Sementando diversidade. O blogue de Aproveitamento do medio natural, Silvicultura e Educación ambiental do IES Cidade de Antioquía. Xinzo da Limia. Ourense
20 dic 2011
Bon Nadal
Chega o inverno e alá foi o primeiro trimestre!!!! , agardo que pasedes unhas boas ferias de Nadal, que voltedes con ánimos renovados e que teñades como firme propósito para o ano 2012 superar con éxito o Ciclo, está nas vosas mans.
23 nov 2011
Identificación de cogumelos
Neste ano de escasas chuvas no Outono, os expertos coinciden en que é un mal ano para os cogumelos, houbo moito retraso na súa aparición, e de certo, algunhas especies non chegaremos a atopalas, por iso, máis que nunca, aproveitamos a cesión de exemplares da Asociación micolóxica "Os cogordos" de Ourense para afianzarnos na identificación de cogomelos.
Deixovos unha mostra de fotografias da xornada práctica desta semana, cos coñecementos adquiridos e coa utilización das guias fomos quen de identificar mais de 30 especies, parabéns!!, agora toca facelo en campo.

23-N Dia dos bosques autóctonos
![]() |
Fotografia: Secundino Lorenzo |
Dentro da Península Ibérica, existen distintos tipos de bosques autóctonos distribuidos no territorio en función das condicións ambientais (climatolóxicas, edafolóxicas, topográficas, bióticas,..), de maneira que, desde o noroeste o sureste imos pasando dun clima máis suave en temperatura e máis húmido en precipitacións a outros máis duros en temperaturas e máis secos. No norte da Península predominan os bosques de faias, carballos, rebolos,bidos, acivros, teixos,.. e a medida que nos desplazamos ó sur os bosques predominantes son os de aciñeiras, sobreiras, sabinares, xenebreiros.

Os diferentes bosques autóctonos conforman un valioso patrimonio natural, somos responsables da súa conservación.
Fotografia: Bosquihermanos |
Esta actividade esta organizada conxuntamente co Departamento de bioloxia do IES Lagoa de Antela e o Módulo de conservación e defensa das masas forestais do IES Cidade de Antioquía, intégrase dentro do Proxecto “Recuperación de contornas naturais ", proxecto proposto e promovido polo CDR “O Viso”
Foto: Bosquihermanos |
Deixovos unha pequena mostra do que fixemos durante dúas xornadas no monte de Candás.
Marcadores:
ANO INTERNACIONAL DAS FLORESTAS,
REPOBOACIONS
14 nov 2011
Arbores e formacións senlleiras de Galicia
![]() |
Fotografia: Gigantes da floresta |
![]() |
Castiñeiro de pumbariños Fotografia:Alberto Conde |
Carballo grande Reboreda. Foto:José Ramón González |
Editouse o libro"Arbores e formacións senlleiras de Galicia" no que o traballo de campo foi realizado polo grupo de investigación do departamento de Produción Vexetal da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, nesta primeira publicación recollíanse 106 exemplares pertenecentes a 58 especies diferentes e 21 formacións arbóreas (soutos, devesas, carballeiras,..)
Fotografia:Adela Leiro Faial de Fonteformosa |
O catálogo inclúe árbores de calquera especie, merecedores de medidas específicas de protección atendendo as suas características excepcionais. Entre as últimas incorporacións figuran o Teixo de Cereixido, no concello de Quiroga, os carballos de Luxís (Castro de Rei-Lugo) e de Portacal (Sobrado dos Monxes-A Coruña) e as tileiras prateadas do adro da igrexa de Santo Domingo (Ribadavia-Ourense).
Podes acceder e descargar o Catalogo dixital das Arbores e formacións senlleiras a través do site do Sistema de información ambiental de Galicia. (SIAM) O catálogo aporta fichas cos datos das árbores e formacións arbóreas catalogadas, acompañadas de cuidadas fotografías, ademáis de información asobre os lugares onde se localizan.
