12 sept. 2012

III Encontro de cesteiros/as. Santa Mariña.



Despois dun parón prolongado deste blogue, voltámos á actividade co inicio do curso, e para ir abrindo boca vouvos comentar un acontecemento do que gocei neste mes de Agosto e que ten que ver con algúns dos posibles aproveitamentos do monte. Recomendo non perder en próximas edicións e agardo que esta inicitiva siga gozando de boa saude!!



"A cestería é a arte de trenzar fibras vexetais co obxecto de confeccionar recipientes para o transporte, almacenamento ou conservación ", na actualidade tamén con outros usos: decorativos, integrada como solución natural, sostenible e funcional en propostas urbanísticas, paisaxísticas, arquitectónicas e de interiorismo,...e por suposto artísticas (como podedes apreciar na fotografía)


Na segunda fin de semana de Agosto, celebrouse novamente na aldea de Santa Mariña de Augas Santas, Allariz o III Encontro de Cesteiros, dedicado nesta edición aos oficios complementarios: carpintería e forxa, necesarios na construción de ferramentas para cestear.
Tiven a sorte de pasearme por este fermoso lugar onde a tradición e a modernidade conviven á volta da cestería.


Toño de Lobeira, "O Cesteiro",  investigador, recuperador  e difusor da cestería tradicional, na actualidade mestre da escola de cestería de Santa Mariña, xunto co concello de Allariz é o artífice deste encontro. A escola de cestería de Santa Mariña, conta con varios anos de andaina na recuperación da tradición artesanal  da zona e na formación de novos artesáns,  de forma permanente exíbese unha mostra da cestería de  Galicia e  Norte de Portugal cunha ampla representación de pezas, ademais impártense cursos de formación nos niveis de iniciación e perfeccionamento de cesteria de vimbio, cesteria de madeira fendida, de colmo, mixta,.., obradoiros infantiles de iniciación á cesteria, que paga a pena visitar.

O Sábado pola tarde Antonio Leonardo Platón, coleccionista,  investigador e docente da Universidade de Salamanca  fixo unha palestra sobre  "A cestería en palla de ceneto", actividade realizada maioritariamente por mulleres e prácticamente esquecida na actualidade. Durante todo o mes de Agosto expuséronse na escola de cesteria de Santa Mariña unha treintena de pezas representativas desta modalidade de cestería, realizadas por mulleres da Comunidade de Castela e León.


Tamén durante a xornada da tarde do Sábado David Pérez falounos da reexcavación arqueolóxica no castro de Armea e puidemos ver in situ os avances dos traballos realizados e Adolfo Fernández  (Laboratorio de arqueoloxía da Universidade de Vigo) das excavacións  no conxunto rupestre do monte señoriño nas proximidades do castro.


No Domingo, desde as primeiras horas da mañá pudemos ver por parte do alumnado da escola de cestería unha demostración de cesteria en vivo, na que se elaboraron: sebes vivas e árbores de vimbio, un cabaceiro de varas e diferentes cestos empregando técnicas variadas da cesteria: de madeira fendida, de varas, mixtos, de colmo,...Así mesmo, diferentes artesáns amosaron e puseron á venda as súas creacións e houbo demostración en vivo de forxa e carpintería.


3 comentarios:

  1. aquí non tiña k poner algo sobre os vimbios???
    busquei una foto e esa foto tiña un enlace e supoñiase k tiña k aparece información sobre o vimbio.
    se non a tedes non estariá mal k a poñades:)
    se ferin a alguen;sintoo por el pero e k é verdade

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. a ver eske se pon una fotoo dun vimbio e hai un enlace para ir a una páxina supoñiase k debía de aparecer información sobre ese arbusto,on??eu creo k si.......
      son a mesma persona

      Eliminar
    2. non é k lera todo... pero paréceme a mi b k non aparece se o pon aviadme porfiss
      son a mesma persoa k antes

      Eliminar

anotaciones