10 feb. 2016

Lexislación apícola, palestra iniciación a apicultura

Como calquera outra actividade agrogandeira, a apicultura non está exenta de regulamentación, podedes consultar nos seguintes enlaces a lexislación sectorial vixente aplicable ás explotacións apícolas, así como ás axudas específicas á apicultura na Comunidade autónoma galega.

Lexislación Europea:

REGLAMENTO CE 797/2004 do Consello do 26 de Abril de 2004 relativo ás medidas destinadas a mellorar as condicións de produción e comercialización  dos produtos apícolas
REGLAMENTO CE 917/2004 da Comisión do 29 de abril de 2004 polo que se establecen as disposicións de aplicación do Reglamento CE 797/2004 do Consello relativo ás medidas no sector da apicultura
REGLAMENTO (CE)  811/2007 da Comisión do 11 de Xullo de 2007 que modifica o Reglamento (CE) no 917/2004.



 Lexislación estatal:

-Lei 8/2003 de sanidade animal

- Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.
Establécense, entre outros as seguintes definicións:
 
Enxamio: colonia de abellas produtoras de mel (Apis mellifera)
Colmea: enxamio + recipiente + elementos necesarios.
Tipos de Colmeas:
– Fixista: panais fixos e inseparables do recipiente
– Movilista: panais móviles (Cadros).
Asentamento: lugar onde se instala un colmear para aproveitamento da flora ou para pasar a invernaxe
Colmear: conxunto de colmeas, pertencentes a un ou varios titulares e que se encontren nun mesmo asentamento.
Colmear abandonado: >50 % das colmeas mortas.
Colmea morta: evidencia  de falta de actividade biolóxica dos seus elementos vivos

(modificado por RD 448/2005 ):
Explotación: calquera instalación, construción ou lugar nos que se teñan, críen, manexen ou se expoñan ópúblico abellas productoras de mel cuias colmeas atópense repartidas nun ou varios colmeares.
Tipos de Explotación (segundo manexo):
Estantes: permanecen todo o ano nun mesmo asentamento.
Trashumantes: desprázanse a outros asentamentos.
Tipos de Explotación (segundo o tamaño):
Profesional: >150 colmeas.
No profesional: <150 colmeas.
Autoconsumo: destino exclusivo consumo familiar (<15 colmeas)
Titular de explotación : persoa física ou xurídica que exerce a actividade apícola e asume a responsabilidade e riscoss inherentes á xestión da mesma
Debe rexistrarse desde a primeira colmea.

(mod. por RD 448/2005 e 608/2006 )
CLASIFICACIÓN ZOOTÉCNICA:
Produción (PD): dedicadas á produción de mel e outros produtos apícolas
Seleción e cría (SC): dedicadas á cría e selección de abellas
Polinización (PZ): actividade principal polinización de cultivos agrícolas
Mixtas (MX) : alternan con similar importancia algunhas das clasificacións anteriores
– Outras (OT)
• Identificación: Cada colmea, en sitio visible e de forma lexible, cunha marca indeleble, na que constará o código único para cada explotación
• Ademais cada explotación terá un código REGA
• As colmeas que se incorporen por substitución ou ampliación identificaranse.

- Real decreto 448/2005 modifica o RD 2009/2002

- Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de Explotacións gandeiras. (REGA)

- Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel (anexo II foi modificado pola Orde APA/735/2008).

- Orden ARM/2605/2011 pola que se definen as explotacións, animais e producións asegurables, as condicións técnicas mínimas de explotación e manexo,...

Lexislación autonómica:

É obxecto deste decreto:

a) A creación do Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (RGEAP)
b) A determinación dos requisitos do libro de explotación apícola. Toda persoa titular de explotación apícola deberá ter un libro CEAT (Caderno de explotación apícola e trashumancia), facilitado polo servizo veterinario oficial

Tamén é obxecto deste decreto regular:
a) A codificación do sistema de identificación das colmeas.
b) Os asentamentos apícolas nas explotacións de autoconsumo.
c) O establecemento de requisitos adicionais para a realización da transhumancia na comunidade autónoma.
d) A determinación das actuacións sanitarias na loita contra a varroa.