Tamén podedes acceder a unha fermosa galeria de fotos de árbores e formacións senlleiras na web de Adela Leiro (Bióloga e profesora), recomendovos visitar a súa páxina se queredes profundizar no coñecemento dos espazos naturais galegos, amósanos unha ampla información de lugares próximos que merece a pena coñecer.
![]() |
Carballa da Rocha. Rairiz da Veig |
Esta curta foi galardoada co premio “Eugenio Tutor” ó mellor traballo científico documental no 15 Festival de cine de Zaragoza 2010.
Corpos arbóreos (castellano) from Andres Victorero on Vimeo.
A árbore
Viaxeiro, escoita:
Hospital. O Incio Fotografia:Adela Leiro |
a superficie da túa mesa, a porta da túa casa.
Eu son o mango da túa ferramenta,
o bastón da túa vellez.
Eu son o froito que te regala e te nutre,
a sombra benfeitora que te acobilla
contra os ardores do verán,
o refuxio amable dos paxaros
que aledaron cos seus cantos as túas horas
e limpan de insectos os teus campos.
Eu son a fermosura da paisaxe,
o encanto da horta,
o sinal da montaña,
o lindeiro do camiño...
Castiñeiro de Cernado. Manzaneda Fotografia Adela Leiro |
nos días de inverno,
o perfume que te regala
e embalsama o aire a todas horas,
a saúde do teu corpo
e a ledicia da túa alma.
Por último, son a madeira do teu cadaleito.
Por todo isto, viaxeiro que me contemplas,
ti que me plantastes coa túa man
e podes chamarme fillo,
ou que me contemplaches tantas veces,
mírame ben, pero...
non me fagas dano.
Rabindranath Tagore.
Marcadores:
ANO INTERNACIONAL DAS FLORESTAS
1 nov 2011
4 oct 2011
Repoboacións protectoras
![]() |
Sierra de Espuña, Murcia |
n
Marcadores:
ANO INTERNACIONAL DAS FLORESTAS,
REPOBOACIONS
26 sept 2011
Faleceu Wangari Maathai, a Nobel que plantaba árbores
Hai uns días, e por casualidade colguei na marxe esquerda deste blogue o conto "árbores da paz" unha historia verdadeira, basado na traxectoria vital da activista ambiental e premio Nobel da Paz Wangari Maathai.
Onte, faleceu Wangari Maathai, bióloga Keniana , primeira muller africana en recibir un premio nobel pola súa contribución ao desenvolvemento sustentável, a democracia e a paz.
Tras de si quedan máis de 47 millóns de árbores plantados en Kenia e outros paises africanos grazas a súa contaxiosa iniciativa para restaurar ecosistemas devastados pola deforestación , como herdanza deixanos múltiples leccións que aprender, dedicou unha grande parte da súa vida a sementar árbores e a promover movimentos para sensibilizar sobre a necesidade de cuidar o planeta, defensora doa deritos humanos en aprticular das mulleres.
Agardo que o seu legado trascenda e non fique no olvido!!!!
«Podemos trabajar juntos con los hombres y mujeres de buena voluntad,
esos que irradian la bondad intrínseca de la humanidad.
(...) El mundo necesita una ética global con valores que den sentido a la experiencia de vivir»
esos que irradian la bondad intrínseca de la humanidad.
(...) El mundo necesita una ética global con valores que den sentido a la experiencia de vivir»
Marcadores:
ANO INTERNACIONAL DAS FLORESTAS
23 sept 2011
Comenza o Outono e o curso
Hoxe deu comenzo o Outono, e para min tambén as aulas, novamente no IES Cidade de Antioquía na Vila de Xinzo da Limia. Quero darvos a benvida a todo o novo alumnado deste curso, especialmente aos de 2º do CM e 1º do CS que ides ser os/as meus alumnos/as.
