9 feb 2015

EN TODAS AS MANS: Proxecto audiovisual sobre os montes veciñais en mancomún

 " En todas as mans" é un documental galego que pon valor a figura dos montes comunais e as comuneiras e comuneiros de Galiza. É o primeiro proxecto audiovisual que ten como obxectivo principal trasladar ao público xeral a importancia da existencia desta figura singular de propiedade que só existen en Galiza e  Portugal, e que se adquire só spola veciñanza no rural. "

Os montes veciñais en mancomún son formas de titularidade de orixe xurídica xermánica. Fronte a propiedade pública ou privada, que teñen orixe xurídica romana, este xeito de xestionar o territorio non supón ser propietario, senón usufructuario, dereito de uso e xestión. O monte veciñal non se pode vender, nen parcelar.
Na actualidade, a forma do veciñal existe no territorio galego e no norte de Portugal. Galiza conta con aproximadamente 3000 comunidades de montes en mancomún, que xestionan perto de 700.000 ha de territorio galego, o que representa case 0 25 % da superficie do país.
Esta forma de titularidade comunitaria asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio, e fai parte do patrimonio cultural galego.

A produtora Trespés Cooperativa está a realizar un documental que pretende mostrar o mundo do monte veciñal, unha realidade próxima, escasamente coñecida e pouco valorada pola sociedade galega. Queren sinalar as potencialidades que ten como ferramenta válida para a xestión e custodia do territorio próximo, sinalar a titularidade comunitaria como un elemento que fai parte do patrimonio cultural galego,  como recoñecemento para as persoas que conforman as comunidades de montes, os comuneiros e comuneiras.
Deixovos o Teaser do documental, decirvos que esta iniciativa estase financiando en parte a traves de Crowdfunding, animaste a colaborar??? Próxima estrea en abril


En todas as mans from trespes on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

anotaciones