Este decreto será de aplicación a todas as explotacións apícolas de Galicia, así como aos asentamentos de explotacións que realizan a transhumancia nesta comunidade.

Para os efectos do establecido neste decreto, serán de aplicación as definicións establecidas no artigo 2 do Real decreto 209/2002,coas modificacións introducidas polo Real decreto 448/2005. Citadas anteriormente

Ademais, establécense as seguintes definicións unicamente para os efectos do disposto neste decreto:

Vivenda rural habitada: aquela vivenda que estea permanente ou periodicamente habitada e situada nunha área rural.
Camiño veciñal: as vías de comunicación de dominio e uso público, destinadas basicamente ao servizo de vivendas e explotacións e instalacións agropecuarias, e que, por non reunir as características técnicas e requisitos para o tráfico xeral de vehículos automóbiles, non se poidan clasificar como estradas.
Pista forestal: aquela que dá acceso a terreos forestais no treito que discorre por solo rústico de uso forestal.
Núcleo de poboación: conxunto de 5 ou máis vivendas xeograficamente conxuntas conformando rúas, prazas ou vías urbanas.

Integrado no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) , créase o Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (Rgeap), no cal figurarán inscritas a totalidade das explotacións apícolas da Comunidade Autónoma de Galicia.

 Trámites para inscribirse no Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (RGEAP):

• Formulario de solicitude, declaración de Asentamentos, pago de tasa correspondente
• Solicitude na OAC (Oficina agraria comarcal)  do domicio fiscal do/a abelleiro/a
• Resolución do Departamento Territorial nun prazo máximo de 3 meses. Asignación do código.
• Obriga de comunicar cambios (< 1 m) excepto:
– Variación censais
– Coordenadas xeográficas
• Obriga de censado anual. Antes do 1 de Marzo de cada ano, declaración de colmeas a 31 de decembro do ano anterior.
Axudas á apicultura para o ano 2016:


Poderán ser beneficiarios aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención destas axudas estar inscrito no Rexistro oficial apícola da comunidade autónoma, polo menos con anterioridade ó primeiro de xaneiro do ano 2015.

Os requisitos a cumprir serán:
a) Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.
b) Ser titulares dunha explotación con máis de 50 colmeas, se solicitan axuda para realizar a transhumancia.
c) Ter realizada a declaración censual anual referida ao ano 2015.
d) Realizar polo menos un tratamento ó ano fronte á varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.

O prazo de presentación da solicitude remata o 4 de xaneiro de 2016.
Poden solicitar estas axudas os/as abelleiros/as e as asociacións, os/as abelleiros/as poden solicitar a liña de trashumancia e as asociacións a liña de control da varroa e tamén de formación e publicación.

O plan apícola desde o ano 2011esixe dispoñer dun seguro de responsabilidade civil.


Palestra iniciación á actividade apícola: 

O  pasado venres 29 de Xaneiro houbo unha charla de introdución á apicultura "O mundo das abellas e a actividade apícola", contamos coa presencia de Román Cid Álvarez, experimentado abelleiro cunha longa traxectoria profesional , foi membro da comisión da redacción das normas do Consello Regulador de Mel de Galicia, becario durante 2 anos no Departamento de Apicultura do INORDE , participou como membro do xurado de Cata de mel na Feira Agrícola de D. Benito, Badaxoz , na actualidade é o presidente da Asociación apícola Abellas nais, ten impartido cursos de iniciación á apicultura para novos/as apicultores profesioanis en varios concellos e numerosas charlas por toda a xeografia galega, Zamora e algunhas localidades portuguesas..
 

 Falounos sobre:
-A bioloxia dos habitantes da colmea
-Condicións para ubicar o colmear
-Calendario de manexo das colmeas para a obtención de produtos apícolas: mel, pole, propóleos, xalea, cera
- Principais enimigos das colmeas, técnicas de control, mención especial da Avespa asiática Vespa velutina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

anotaciones