Recordarvos que en breve estará dispoñible o site de apoio aos módulos de Xestión e Organización dos Aproveitamentos Forestais e Conservación e Defensa das Masas Forestais.
Recordarvos que en breve estará dispoñible o site de apoio aos módulos de Xestión e Organización dos Aproveitamentos Forestais e Conservación e Defensa das Masas Forestais.
12 sept 2011
Florestas e homens
Florestas e Homens é o novo filme de Yann Arthus-Bertrand (fotografo francés) e é tamén o filme oficial do Ano Internacional das Florestas, realizouse con motivo da cerimonia de apertura da Novena Sesión do Foro das Naciones Unidas sobre as Florestas no mes de febreiro en Nova Iorque. Un relato sobre a influencia antrópica nas florestas. Da muito para pensar sobre a importancia das florestas para a supervivencia das sociedades humanas e a necesidade real dunha xestión sustentavel das florestas.!!
Florestas e Homens from GoodPlanet on Vimeo.
Marcadores:
ANO INTERNACIONAL DAS FLORESTAS
10 sept 2011
Presentación do Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia
A Sociedade Galega de Historia Natural, presenta en Ferrol o vindeiro Venres 16 de Setembro ás 20:30 h, no seu novo local "Casa do Coronel" na Praza de Canido, o recén ditado "ATLAS DOS ANFIBIOS E RÉPTILES DE GALICIA"
O Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia, ven a ser unha actualización do primeiro Atlas de Vertebrados de Galicia referido aos nosos herpetos. A obra está composta por un limiar do presidente da S.G.H.N. Serafín González Prieto, unha introdución de Xosé Lois Rey Muñiz e Moisés Asensi Cabirta na que se especifica a metodoloxía do Atlas e unhas primeiras conclusións, un texto de Santi Bas López, e finalmente os textos das catorce especies de anfibios e vinteseis de réptiles da nosa xeografía, realizados por Manuel Arzúa Piñeiro, Moisés Asensi Cabirta, César Ayres Fernández, Martiño Cabana Otero, Xabier Prieto Espiñeira e Xosé Lois Rey Muñiz.
Os textos das especies están estruturados en seis apartados: Distribución mundial; distribución en Galicia; comparativa co anterior Atlas; hábitat; poboación, ameazas e conservación; catalogación.
A representación está feita de tal forma que nun só mapa aparecen os datos do presente Atlas, os datos do Atlas anterior e os datos bibliográficos. (Fonte SGHN)
[+ info na web do SHNG na sección de Herpetoloxía]
9 sept 2011
Situación de los bosques e sector forestal. Informe 2010

Este informe está elaborado pola Sociedad Española de Ciencias Forestales, aporta abondosa información cuantitativa sobre o sector forestal peninsular.
Accede ó informe pinchando aquí
27 ago 2011
Serra do Courel : Paisaxes para non esquecer, lugares para voltar
Rematou o curso .... e logo comenza outro. Proposta para o final do verán: Serra do Courel.
Durante o curso, algúns tivestes a oportunidade de coñecer a serra do Courel, eu, nas vacacións de Semana Santa tamén andiven por estas fermosas terras, para os/as que non fostes á excursión vou aportar algunha información, agardo que así vos pique a curiosidade de percorrer in situ O Courel como proposta para o final do verán (para aqueles/as aos que non vos toque traballar), pois, estou certa que superará con creces as vosas expectativas se queredes gozar de natureza vizosa.
Pincheira Vieiros |
A Serra do Courel está situada no Suroeste da provincia de Lugo. No Courel a vexetación responde a unhas condicións climatolóxicas nas que conflúen os ambientes atlántico e mediterráneo.
Nas ladeiras abruptas dos cordais montañosos, habitualmente orientadas ao Norte, xurden as "devesas", a de mais sona é "A devesa da Rogueira" situada na ladeira norte do pico Formigueiros.
