28 feb 2011

7ª XORNADAS DE XARDINERIA DE GALICIA


O sábado pasado (19 de Febreiro) achegueime polas Xornadas de Xardinería de Galcicia en Ourense, tiven a sorte de poder escoitar unha ponencia de Carlos Magdalena sobre o seu traballo como propagador e conservador de especies tropicais no Kew Gardens de Londres, para quen non  saiba, imos por partes:
Esta foto deu a volta ao mundo

1º-  Carlos Magdalena é un xixonés que leva vivindo e traballando en Londres desde hai case unha década, mozo de mente activa, que soubo aproveitar a oportunidade de aprender e desenvolverse profesionalmente no mundillo da xardineria e horticultura nunha institución de recoñecido prestixio internacional como o Real xardín botánico de Londres.

A súa capacidade de observación, a súa tenacidade e dedicación levouno a acadar logros recoñecidos pola comunidade científica internacional, como foi o feito de conseguir propagar o "nenufar pigmeo de Ruanda " Nymphaea thermarun, unha especie singular, diminuto nenúfar de apenas 1 cm, extinto recentemente no seu hábitat natural, para afondar neste periplo pincha no seguinte enlace Nymphaea thermarum

  Outro dos seus logros foi conseguir propagar a Ramosmania rodriguesii "Café marrón", especie endémica da Illa Rodrigues (no océano Índico), da cal so quedaba un exemplar e por tanto ameazada e ao borde da desaparición, coa obtención desta planta conseguiuse reintroducir no seu hábitat natural centos de plantas de café marrón.
 
A súa charla nas xornadas de xardinería non deixou indiferentes aos que estabamos escoitando, quen é capaz de falar tan apaisonadamente e con tanto entusiasmo sobre o que fai, significa que desfruta inmensamente co traballo que realiza. Persoalmente, deume unha envexa terrible, creo que eu tamén disfrutaria nese traballo e non me importaria nada irme durante varios meses a facer prácticas de propagación vexetal ao Kew Gardens xunto con Carlos.

Un prazer telo escoitado, agardo que a súa valia profesional como conservador de especies en perigo de extinción teña o recoñecemento que merece,  tendo en conta que segundo algúns estudos afírmase que moitas especies vexetais do mundo están ameazadas de desaparición, sendo a actividade humana nun elevado porcentaxe a causa principal da súa desaparición.

Para saber mais sobre a traxectoria profesional de Carlos Magdalena, pincha aquí


2º.- O Kew Gardens, Real Xardín botánico de Londres, dun xardín exótico histórico pasou a ser un potente centro botánico de investigación onde centos de expertos dedícanse ao estudo da flora mais exótica, conta cun arboreto inmenso, alberga unha gran colección de especies, mais de 30.000 -plantas comúns, raras e exóticas- en 5 invernadoiros,  conta cun banco de xermoplasma o Millenium seed bank que atesoura a temperaturas baixo cero unha colección de sementes de especies procedentes de todo o mundo, un herbario, biblioteca, diferentes salas de exposición,... organiza ao longo do ano numerosas actividades, polo que sempre hai un motivo para visitalo

Actualmente o Kew Gardens está catalogado como patrimonio da humanidade pola UNESCO.




Para mais información sobre o xardín botánico de Londres,podes visitar o site oficial no seguinte enlace Kew Gardens,

 
Un consello, se algunha vez ides a Londres, non deixedes de visitar o Kew Gardens, seguro que non vos decepcionará.

2 comentarios:

  1. Moi boa a charla que nos deu Carlos Magdalena. O mellor de todo é que constatou dunha maneira moi sutil que detrás dun xardín botánico ten que haber unha labor de investigación, dotada de persoal e fondos. Non é, como pensan os políticos nesta terra, un parque con moitas especies, que unha vez plantadas xa queda feita a labor. Aínda temos moito que aprender...

    ResponderEliminar
  2. Canta razóns tes, é difícil desterrar esas ideas, a foto fixa deses proxectos non dura mais do que dura a noticia, en consecuencia "efímera" e normalmente é o que mais lle interesa os/as políticos/as. Mais os/as políticos/as, que non teñen porqué saber de todo, son quen de deixarse asesorar por persoas expertas, que son as que mais poden influir no cambio de percepción e proxección dos proxectos dese tipo.

    ResponderEliminar

anotaciones