18 feb. 2015

Equipos e técnicas de gabeo para traballos en altura nas árbores

Foto: Pacheco
Alumnos/as de 1º e 2º do Ciclo Medio de Aproveitamentos e conservación do medio natural dedicamoslle en varias xornadas intensivas unhas cantas horas a realizar prácticas para iniciarse no coñecemento e adestramento dalgunhas das técnicas de gabeo que se empregan para a poda en altura,  recollida de froitos e sementes e apeos controlados por toradas.

Xabier Loureiro

Contamos para guiar esta actividade con Xabier Loureiro Vasques, compañeiro docente de FP, especialista en tecnicas de traballo en altura nas árbores, cunha ampla bagaxe na impartición de actividades formativas neste tema. Xabier, deunos varios consellos, que son extensibles a calquera outra aprendizaxe, pero neste caso particular e necesario interiorizalos e aplicalos sistematicamente debido a que é unha actividade que entraña grandes riscos e require de certas cualidades físicas e habilidades que ainda non temos adquiridas.
 As súas recomendacións foron: Traballade con cabeza e sede prudentes, pacientes e perseverantes no voso adestramento. As destrezas e habilidades adquirense e melloranse co tempo, case nunca veñen de fábrica.

A técnica de gabeo necesita dun procedemento riguroso: revisión do equipo, inspección e valoración pre-gabeo, instalación da corda de gabeo, ascenso, instalación de segundo ponto de ancoraxe, desprazamentos na copa e descenso.

O equipo básico empregado, foi:
-Hondiña ou saco de lanzar
-Xisga: Cordino fino para lanzar hondiña
-Salvaponlas ou salvacambium
-Corda de trepa trenzada de 13 mm
-Corda multiuso de 10,5 mm, para nós de fricción  (Blake) e eslinga de seguranza
-Descensor en oito con orellas
-Arnés
-Maillón ventral, conector con peche roscado nos dous extremos
-Mosquetóns (autoblocantes, de gran abertura tipo HMS de bloqueo manual con rosca, de gran abertura de bloqueo automático e desbloqueo rápido, asimétrico con peche de bola e bloqueo automático,..)
-Capacete de seguranza
-Luvas de coiro
-Botas de media cana con bo agarre
-Eslinga seguridade ou posicionamento na árbore
- Outros elementos empregados: bloqueador ventral (croll), cinta de arnés para bloqueador ventral, descensor ID, puño e pedal, aneis cosidos, cinta expres, poleas, freo, eslinga de seguranza con núcleo de aceiro, eslinga porta motoserra, serrotes, motoserra, pantalón anticorte,...)


As técnicas de trepa: Presa de pé (pisando cun pé a volta da corda contra o empeine do outro pé, ascensión con impulso corporal (movemento de cadeira), con bloqueo de nó Blake







Nó Blake
 Os nós aprendidos:
Nó Blake, autoblocante, que costa afloxar unha vez sometido a tensión, empregado para a ascensión pola corda e para o descenso
As de guia simple e As de guia con doble volta de cabo, oito dobre, nó de pescador,  para anclar os conectores ou outros elementos; no de tecedor para o ascenso dunha segunda corda, ballestrinque, descenso de toradas, ballestrinque en gaza con varias voltas para a instalzción da corda de gabeo, nó para atar a xisga.


Para os que gostarades dos traballos de poda en altura e queirades profundizar un pouco mais, recoméndovos que visitedes os seguintes enlaces, a páxina da Asociación Española de Arboricultura y a empresa Poda Vega, especialista en traballos e materiais de trepa. Podadoresenacción, Asociación grimpacat, asociación trepanet

 Aquí vos deixo unha pequena mostra do que  fixemos durante estes días:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

anotaciones