A ubicación en ladeiras moi encostada conleva á estratificación de especies vexetais acordes á altitude, existindo unha gradación que vai desde os soutos de castiñeiros e diversas especies herbáceas nos lameiros da aldea de Moreda ate diferentes especies arboreas e arbustivas como: Aciñeiras, Faias, Carballos, Rebolos, Pradairos, Bidos, Avelairas, Freixos, Teixos, Acivros, Capudres, Érvedos, Arandos,.... A humidade proveniente de numerosos regatos que atravesan a devesa é unha constante, este espazo da acobillo e alimento a variada fauna.
No alto a "Fonte do cervo", dunha mesma rocha dous manantiais próximos entre si verten augas con características e propiedades diferentes: un deles auga calcárea e o outro auga ferruxinosa, as propiedades curativas destas augas gozan de boa fama nas xentes das aldeas próximas.
Cinco ríos discorren polo Courel: Lor, Pequeno, Ferreiros, Selmo e Soldón.
A diversidade de fauna que podemos atopar no Courel está vencellada á diversidade de vexetación, paisaxes e ecosistemas agro-florestais, existindo mais de 160 especies de vertebrados: xabarín, corzo, lobo, a marta, garduña, lagarto ocelado, miñato, aguia culebreira, bufo real, bubelas, papamoscas, alondras,.... No seguinte enlace "Paxaradas.blogspot" podedes visualizar imaxes das diferentes especies da fauna que habita no Courel
Alcouves de Xan do Vilar |
Museo etnográfico na ladea do Vilar: Serra de aire |
No seguinte enlace , un vídeo demostrativo do uso da serra de aire , foi grabado durante a festa da serra de aire no pobo de Ferreirós de abaixo

Mostra dalgunhas desfeitas no Courel no seguinte vídeo, correpóndese co programa do "Escarabajo verde": O Courel sale a la pizarra. PARTE 1
Marcadores:
ANO INTERNACIONAL DAS FLORESTAS,
OUTROS APROVEITAMENTOS
20 ago 2011
II Encontro de cesteiros, Santa Mariña. Patrimonio e recursos: A multifuncionalidade do monte.
Na pasada fin de semana (13 e 14 de Agosto), celbrouse na fermosa aldea de Santa Mariña de Augas Santas, Allariz o II Encontro de Cesteiros, dedicado nesta edición aos novos/as cesteiros/as, e como non, por alí andiven eu:

"A cestería é a arte de trenzar fibras vexetais co obxecto de confeccionar recipientes para o transporte, almacenamento ou conservación ", na actualidade tamén con outros usos: decorativos, integrada como solución natural, sostenible e funcional en propostas urbanísticas, paisaxísticas, arquitectónicas e de interiorismo,...
Toño de Lobeira, "O Cesteiro", investigador, recuperador e difusor da cestería tradicional, na actualidade mestre da escola de cestería de Santa Mariña, xunto co concello de Allariz é o artífice deste encontro, Toño ademais de amigo é un valioso portador do coñecemento tradicional do oficio de cesteiro, desde un enfoque multidisciplinar posto que ademais de dominar as técnicas de trenzado das diferentes fibras vexetais, posúe coñecementos de botánica (manéxase á perfección os montes da contorna, coñecendo as especies cesteables, os seus hábitats, as épocas de recolección, as técnicas para preservar a diversidade vexetal), así como doutros oficios ferreiro, carpinteiro,... necesarios para complementar o traballo na construcción de ferramentas, traballos coa madeira,...., en resumen "un mil mañas" con mil historias e anécdotas que contar na súa longa traxectoria como cesteiro.
