais información no seguinte enlace MicoKey

-Este Domingo 21 de Novembro a asociación micolóxica os Cogordos, como colofón da XII Semana micolóxica ourensá, organiza unha exposición de cogomelos no Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal) que podedes visitar durante todo o día

No hay comentarios:

Publicar un comentario

anotaciones