O sábado pasado (19 de Febreiro) achegueime polas Xornadas de Xardinería de Galcicia en Ourense, tiven a sorte de poder escoitar unha ponencia de Carlos Magdalena sobre o seu traballo como propagador e conservador de especies tropicais no Kew Gardens de Londres, para quen non saiba, imos por partes:
![]() |
Esta foto deu a volta ao mundo |
1º- Carlos Magdalena é un xixonés que leva vivindo e traballando en Londres desde hai case unha década, mozo de mente activa, que soubo aproveitar a oportunidade de aprender e desenvolverse profesionalmente no mundillo da xardineria e horticultura nunha institución de recoñecido prestixio internacional como o Real xardín botánico de Londres.
A súa capacidade de observación, a súa tenacidade e dedicación levouno a acadar logros recoñecidos pola comunidade científica internacional, como foi o feito de conseguir propagar o "nenufar pigmeo de Ruanda " Nymphaea thermarun, unha especie singular, diminuto nenúfar de apenas 1 cm, extinto recentemente no seu hábitat natural, para afondar neste periplo pincha no seguinte enlace Nymphaea thermarum

A súa charla nas xornadas de xardinería non deixou indiferentes aos que estabamos escoitando, quen é capaz de falar tan apaisonadamente e con tanto entusiasmo sobre o que fai, significa que desfruta inmensamente co traballo que realiza. Persoalmente, deume unha envexa terrible, creo que eu tamén disfrutaria nese traballo e non me importaria nada irme durante varios meses a facer prácticas de propagación vexetal ao Kew Gardens xunto con Carlos.
Un prazer telo escoitado, agardo que a súa valia profesional como conservador de especies en perigo de extinción teña o recoñecemento que merece, tendo en conta que segundo algúns estudos afírmase que moitas especies vexetais do mundo están ameazadas de desaparición, sendo a actividade humana nun elevado porcentaxe a causa principal da súa desaparición.
Para saber mais sobre a traxectoria profesional de Carlos Magdalena, pincha aquí


Actualmente o Kew Gardens está catalogado como patrimonio da humanidade pola UNESCO.

Para mais información sobre o xardín botánico de Londres,podes visitar o site oficial no seguinte enlace Kew Gardens,
Un consello, se algunha vez ides a Londres, non deixedes de visitar o Kew Gardens, seguro que non vos decepcionará.
Moi boa a charla que nos deu Carlos Magdalena. O mellor de todo é que constatou dunha maneira moi sutil que detrás dun xardín botánico ten que haber unha labor de investigación, dotada de persoal e fondos. Non é, como pensan os políticos nesta terra, un parque con moitas especies, que unha vez plantadas xa queda feita a labor. Aínda temos moito que aprender...
ResponderEliminarCanta razóns tes, é difícil desterrar esas ideas, a foto fixa deses proxectos non dura mais do que dura a noticia, en consecuencia "efímera" e normalmente é o que mais lle interesa os/as políticos/as. Mais os/as políticos/as, que non teñen porqué saber de todo, son quen de deixarse asesorar por persoas expertas, que son as que mais poden influir no cambio de percepción e proxección dos proxectos dese tipo.
ResponderEliminar