O Sábado pola tarde realizamos unha "Visita guiada de botánica e arqueoloxía", a parte da visita botánica
foi guiada polos cesteiros Idoia Cuesta e Toño de Lobeira, con eles pudemos ver a plantación de vimbios cultivados de diferentes especies de salgueiros empregados como materia prima na cesteria de varas: Salix viminalis, Salis trianda, Salix salvifolia, Salix alba,... explicaronos as características e cualidades de cada unha das especies, a continuación realizamos un percorrido na calurosa tarde baixo a sombra amable de soutos e carballeiras polo monte da contorna para coñecer in situ os recursos botánicos cesteables presentes: avelairas, cerdeiras, silveiras, sangriños, carballos, castiñeiros,...
Idoia Cuesta é autora do libro " Guía de las plantas cesteables de Galicia" editado polo Centro de Artesania e Deseño-INLUDES e Deputación provincial de Lugo.
No fin do traxecto David Pérez falounos da reexcavación arqueolóxica no castro de Armea e Adolfo Fernández (Laboratorio de arqueoloxía da Universidade de Vigo) das excavacións realizadas no conxunto rupestre do monte señoriño nas proximidades do castro.
No Domingo, a xornada dedicouse aos "Novos cesteiros/as" formados na súa maioria na Escola de cesteria municipal ubicada na aldea de Santa Mariña, durante todo o día, desde as primeiras horas da mañá poidemos ver unha demostración de cesteria en vivo, na que se elaboraron: sebes vivas e árbores de vimbio, un cabaceiro de varas, unha grade de corres e diferentes cestos empregando técnicas variadas da cesteria: de madeira fendida, de varas, mixtos, de colmo,...
Así mesmo, diferentes artesáns amosaron as súas creacións, participaron:
Mª Isabel Torres,elaboración de sombreiros de palla, polainas e corozas de xunco, Mazaricos, A Coruña
Carliños Gonzalez, Cesteria de vimbios, O Courel, Lugo.
Mª Jesus Labrador, cestría creativa, Ourense
Francisco Valle, Cesteria de xesta e palla, Vilardevós, Ourense
Toño González, Mestre da escola de cesteria de Allariz
Alumnos/as da escola de cestería, demostracións de: cesteria viva, creativa, de madeira fendida, de vimbio, de colmo, mixta,
Durante toda a xornada, os máis pequenos puderon iniciarse no mundo da cestería no obradoiro infantil de cestería dirixido por Mª Jesus Labrador.
Nas seguintes fotografias podedes apreciar algúns dos máxicos momentos da xornada:
A Escola de cestería de Santa Mariña, conta con 3 anos de andaina na recuperación da tradición artesanal da zona e na formación de novos artesáns, nela, exíbese de forma permanente unha mostra da cestería de Galicia e Norte de Portugal cunha ampla representación de pezas, ademais impártense cursos de formación nos niveis de iniciación e perfeccionamento de cesteria de vimbio, cesteria de madeira fendida, de colmo, mixta,.., obradoiros infantiles de iniciación á cesteria.
Non deixedes de visitala!!!
" O Monte é algo mais cun conxunto de árbores, e polo tanto temos que descubrilo desde outras olladas,...., A multifuncionalidade pasa a ser a ferramenta básica para poder acadar un manexo sostible do monte e unir pasado, presente e futuro" (Xabier Bruña Garcia) .
Falar de multifuncionalidade do monte conleva recoñecer a multitude de produtos e servizos que o monte pode fornecer, entre eles o patrimonio arqueolóxico, cultural e histórico que compre valorizar para que estes elementos non pasen desapercibidos á sociedade, xa que son anacos da nosa cultura
Parabéns ao Concello de Allariz por recoñecer o patrimonio cultural e arqueolóxico do monte como posibilitador de dinamización socioeconómica do territorio, porque é un bon camiño para unha xestión integral dos nosos montes.

