Esta é a segunda adiviña. Deixovos a continuación varias pistas para que iniciedes a pesquisa, en breve, se ninguén acerta porei pistas novas, estade atentos/as.
O prazo para dar a resposta certa é o venres 4 de Marzo de 2.011.A resposta deberá ser escrita no apartado de comentarios desta entrada, de xeito que quede rexistrada a persoa que a fai, a data e a hora. Por suposto, e como na vez anterior,obterá a recompensa a primeira persoa que acerte.
1ª Pista:É un arbusto de 2-3m
2ª Pista: Orixinaria da Rexión Mediterránea coma a primeira especie do concurso
3ª Pista: En Galiza a súa distribución e escasa, practicamente restrinxida ao val do río Sil
4ª Pista: O seu froito é unha pequena drupa,ovoide ou globosa cando nova, tornándose apiculada na madurez, de cor negro-azulada. Ten 1 ou 2 sementes por froito
5ª Pista: As sementes desta especie, coas que traballamos no Instituto, foron recollidas por un ex-alumno na localidade de Oimbra
A especie en cuestión é a Phillirea angustifolia, aderno ou oliveiriña son o seu nome común. Como curiosidade contarvos, que cando trouxeron varias polas ao instituto cos seus froitos, chegamos a pensar que atoparamos unha nova variedade (xurdida de forma espontánea na localidade de As Chas- concello de Oimbra), posto que o normal e que os seus froitos sexan de cor negro azulada, algúns dos que trouxeron eran así, pero outras ramiñas tiñan os froitos glaucos (brancos). Os nosos coñecementos botánicos foron insuficientes para determinar a posibilidade do achádego, pero quen sabe? a natureza e caprichosa e a maioria das variedades xurden de forma espontánea e local.
Novamente Azu foi a pesquisadora mais intrépida e inxeniosa e por tanto a recompensa volta a ser para ela, ainda que Gabriel vaille pisando os talóns, atentos á nova adiviña, en breve estará "colgada" no blogue.
Boas, son Azu....
ResponderEliminarEsta vez creo que é o labiérnago branco ou ladierna (Phillyrea angustifolia)
Certamente é esa especie, para que este correcta fai falla que aportes o nome común en galego
ResponderEliminarXa está!! (son Azu)
ResponderEliminaren galego é aderno
non só, ten outro nome mais frecuente!!!!
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarPode ser oliveiriña?
ResponderEliminarGabi.
ok é oliveiriña, mágoa que xa tivera acertado Azu, se estades de acordo repartides os puntos. Pá seguinte vez hai que ser mais rápido.
ResponderEliminarhahahaha que va oh! que os leve Azu que é a máis rápida do oeste ^_^
ResponderEliminar