Cando chegas ao
Instituto á volta do verán a
finca de prácticas presenta un aspecto desolador, aquelas pequenas cousas que fomos facendo durante o curso parecen estar inmersas na maleza ou desbocadas, un tizne de pó proveniente da pista de motos do lado parece pousarse por todas as superficies, os ventos veraniegos foron quen de estomballar macetas e contenedores e rachar a cuberta do invernadoiro de propagación, os sainchos e outras malas herbas toparon cun hábitat idóneo para mostrarse explendorosas e campar as súas anchas, ..., as cousas que quedaron por facer, así continuan. Todo isto ten que ver coa inexistencia de persoal de mantemento durante a época estival, claro,
o resto do ano estamos nós, profesores e alumnado que "tentamos" manter a raia todo isto, ainda que as veces e apesares de ter boa vontade nen sempre o consigamos.
Neste marco de despropósitos e sensación de abandono, que faria desmoronarse á persoa mais optimista, houbo varias cousas que conseguiron alegrarme a vista nestes primeiros días de paso pola escola (previos á chegada de novo e antigo alumnado), ademais fanme acreditar que a suma de pequenas accións e aunando esforzos poden chegar a facerse grandes cousas.

Unha delas foi o
"Xardín das esencias", onde o a
rrecendo e a exuberancia dun cúmulo de plantas aromáticas e medicinais ben arraigadas e sobrevivintes aos rigores do verán (grazas ao bon funcionamento da rega durante as vacacións)
conseguiron captar a miña atención, sobre todo pola vosa desconfiancia inicial ao comezar as obras e non ser capaces de visibilizar o proxecto final.

Pois ben, teño que dicir que este
xardín minimalista de baixo mantemento, consegiu recuperar un espazo degradado e infrautilizado e que ademais é a entrada á finca, convertíndose nun
lugar alegre e colorista de acollida para os que se achegan a finca de prácticas, onde o arrecendo e a vistosidade das plantas resultan un pracer para os sentidos. Parabéns a este proxecto que desenvolvestes no
Módulo de Instalacións baixo a coordinación de
Pepe Rodríguez ao abeiro do Programa
Voz Natura.
Ademais, e apesares do seu reducido tamaño, alberga diversas especies de plantas medicinais e aromáticas, que concentradas neste lugarciño fan que sexan mais fácilmente recoñecibles e fáciles de aprender, polo tanto, é un bo recurso para adentrarse no coñecemento das
PAM (Plantas aromáticas e medicinais), nel podemos atopar:
Mentha piperita, amenta
Mentha spicata, amenta, erva boa
Mentha pulegium,
poexo
Melissa officinalis, erva cidreira
Helichrysum italicum,
planta do curri
Hypericum perforatum,
herba de San Xoán, pericón
Salvia officinalis,
sarxa
Lippia triphylla,
erva luisa
Tanacetum officinalis,
Tymus vulgaris,
tormentelo
Tymus citriodorus, tormentelo limoeiro
Calaminta nepeta,
néveda
Caléndula officinalis,
caléndula
Lavandula officinalis,
lavanda, esprego
Rosmarinus postrata,
romeu
Outro dos espazos nos que reparei foi o
"Campo de pequenos froitos", onde un exceso de rega estival provocou un crecemento vigoroso e desmesurado, parece un campo asilvestrado e abandonado, houbo
moi boa colleita de amoras e non tan boa de framboesas.

Lembrovos as intervencións que neste espazo fixemos durante o curso:
- Renovación de plástico antiervas
- Fresado
- Tendido de novos arames e colocación de tensores
- División de cepas e renovación de marras
- Eliminación de pés fora das liñas de plantación
- Abonado orgánico
- Acolchado con palla
- Poda e atado
- Substitución de laterais de rega.
Amosovos unha fotografía do seu estado actual:
E por último subliñar que as intervencións realizadas na creación dunha
parcela planta forestal en macetas grandes antes de ser plantada permitiu
que houbera plantas sobrevivintes que poderemos empregar nas prácticas de
reforestación do presente curso escolar, algunhas macetas volcaron co vento, ficaron
sen rega e,..., as árbores secaron.
As seguintes imaxes amosan un antes e un depois das vacacións, xuzgade vós mesmos:
Ahí van as operacións
realizadas neste espazo:
- Desbroce e limpeza
- Replanteo da parcela
- Preparación do terreo:
fresado
angazado e achairado
- Zanxa perimetral
-Colocación e fixación de malla antiervas
- Instalación de rega:
tuberias terciarias
elementos de conexión
chaves de paso
laterais porta-emisores
montaxe e instalación de "goteiros pulpo de catro lanzas" (ainda quedaron varios ramais sen rematar de instalalos),
colocación de planta
Pola nova finca de prácticas anexa ao centro ainda non pasei, e polo tanto non podo contarvos cal é a súa situación actual, agardo que todavia poidamos apreciar os traballos feitos, ao novo alumnado do módulo de Conservación e defensa das masas forestais correspóndelle dar continuidade as tarefas feitas, mantereivos informados dos avances.