Este ano @s alumn@s do 1º e 2º Curso do Ciclo Medio de Traballos forestais e conservación do medio natural do IES Cidade de Antioquía colaboramos nunha actividade co departamento de bioloxia do IES Lagoa de Antela , integrada dentro do Proxecto “Recuperación de contornas naturais e reciclaxe de residuos rurais”, proxecto proposto e promovido polo CDR “O Viso”
Esta actividade pretende promover a concienciación sobre a problemática ocasionada polos incendios forestais, a destrucción do medio natural, o cambio climático e a necesidade de conservación da nosa contorna e preservación da biodiversidade.
O Obxectivo da saída e realizar un seguimento da plantación de especies autóctonas realizada en anos anteriores nunha zona queimada no ano 2006 no monte próximo a aldea de Candás, concello de Rairiz de Veiga, marqueo de árbores existentes, desbroce selectivo e unha pequena ampliación da zona repoboada: preparación de furados de plantación, plantación de árbores autóctonas obtidas no viveiro do centro no curso anterior, sementeira empregando bolas de arxila,...
Deixovos unhas cantas fotos desta actividade, queda pendente voltar algunha outra vez para continuar coas tarefas de desbroce
No hay comentarios:
Publicar un comentario
anotaciones