16 sept. 2012

O Xardín das esencias e outras cousiñas

 

 Cando chegas ao Instituto á volta do verán  a finca de prácticas presenta un aspecto desolador, aquelas pequenas cousas que fomos facendo durante o curso parecen estar inmersas na maleza ou desbocadas, un tizne de pó proveniente da pista de motos do lado parece pousarse por todas as superficies, os ventos veraniegos foron quen de estomballar macetas e contenedores e rachar a cuberta do invernadoiro de propagación, os sainchos e outras malas herbas toparon cun hábitat idóneo para mostrarse explendorosas e campar as súas anchas, ..., as cousas que quedaron por facer, así continuan. Todo isto ten que ver coa inexistencia de persoal de mantemento durante a época estival, claro, o resto do ano estamos nós, profesores e alumnado que "tentamos" manter a raia todo isto, ainda que as veces e apesares de ter boa vontade nen sempre o consigamos.

Neste marco de despropósitos e sensación de abandono, que faria desmoronarse á persoa mais optimista, houbo varias cousas que conseguiron alegrarme a vista nestes primeiros días de paso pola escola (previos á chegada de novo e antigo alumnado), ademais fanme acreditar que a suma de pequenas accións e aunando esforzos poden chegar a facerse grandes cousas.




Unha delas foi o "Xardín das esencias", onde o arrecendo e a exuberancia dun cúmulo de plantas aromáticas e medicinais ben arraigadas e sobrevivintes aos rigores do verán (grazas ao bon funcionamento da rega durante as vacacións) conseguiron captar a miña atención, sobre todo pola vosa desconfiancia inicial ao comezar as obras e non ser capaces de visibilizar o proxecto final.

Pois ben, teño que dicir que este xardín minimalista de baixo mantemento, consegiu recuperar un espazo degradado e infrautilizado e que ademais é a entrada á finca, convertíndose nun lugar alegre e colorista de acollida para os que se achegan a finca de prácticas, onde o arrecendo e a vistosidade das plantas resultan un pracer para os sentidos.  Parabéns a este proxecto que desenvolvestes no Módulo de Instalacións baixo a coordinación de Pepe Rodríguez ao abeiro do Programa Voz Natura.


Ademais, e apesares do seu reducido tamaño, alberga diversas especies de plantas medicinais e aromáticas, que concentradas neste lugarciño fan que sexan mais fácilmente recoñecibles e fáciles de aprender, polo tanto, é un bo recurso para adentrarse no coñecemento das PAM (Plantas aromáticas e medicinais), nel podemos atopar:


Mentha piperita, amenta

Mentha spicata, amenta, erva boa

Mentha pulegium, poexo 

Melissa officinalis, erva cidreira 

Helichrysum italicum, planta do curri

Hypericum perforatum, herba de San Xoán, pericón 

Salvia officinalis, sarxa

Lippia triphylla, erva luisa

Tanacetum officinalis,

Tymus  vulgaris, tormentelo

Tymus citriodorus, tormentelo limoeiro

Calaminta nepetanéveda

Caléndula  officinalis, caléndula 

Lavandula officinalis, lavanda, esprego

Rosmarinus postrata, romeu



Outro dos espazos nos que reparei foi o "Campo de pequenos froitos", onde un exceso de rega estival provocou un crecemento vigoroso e desmesurado, parece un campo asilvestrado e abandonado, houbo moi boa colleita de amoras e non tan boa de framboesas.

Lembrovos as intervencións que neste espazo fixemos durante o curso:

- Renovación de plástico antiervas
- Fresado
- Tendido de novos arames e colocación de tensores
- División de cepas e renovación de marras
- Eliminación de pés fora das liñas de plantación
- Abonado orgánico
- Acolchado con palla
- Poda e atado
- Substitución de laterais de rega.

Amosovos unha fotografía  do seu estado actual:


 E por último subliñar que as intervencións realizadas na creación dunha parcela planta forestal en macetas grandes antes de ser plantada permitiu que houbera plantas sobrevivintes que poderemos empregar nas prácticas de reforestación do presente curso escolar, algunhas macetas volcaron co vento, ficaron sen rega e,..., as árbores secaron.

As seguintes imaxes amosan un antes e un depois das vacacións, xuzgade vós mesmos:


Ahí van as operacións realizadas neste espazo:  

- Desbroce e limpeza

- Replanteo da parcela

- Preparación do terreo:

      fresado
      angazado e achairado

- Zanxa perimetral

-Colocación e fixación de malla antiervas

- Instalación de rega:

       tuberias terciarias
 
       elementos de conexión

       chaves de paso

       laterais porta-emisores

       montaxe e instalación de "goteiros pulpo de catro lanzas" (ainda quedaron varios ramais sen  rematar de instalalos),  
      colocación de planta  
 

Pola nova finca de prácticas anexa ao centro ainda non pasei, e polo tanto  non podo contarvos cal é a súa situación actual, agardo que todavia poidamos apreciar os traballos feitos, ao novo alumnado do módulo de Conservación e defensa das masas forestais correspóndelle dar continuidade as tarefas feitas, mantereivos informados dos avances.

2 comentarios:

  1. ... A verdade que ningún de nós tiñamos confianza no xardín minimalista haha. Na foto parece que ten bo aspecto, canto me alegro. E o resto seguro que irá collendo forma ao longo do curso. Foi bonito tervos coñecido e ter compartido tanto e aprendido tanto.

    Eu agora ocupo o tempo facendo algún curso e gañando uns poucos euros de monitor de xogos e baile galego con meniños mentres busco un traballo digno, deses que non existen agora mesmo haha

    Aínda así animo aos teus novos alumnos que independentemente do que se atopen por ahí fora ao rematar o ciclo, contigo apréndese moito e xa só por iso paga a pena ^_^

    Unha aperta forte aos mestres, e aos vellos e novos alumnos ;-)

    ResponderEliminar
  2. Grazas Gabi polo teu comentario, a verdade que ao xardín de aromáticas estamos tirandolle proveito, xa iniciamos un herbario de aromáticas e medicinais cos de 1º.
    Do baile teño que falar contigo pois temos unha oferta pa ti, para un monográfico de iniciación, chámote un deste días.
    Grande aperta, con alumnos tan agradecidos coma ti da gusto impartir aulas.

    ResponderEliminar

anotaciones