Sementando diversidade.
O blogue de Aproveitamento do medio natural, Silvicultura e Educación ambiental do IES Cidade de Antioquía. Xinzo da Limia. Ourense
Nestes dias temos falado na clase sobre a resina e o seu aproveitamento, comezamos por cuestionarnos se o oficio de resineiro é un oficio a extinguir, xa que na actualidade son moi escasos os pinares sometidos a aproveitamento resineiro (Segovia, Soria, Ávila, Valladolid), en Galicia é mínimo, noutras comunidades como Castela León manténse por razóns sociais e porque supón ter man de obra no monte no verán o que reduce a posibilidade de incendios.
As nosas conclusións sobre o declive do sector da resina a pesar do déficit de substancias resinosas na Unión Europea e da potencialidade produtora nalgunhas zonas da peninsula, foron as seguintes: a irregularidade dos prezos no mercado mundial, o encarecemento dos custes laborais nun proceso artesanal, aproveitamento de resinas doutras especies en países con custes laborais mais baixos, a obtención de derivados resinosos "tall oil" e "augarrás ao sulfato" como subproduto da fabricación de papel a partir de especies resinosas e a utilización de derivados do petróleo como substitutivos do augarrás son as causas principais para modificar a tendencia regresiva do sector da resina.
Deixovos o enlace a un documento bastante esclarecedor e que reflexiona sobre a necesidade de intervención no sector resineiro, tamén nos aporta información sobre as aplicacións da resina, as técnicas de extracción, silvicultura nos montes produtores, análise sobre a situación do sector, experiencias actuais,.., este documento está editado polo Cesefor(Centro de servizos e promoción forestal e da súa industria de Castela e León), "La resina, una herramienta para la conservación de nuestros pinares"
A seguir, enlace a unha cantiga que o cantor portugués Zeca Afonso dedicou aos resineiros, titualadaResineiro engraçado
No hay comentarios:
Publicar un comentario
anotaciones