•

6 jul 2011
Viaxe a Figeac, Francia
Antes de finalizar o curso, un grupo de alumnos/as e profesorado do Departamento de Agraria e profesora de francés do IES Cidade de Antioquía de Xinzo da Limia viaxamos a Figeac (Francia) como participantes no programa europeo Leonardo da Vinci, alí, o alumnado expuso o noso proxecto estratéxico para conseguir unha maior autosuficiencia enerxética na escola coa produción de Biodiesel a partir de aceite usado e tamén presentaron a campaña deseñada para promover a recollida selectiva de lixo no Instituto e o xogo "Pasapalabra: xestión de residuos".
A participación neste programa europeo, tendo como parteneres a varias delegacións doutros paises europeos: Francia, Alemaña e Finlandia supón un xeito de facer colegas europeos, de vivir novas experiencias, de aprender e practicar outras línguas e como non, de establecer estratexias para preservar o medio ambiente no noso ámbito mais próximo.
Algunhas das fotos da viaxe:

26 abr 2011
Lagarto das silveiras ou lagarto verdinegro
![]() |
Macho e femia de lagarto verdinegro. |
Días antes das vacacións de Semana Santa, mentras retirábamos a malla antiherbas do invernadoiro pequeno, topámonos cunha femia de lagarto verdinegro, alí estaba, agochada entre as herbas e ainda medio aletargada.
O lagarto verdinegro ou lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi), é unha especie endémica da Península Ibérica cunha distribución marcadamente noroccidental. Ten unha ampla presencia na metade norte de Portugal, Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Sistema Central e nalgunhas serras do cadrante suroccidental da Península. Esta distribución está relacionada coa precipitación, seleccionando zonas húmidas que reciben mais de 600 mm anuais, esta especie está ameazada en España, sobre todo no Sur. Algúns dos hábitats onde aparece son os bosques húmidos caducifolios e de piñeiro silvestre, e os lameiros de montaña asociados a ríos.
É un lagarto robusto, de tamaño medio e cunha lonxitude máxima de 130 milímetros, ós que se suman os da cola, que pode ser o doble de longa que o corpo. Aliméntanse dunha grande variedade de invertebrados.
Existe unha marcada diferencia de coloración entre machos e femias, as femias, son de cor verde con nódoas negras, os machos teñen unha coloración mais amarela cun moteado negro, na fotografia superior apréciase a cor azulada na gorxa, típica na época de celo. A súa coloración permítelle camuflarse con facilidade entre a vexetación para protexerse dos seus depredadores.
A reproducción desta especie prodúcese na primavera; a eclosión dos ovos, no verán, tras unha incubación de dous meses. Durante o período de apareamento manteñen unha intensa actividade, é frecuente observar parellas xuntas ó sol.
5 abr 2011
Despedida do CM Forestais 2009-2011
Deixovos algúns dos momentos do voso paso pola escola, espero que gardedes algunhas boas lembranzas destes dous anos compartidos nos módulos de produción de plantas e de instalacións agrarias. Durante este tempiño xuntos houbo bons e malos momentos, risas, cabreos, malos entendidos, bos entendementos,... pero finalmente entre todos/as fixemos un bo grupo, onde o compañeirismo e a amizade desbancou ós malos rollos e o traballo foise facendo, darvos as grazas, especialmente a aquelas persoas que coa súa creatividade, iniciativa, autonomia e boa disposición contribuiron coas súas ideas e aportacións a solucionar moitos dos imprevistos xurdidos durante as prácticas, permitíndonos a todos/as aprender conxuntamente.
O curso rematou e... ata aquí chegamos!!!. Xa non teredes que escoitar mais a miña frase mítica "mans fora dos petos" durante a realización das tarefas.
Agora comenzades unha nova xeira complementando a vosa formación nos Centros de traballo, agardo que as oportunidades que teñades as aproveitedes ao máximo. Os meus mellores desexos para que a sorte vos acompañe na vida persoal e profisional. Xa sabedes onde estou se algunha vez precisades de min.
Grazas especiais a Maryan por permitirme piratear as súas fotos. Unha aperta grande para todos/as.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)