A finalidade deste apartado é que a través dun concurso, profundicedes no coñecemento de especies vexetais presentes nos nosos montes, que de forma específica ou conxuntamente con outras constitúen ecosistemas de grande valor natural e ecolóxico.
A idea de propoñervos este reto, recollina do blogue para o alumnado de forestais do IES de Tomiño
A persoa que adiviñe de que especie se trata terá recompensa, xa concretaremos en clase cal é o premio.
O prazo para dar a resposta certa é o 23 de Febreiro de 2.011.A resposta deberá ser escrita no apartado de comentarios desta entrada, de xeito que quede rexistrada a persoa que a fai, a data e a hora. Por suposto, obterá a recompensa a primeira persoa que acerte.
Esta é a primeira adiviña. Deixovos a continuación varias pistas para que vaiades pesquisando, en breve, se ninguén acerta porei pistas novas, estade atentos/as.
1ª Pista:É un arbusto de 3 a 5m
2ª Pista: Orixinaria da Rexión Mediterránea
3ª Pista: Habita en solos preferentemente calcáreos
4ª Pista: O seu froito é unha pequena drupa, primeiro vermello e despois apardazado ou verde-azulado
5ª Pista: As sementes desta especie, coas que traballamos no Instituto en anos anteriores, foron recollidas por un ex-alumno nas proximidades do río Bibei
Como de momento ninguén se arriscou, vou dar novas pistas e a incluir outra fotografia (onde podedes apreciar as follas deste arbusto
6ª Pista: As follas son compostas, caedizas, alternas, con foliolos de cor verde que no Outono viran a carmín
7ª Pista: O nome desta especie fai alusión á presencia de trementina.
Azu, noraboa, acertaches, é o Pistachia terebinthus, nome común "Cornicabra" ou ·"terebinto", o nome de cornicabra fai referencia as agallas que o arbusto desenvolve ante a picadura dalgúns insectos, e terebinto á presencia de resina. Non é unha especie moi común no noso territorio, presente en determinados hábitats, a súa distribución en Galiza limítase o Val de Quiroga, Bibei chegando ate Montefurado.
Ola!! Son Azu e creo que é a Pistacia terebinthus, (noguelora-cornicabra)
ResponderEliminarPerdón, quería por noguerola
ResponderEliminarAzu acertaches é o Pistachia terebinthus, nome común "Cornicabra" ou ·terebinto", o nome de cornicabra fai referencia as agallas que o arbusto desenvolve ante a picadura dalgúns insectos
ResponderEliminarJeje!! Xa sabia o do bicho, pono no libro no que o atopei. A verdade e que as follas aclararon moito as miñas dubidas.
ResponderEliminar